Programa formativo para novos colexiados e colexiadas

27/5/2021

Desde a Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia deseñamos un programa específico de acompañamento para os novos colexiados e colexiadas, orientado ás necesidades que poden ter os psicólogos e psicólogas que inician a súa actividade profesional, o Programa Limiar. Neste programa inclúense encontros de acollida, así como actividades formativas específicas. 

As actividades desenvolveranse a través da plataforma ZOOM, son gratuítas e están abertas a todos os colexiados e colexiadas, se ben terán prioridade as persoas colexiadas entre 2020 e 2021. 

Avanzamos o programa dos próximos webinars, nos que xa podes inscribirte.

  • 17/06/2021 Webinar sobre aspectos éticos e legais da práctica psicolóxica.
  • 01/07/2021 Webinar sobre cuestións fiscais e laborais das consultas de psicoloxía.

Descarga o PROGRAMA e o BOLETÍN DE INSCRICIÓN.