O COPG reúnese co Conselleiro de Sanidade

12/9/2024

O 11 de setembro, a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), Mª Rosa Álvarez Prada, xunto co presidente da Sección de Psicoloxía e Saúde, Xacobe Abel Fernández García, e o vogal da Xunta de Goberno, José Berdullas Barreiro, mantiveron unha xuntanza co Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para abordar a atención e a falta de recursos asistenciais en saúde mental no Sergas, así como para trasladarlle a inquietude pola aposta decidida da psicoloxía clínica na atención primaria, o reforzo das Unidades de Saúde Mental, ou a urxencia de incrementar o número de prazas PIR.