AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Proclamación definitiva candidatura Eleccións á Xunta de Goberno do COPG

10/4/2018

A Comisión Electoral do COPG, na súa reunión do 10 de abril de 2018, cumpridos os prazos estipulados para a presentación de reclamacións á proclamación provisional de candidaturas, efectuada pola Comisión o 26 de marzo de 2018, non téndose presentado ningunha,

ACORDA 

1.- Proclamar definitivamente como válida a candidatura presentada para concorrer ás eleccións á Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, e que se relaciona de seguido, dado que reúne todos os requisitos esixidos nos Estatutos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia: 

G-1173 Mª ROSA ÁLVAREZ PRADA                                       Decana
G-0313 HIPÓLITO PUENTE CARRACEDO                             Vicedecano
G-2573 ANA ISABEL MARTÍNEZ ARRANZ                            Secretaria
G-1540 ALEJANDRA ISABEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ    Vicesecretaria
G-0066 MIGUEL ÁNGEL CHOUZA PONTE                             Tesoureiro
G-2443 Mª DEL CARMEN GONZÁLEZ PAIS                           Vogal
G-2712 FÁTIMA LÓPEZ RODRÍGUEZ                                     Vogal
G-1281 EVANGELINA MUÍÑO GÓMEZ                                    Vogal
G-1285 JOSÉ MANUEL OREIRO BLANCO                             Vogal
G-3973 MARINA ORTEGA OTERO                                          Vogal
G-3776 SOCORRO RODRÍGUEZ HOLGUÍN                            Vogal
G-3064 Mª CONCEPCIÓN RODRÍGUEZ PÉREZ                     Vogal
G-1625 VÍCTOR MANUEL TORRADO OUBIÑA                      Vogal

2.- Modificar o calendario electoral, dado que non existe máis ca unha candidatura á Xunta de Goberno e de acordo co Artigo 37 dos Estatutos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, e que quedará da seguinte forma: 

MARTES, 22 MAIO 2018                           Proclamación definitiva de resultados pola Comisión
                                                                   Electoral.

                                                                   Comunicación á Vicepresidencia e Consellería de
                                                                   Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

 

 

En Santiago de Compostela, a 10 de abril de 2018. 

Ana Suárez Martínez
Presidenta da Comisión Electoral  

Convocatoria de eleccións á Xunta de Goberno do COPG

Informacións útiles

Proclamación provisional candidatura eleccións á Xunta de Goberno do COPG