AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Novas

Proclamación definitiva da nova Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG

1/12/2017

En cumprimento do disposto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía e Saúde, comunícase aos membros da Sección os resultados do proceso electoral:

Con data 1 de decembro de 2017, a Comisión Electoral procedeu á proclamación definitiva da nova Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia coa composición que de seguido se detalla:         

Curso "Introdución á avaliación e intervención neuropsicolóxica en persoas adultas con trastorno do desenvolvemento intelectual"

30/11/2017

Suspéndese o curso por motivos de saúde de Susanna Esteba, docente do mesmo. Estase a valorar aprazalo para os días 19 e 20 de xaneiro de 2018 cos mesmos horarios.

A Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG organiza para os días 1 e 2 de decembro de 2017 o curso “Introdución á avaliación e intervención neuropsicolóxica en persoas adultas con trastorno do desenvolvemento intelectual”.

O COPG reclama o perfil da psicoloxía educativa nos centros públicos de ensino

29/11/2017

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia mantivo unha reunión hoxe con representantes de partidos políticos autonómicos, así como dos principais sindicatos galegos, coa intención de trasladarlles a importancia de que o Pacto de Estado pola Educación que se está a elaborar recolla a figura do psicólogo ou psicóloga educativa en todos os centros de ensino, como un aspecto esencial para abordar múltiples problemáticas como o fracaso escolar ou o bullying.

Convocatoria Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas do COPG

29/11/2017

Convócase á xuntanza ordinaria da Asemblea Xeral de colexiados e colexiadas do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), que se celebrará de acordo ao seguinte:

Día:

Martes, 12 de decembro de 2017 

Hora:

18:00 h. en primeira convocatoria
18:30 h. en segunda convocatoria 

Lugar:

Sede do COPG en Santiago de Compostela (Rúa Espiñeira, 10-Baixo)

ORDE DO DÍA 

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria de Colexiados e Colexiadas do COPG

28/11/2017

Convócase á xuntanza extraordinaria da ASEMBLEA XERAL DE COLEXIADOS E COLEXIADAS DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA (COPG) que se celebrará de acordo ao seguinte: 

Día:

Martes, 12 de decembro de 2017                        

Hora:

20:00 h. en primeira convocatoria
20:30 h. en segunda convocatoria 

Lugar:

Sede do COPG en Santiago de Compostela (Rúa Espiñeira, 10-Baixo) 

ORDE DO DÍA

Declaración Institucional do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

24/11/2017

Neste 25 de novembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia manifesta o seu total rexeitamento a calquera forma de violencia física, psicolóxica ou sexual, exercida contra a muller, ao mesmo tempo que desexa trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias e persoas próximas ás vítimas desta terrible lacra que custou a vida a 44 mulleres este ano, ademais de tres casos máis en investigación.

Informacións de interese para colexiados e colexiadas que exercen por conta propia

17/11/2017

O día 26 de outubro entrou en vigor, parcialmente, a Ley 6/2017 de Reformas Urgentes del Trabajo Autónomo (BOE nº 257 de 25/10/2017). A finalidade da mesma, segundo a súa propia redacción, é “seguir  avanzando no desenvolvemento de novas medidas de apoio a todo o que significa a actividade emprendedora”. 

Por isto, e tendo en conta que moitos e moitas de vós  exercedes a vosa   actividade profesional, ou tedes previsto facelo, como traballadores autónomos, de seguido  salientámosche as medidas máis relevantes que incorpora a nova Lei: 

Fallo do X Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia "Rosa de Cen Follas"

13/11/2017

O pasado 9 de novembro celebrouse a xuntanza do xurado do X Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”, composto pola Decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, a Coordinadora da Comisión de Cultura do COPG, Mª Concepción Rodríguez Pérez, a poeta Iolanda Aldrei e o xornalista Joel Gómez, para deliberar o fallo desta edición.

Nesta edición as  persoas premiadas son:

Categoría de narrativa:

Gañador:

O COPG reivindica que o alumnado con TDAH poida acceder as becas de apoio educativo do MEC

8/11/2017

Con referencia á actual convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, desde o COPG estamos a ter coñecemento de que desde distintas delegacións territoriais estanse a denegar numerosas solicitudes de reeducación pedagóxica e da linguaxe asinadas por psicólogos/as.

Curso "Terrorismo e crise: Análise desde unha perspectiva psicolóxica e xurídica"

8/11/2017

Nas últimas décadas o terrorismo global converteuse nun de los principais temores da sociedade internacional, a través da ameaza yihadista. Este fenómeno é un dos máis difíciles de conter, debido á súa rápida proliferación ao longo do planeta, sen atender a fronteiras de calquera natureza.

A Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG o curso “Terrorismo e crise: Análise desde unha perspectiva psicolóxica e xurídica” co obxectivo de dotar ao alumnado de coñecementos, ferramentas e aptitudes cos que entender mellor as circunstancias que engloban a temática obxecto de estudo.

Páxinas

Subscribe to Novas