III Premios de Comunicación Xoán Vicente Viqueira
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración coa aseguradora Brokers'88, convoca a III edición dos Premios de Comunicación Xoán Vicente Viqueira, co que pretende recoñecer o labor divulgativo da Psicoloxía.
Están contempladas dúas categorías, dotadas con 2.000 euros cada unha delas.
A primeira é o Premio Xornalístico do COPG, ao que poderán concorrer os e as xornalistas que publicasen ou emitisen algún traballo en relación coa Psicoloxía.