Tempo da Psicoloxía 2020

30/1/2020

 

Como cada febreiro, chega unha nova edición de Tempo da Psicoloxía, que organizamos conxuntamente o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e Facultade de Psicoloxía da USC.

Este ano será entre o luns 17 e o xoves 20 de febreiro. 

Teremos 3 sedes: 

  • Luns 17 febreiro ás 19:00 horas no Teatro Principal (Rúa Nova, 21)
  • Martes e mércores 18 e 19 febreiro ás 19:30 horas Na sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
  • Xoves 20 febreiro en horario de mañá na Facultade de Psicoloxía da USC (exclusiva para a comunidade académica). 

Nesta edición centrarémonos na tecnoloxía e o impacto nas nosas vidas, baixo o título "Unha ollada sobre a sociedade dixital". 

Avanzamos o programa:

17/02/2020 Do smartphone ao Fortnite: adiccións e tecnoloxías

-       José Manuel Recouso Ramos, Psicólogo clínico en Agalure.

-       Olegaria Mosqueda Bueno, orientadora do IES Santa Irene (Vigo).

-       Rosa Cerqueiro Landín, voceira do Movemento Galego da Saúde Mental

-       Antonio Rial Boubeta, profesor da Fac. de Psicoloxía da Universidade De Santiago De Compostela

Modera a xornalista Belén Regueira. 

 

18/02/2020 Tecnoloxías que rachan coas fendas sociais

-       Mª José Fares Varela, psicóloga experta en envellecemento

-       Patricia Gómez Salgado, psicóloga en Feafes Ourense

-       Rosa Arcos Caamaño, presidenta de Fademur Galicia

-       Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia

Modera a xornalista Tamara Montero. 

 

19/02/2020 Novas Tecnoloxías ¿Novas Relacións Sociais?

-       Marcus Fernández, webmaster de Código Cero

-       Julio González Morandeira, tecnólogo e responsable de Innovación do Concello de Lugo.

-       Noa Díaz Varela, concelleira de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas

-       Lara Deza Rodríguez. Alumna da Facultade de Psicoloxía da USC

Modera a xornalista Alba Mancebo. 

 

20/02/2020 O uso das TIC na intervención psicolóxica

Conferencia no marco do Día da Psicoloxía Académica

-       Cristina Botella, catedrática de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos da Universitat Jaume I.