Preguntas frecuentes ante a situación de emerxencia COVID-19

23/3/2020

Ante as numerosas consultas recibidas nas que nos trasladades as vosas dúbidas en relación á situación de emerxencia actual, intentaremos responder seguidamente ás máis frecuentes.

  • Se non se decreta o peche obrigatorio dos servizos e consultas de psicoloxía, non poderei acceder ás axudas do Goberno?

    Non é así. O Goberno contempla axudas económicas para empresas que pechen ou que reducisen a súa facturación nun 75%. As e os profesionais autónomos teñen dereito á prestación extraordinaria por cese da actividade independente de condición e, polo tanto, estarán exentos de pagar cotizacións. En concreto, precibirán unha prestación equivalente ao 70% da base reguladora, uns 661 euros.  Os trámites xa se poden comezar a realizar e a prestación que corresponda cobrarase a mes vencido e será dun mes prorrogable. 

    Tes máis info aquí: 
    https://www.lamoncloa.gob.es/serviciosdeprensa/notasprensa/inclusion/Paginas/2020/190320-covid-autonomos.aspx 

    E se queres saber máis información sobre as medidas adoptadas: polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, aquí tes unha guía útil:
    http://prensa.empleo.gob.es/WebPrensa/salamultimedia/documento_enlaces/guias_ayuda.pdf

    Aquí podes acceder a un informe do Real Decreto-Lei 8/2020 no que se analizan as principais medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19.

  • Pois eu lin en Facebook... 

    Alto! fíate só das fontes oficiais porque están circulando unha morea de bulos. 

    Aquí tes un informe con varios bulos desmentidos polo Goberno de España.
  • Como podo acreditar o desprazamento á miña consulta se traballo por conta propia?

    Deberás levar contigo a seguinte documentación:
    - Declaración xurada/responsable asinada por ti similar ao seguinte modelo: https://copgalicia.gal/system/files/PDFs/xerais/2_certificado_desprazamento_autonomos.pdf 
    - O pago máis recente de autónomos.
    - Copia do modelo 036/037 (alta censal na Axencia Tributaria).

  • Como poden acreditar as persoas usuarias da miña consulta o seu desprazamento?

    Podes facerlles chegar un escrito similar ao seguinte: http://www.cop.es/pdf/Modelo_paciente_consulta.pdf

  • Como podo acreditar o meu desprazamento en consultas a domicilio?

    Podes pedirlle ao teu cliente que che envíe un escrito similar ao seguinte: http://www.cop.es/pdf/Modelo_domicilio_paciente.pdf

  • Cal é a situación dos CRC?

    Os centros ou consultas destinadas á psicoloxía sanitaria ou clínica, poderán permanecer abertos e continuar prestando servizos. De cara a esta información xeral prodúcese unha salvedade que afecta de maneira especialmente directa aos Centros de Recoñecemento de Condutores (CRC), que non entrarían nesta definición, polo que deberán permanecer pechados. Cabe sinalar que o incumprimento desta norma pode supoñer sancións de enorme contía

    No BOE do 21 de marzo de 2020 publícase a Orde INT/262/2020 do Ministerio del Interior pola que se prorrogan os permisos e licencias de condución cuxo período de vixencia venza durante o estado de alarma, ata 60 días despois da súa finalización.

  • Están permitidas as saídas “terapéuticas” de persoas con discapacidade?

    Tal e como se recolle no BOE do 20/03/2020, habilítase as persoas con discapacidade que teñan alteracións condutuais, como por exemplo persoas con diagnóstico de espectro autista e condutas disruptivas, o cal se vexa agravado pola situación de confinamento derivada da declaración do estado de alarma, e un acompañante, a circular polas vías de uso público respectando as medidas necesarias para evitar o contaxio.
  • Quero ofrecerme no COPG a prestar apoio psicolóxico, como podo facer?

    Se desexas facelo tes á túa disposición un formulario na páxina web do Colexio: Acceder ao formulario