AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

O 7 de xuño celebramos "ACHEGAS DA PSICOLOXÍA"

29/3/2019

No Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia creamos en 2009 o acto "Achegas da Psicoloxía", un encontro anual para todas as persoas colexiadas no que realizamos a entrega do noso galardón máis importante: o Premio Dolores Llópiz «Psicoloxía e Sociedade». 

Este recoñecemento creouse para distinguir a persoa, a institución ou a asociación pola súa contribución ao desenvolvemento da psicoloxía en calquera dos seus eidos. 

O vindeiro 7 de xuño  celebraremos o acto "Achegas da Psicoloxía" en Santiago de Compostela. Faremos entrega do premio "Dolores Llópiz, Psicoloxía e Sociedade", que este ano 2019 recae en Ángel Carracedo Álvarez, polo seu papel como investigador e divulgador no ámbito da neuropsicoloxía, o que o sitúa como un referente internacional, pola súa aproximación humanizada á ciencia e a súa significativa vocación de servizo á comunidade. 

E efectuarase un recoñecemento aos compañeiros e compañeiras que levan 25 anos de vida colexial. 

Neste acto tamén se entregará a distinción de Colexiado de Honra do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia a Miguel Pérez Pereira, G-0005, co que se pretende enxalzar a dedicación e significar as achegas ao desenvolvemento do nosa profesión. 

Tras a entrega de actos compartiremos un cóctel. Agardamos contar coa túa presenza.