Programa Mindfulness e Autocompaixón (MSC) do Espazo de Autocoidado

22/12/2021

O Espazo de Autocoidado do COPG presenta o Programa Mindfulness e Autocompaixón (MSC) de 8 semanas.  

Este programa está deseñado para cultivar a autocompaixón na vida cotiá, a amabilidade e o aprecio cara a nós mesm@s e o benestar a través do adestramento na autocompaixón. Reunirémonos en grupo cada semana durante 2:45 horas para encontros informais, discusións grupais, meditación e exercicios de reflexión.

O adestramento integra prácticas de meditación, exercicios experienciais, exposicións teóricas breves, discusión en grupo grande e en grupos pequenos e prácticas para a casa.

O programa estrutúrase do seguinte modo:

-       8 clases online en directo, encontros semanais os xoves desde o 27 de xaneiro ata o 24 de marzo, entre as 16:30 e as 19:15h, excepto a primeira e última ata as 19:30h.

-       Sesión de retiro o 3 de marzo de 16:30 a 20:30 horas.

-       Meditación: práctica diaria de 30 minutos, que varía cada semana (oito meditacións distintas).

-       Exercicios relacionais de acordo co tema de cada clase.

 

Este programa vai dirixido a profesionais da Psicoloxía, e ten un límite de 24 prazas.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 17 de xaneiro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

PROGRAMA

BOLETÍN