AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Rexistro Estatal de Profesionais Sanitarios

17/7/2018

O Rexistro permanecerá aberto, co cal continuaremos proporcionando datos permanentemente, así que calquera modificación que afecte ao teu expediente como profesional sanitario/a (titulacións, inhabilitacións, baixas etc.) deberá ser comunicada para que poidamos informar puntualmente. Todas as persoas que xa os proporcionáchedes non teríades que facer nada máis.

O día 23 de decembro de 2018, está prevista a posta en funcionamento do Rexistro Estatal de Profesionais Sanitarios. Para iso, e con carácter previo, o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social requiriu a todos os Colexios Profesionais do ámbito sanitario a remisión dos datos correspondentes aos seus colexiados e colexiadas que teñan recoñecida a condición de profesionais sanitarios.

Por todo isto, solicitamos a todos os colexiados e colexiadas que posúan a titulación profesional para o exercicio de actividades sanitarias, e non remitisen aínda ao COPG esta documentación (Título de Especialista en Psicoloxía Clínica, Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria, habilitación para o exercicio de actividades sanitarias), enviedes un correo electrónico ao enderezo copgalicia@copgalicia.gal, antes do 26 de xullo de 2018, solicitando a súa inclusión no Rexistro.

  • No "Asunto" do correo electrónico deberase indicar: REXISTRO ESTATAL DE PROFESIONAIS SANITARIOS/AS.
  • No corpo do correo electrónico deberase especificar a titulación profesional para o exercicio de actividades sanitarias:
    • Psicólogo/a Especialista en Psicoloxía Clínica.
    • Psicólogo/a Xeral Sanitario/a (Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria).
    • Psicólogo/a habilitado/a para o exercicio de actividades sanitarias (segundo a disposición adicional sexta da Lei 5/2011, de 29 de marzo, de Economía Social).
  • No arquivo axunto, deberase incluír a documentación acreditativa, que demostre a titulación profesional para o exercicio de actividades sanitarias:
    • Psicólogo/a Especialista en Psicoloxía Clínica: Título expedido polo Ministerio de Educación.
    • Psicólogo/a Xeral Sanitario/a (Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria): Título expedido polo Ministerio de Educación.
    • Psicólogo/a habilitado/a para o exercicio de actividades sanitarias (segundo a disposición adicional sexta da Lei 5/2011, de 29 de marzo, de Economía Social): Certificado emitido pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia ou entidade homóloga doutra Comunidade Autónoma.

En virtude do Artigo 28.7 da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas os interesados e interesadas responsabilízanse da veracidade dos documentos que presenten.

Independentemente dos datos que proporciona o Colexio, se es titular dun centro sanitario ou autónomo/a, debes comunicar directamente ao REPS que profesionais sanitarios están a exercer no teu centro a través da web entrando como entidades (https://www.mscbs.gob.es/profesionales/registroEstatal/EntidadesREPS.htm). 

Toda a información sobre este Rexistro atópase na seguinte páxina web: https://www.mscbs.gob.es/profesionales/registroEstatal/home.htm