Publicacións do COPG útiles para a emerxencia sanitaria

2/5/2020
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia publicou varios materiais de interese con motivo da alerta sanitaria: 
 
Axenda para adolescentes confinad@s ten por obxectivo proporcionar pautas para esta etapa evolutiva. Desde a Sección de Psicoloxía Educativa, responsable desta publicación en formato infografía, explican que afrontar o confinamento partindo dunha actitude positiva e fomentar as fortalezas dos mozos e mozas serán necesarios neste momento de espera. 
Versión galego: Descárgao aquí en pdf
Versión galego: Descárgao aquí en jpg
Versión castelán: Descárgao aquí en jpg

- O Grupo de Psicoloxía do Envellecemento, da Sección de Intervención Social, elaborou dous  documentos:

- Información e recursos útiles para persoas maiores e coidadoras/es sometidas a confinamento por mor da pandemia por COVID-19, con información básica de contacto para chamar en caso de necesitar axuda, consellos sobre como comunicar e consumir información sobre a pandemia, acceso a algunhas actividades de ocio, de estimulación da memoria e doutras funcións cognitivas gratuítas, e algunha rutina de exercicio físico adaptado.

Versión en galego. Descárgao aquí 
Versión en castelán (accede aquí)

Información e recursos útiles para persoas maiores e coidadores/as sometidas a confinamento por mor da pandemia do COVID-19 con dificultades para acceder ou empregar tecnoloxía (accede aquí)

Recomendacións do COPG para a comunidade educativa con motivo da emerxencia sanitaria do COVID19, a través da Sección de Psicoloxía Educativa (accede aqui)

10 consellos psicolóxicos para coidarnos na emerxencia sanitaria polo coronavirus, en colaboración co Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña (accede aquí)

- 10 Consellos psicolóxicos para o confinamento por COVID-19, en colaboración co Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense:
Versión RRSS (accede aquí)
Versión para imprimir (accede aquí)

Retrincos de cores, un caderno emocional para abordar esta emerxencia con nenos e nenas en Educación Infantil e Primaria, a través do debuxo (accede aquí)

Caderno de ruta para transportistas en tempos de alarma polo COVID19 (accede aquí)

Pautas psicolóxicas de afrontamento para a Asociación APETAMCOR ante a alarma por Coronavirus (accede aquí)

Pautas psicolóxicas de afrontamento para profesionais da enfermería (accede aquí)

Pautas psicolóxicas de afrontamento para profesionais das farmacias (accede aquí)

Pautas de afrontamento para reducir o impacto psicolóxico no confinamento por coronavirus, documento elaborado para o SERGAS, con recomendacións xerais e para colectivos concretos (diversidade funcional, nenos e nenas, persoas maiores e coidadoras) (accede aquí)

- Desde a Comisión do Grupo de Tráfico e da Seguridade do COPG elaboraron uns materiais  con motivo do COVID-19, intentando aportar un grao de area desde o Tráfico e a Seguridade. Achegamos dous tipos de documentos:

  • Mobilidade solidaria: quilómetro ceroUn tríptico global, cunhas pinceladas para varios colectivos coa idea de dar unha visión global da área.
    Versión en galego:accede aquí
    Versión en castelán: accede aquí
  • Seis presentacións, dirixidas a cada colectivo dos apuntados no global, que simplifican a mensaxe dunha maneira máis fresca visualmente e cun formato máis adaptable para difundir nos diferentes medios e presentacións:
    Cans potencialmente perigosos (accede aquí)
    Condutores/as agrícolas (accede aquí)
    Condutores/as particulares e noveis (accede aqui)
    Condutores/as profesionais (accede aquí)
    Peóns e familias (accede aquí)
    Profesionais da seguridade (accede aquí)

Guías de prácticas de Mindfulness para momentos de estrés, elaboradas polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Trátanse de dúas guías de prácticas de Mindfulness, unha para persoas agultas e outra para nenos, nenas e adolescentes. (accede aquí).

Comunicado do Grupo de Psicoloxía Perinatal da Sección de Psicoloxía e Saúde sobre a situación de emerxencia por COVID-19 (accede aquí)

Pautas psicolóxicas para persoal sociosanitario de residencias de maiores e centros de discapacidade, elaborado polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG a petición da Federación Galega de Usuari@s e familias, residencia e dependencia (REDE) (accede aquí)

- Pautas psicolóxicas para familiares de persoas maiores en residencias na emerxencia por COVID-19, elaborado polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG a petición da Federación Galega de Usuari@s e familias, residencia e dependencia (REDE) (accede aquí)

- Preparándonos para saír á rúa, recomendacións do COPG para que as saídas á rúa cos nenos, nenas e adolescentes sexan experiencias moi positivas e seguras (accede aquí)

Consellos para levar a crise do COVID-19, en colaboración coa FEGAMP (accede aquí)

- Decálogo para reunións eficaces, elaborado pola Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG:
Versión en galego (accede aquí)
versión en castelán (accede aquí)

- Decálogo da desescalada
. Elaborado en colaboración coa FEGAMP (accede aquí)

- Gardiáns e gardiás do arco da vella.  Programa comunitario interesante para a súa aplicación desde os concellos, enfocado a mellorar o coidado da saúde mental e o benestar dos seus veciños e veciñas. Inclúe o proxecto (que consta dun documento técnico, un conto para nenos e nenas e unha serie de carteis).
Tríptico explicativo (accede aquí)
Proxecto (accede aquí)