Nova sesión de Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG

17/3/2023

O xoves 13 de abril ás 20:00 horas terá lugar unha nova sesión de "Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG" , na que podes inscribirte de xeito gratuíto.

Trátase da presentación do traballo "Repensando o TDAH", na que se fará unha exposición do traballo "Repensando o TDAH", premio FEAP 2022. Este traballo procura unha achega a este trastorno ou síndrome desde unha perspectiva non biomédica, cunha aproximación psicosocial, psicoanalítica, filosófica e literaria a partir da estrutura da traxedia grega.

Será presentado por Andrés Sampayo Salgueiro (G-3314), psicólogo habilitado para o exercicio de actividades sanitarias, psicoterapeuta acreditado pola FEAP e presidente da Asociación de psicoanálise aplicado Gradiva. Premio FEAP 2022.

Para inscribirte é necesario enviar o boletín de inscrición debidamente cumprimentado a través do correo electrónico do COPG copgalicia@copgalicia.gal ou a través da Sede Electrónica do Colexio.

Esta sesión forma parte da iniciativa: "Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG", que organiza a Vogalía de Formación do COPG. 

Este é un ciclo aberto no que podes participar, para compartir mensualmente un webinar sobre unha publicación, un libro, unha investigación, un caso clínico, un programa de intervención psicolóxica.

Programa