Reunión co Conselleiro de Sanidade

5/6/2019

Este martes 4 de xuño, a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía, Mª Rosa Álvarez Prada, e o vogal da Xunta de Goberno, Víctor Torrado Oubiña, acudiron a unha xuntanza co conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuíña, na que tamén participaron varios altos cargos da Consellería.

Nesta xuntanza, trasladáronselle a Administración as necesidades máis urxentes na atención á saúde mental no Sergas, especialmente coa inclusión de psicoloxía clínica na Atención Primaria, así como un reforzo no nivel especializado. Tamén se explicou a necesidade de contar con servizos propios de Psicoloxía Clínica, así como a necesidade de atender de forma específica e prioritaria ás vítimas afectadas por unha catástrofe ou emerxencia.

Comentáronse oportunidades de cooperación, como unha próxima formación en materia de xénero para os psicólogos e psicólogas do ámbito da saúde.