Sinatura do Convenio entre Confederación de Empresarios da Coruña e o COPG

15/10/2019

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) e a Confederación de Empresarios da Coruña (CEC)  asinaron o día 9 de outubro un acordo de colaboración para a promoción do emprendemento, do asesoramento técnico ao tecido empresarial e para a formación nos ámbitos de actuación de ambas entidades. A través deste convenio o COPG deseñará programas de formación relacionados coa xestión empresarial, os riscos laborais e a xestión de recursos humanos.