Sentarmos xunt@s

29/4/2021

Desde o Espazo de Autocoidado do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ponse en marcha unha nova acción, "Sentarmos Xunt@s", un espazo semanal de encontro para practicar mindfulness. 

Todos os martes de maio e xuño ás 20:00 horas realizarase unha práctica guiada de mindfulness, aberta ao público en xeral. En cada sesión, un/unha psicólogo/a guiará unha práctica de 20 minutos e despois abrirase un tempo ata as 20:45h para compartir como foi, dificultades e dúbidas sobre a práctica en xeral.

Este Espazo está coordinado polas psicólogas Ana Isabel Martínez Arranz e Sandra Izaguirre García.

Podes inscribirte de xeito gratuíto cubrindo o formulario no enlace i.gal/mindfulnessCOPG

Descarga o programa