Plataforma de telepsicoloxía “PsyPocket", gratuíta para os colexiados e colexiadas do COPG

7/7/2020

Informámosche de que está dispoñible para todas as persoas colexiadas do COPG, de xeito gratuíto, a Plataforma Informática "PsyPocket", para realizar intervencións profesionais de telepsicoloxía con total seguridade.

Se é do teu interese darte de alta neste recurso, terás que darte de alta na web do Consejo General de la Psicología, habilitada a tal efecto. Deberás cumprimentar un formulario cos teus datos persoais, e-mail, número de colexiación e colexio profesional adscrito/a. Para realizar a solicitude deberás facela desde unha dirección profesional de correo que che identifique como colexiado/a (cop.es ou copc.cat). Se non tes unha conta de correo co dominio cop.es, podes solicitárnola ao COPG e crearémoscha desde aquí.

Para rexistrarte na plataforma deberás facelo a través do seguinte enlace: https://www.cop.es/telepsicologia/

Unha vez rexistrado/a, recibirás un e-mail de PsyPocket, con toda a información detallada acerca do funcionamento do servizo.