O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia xunto coa Facultade de Psicoloxía da USC estamos a organizar a terceira edición de Tempo da Psicoloxía. Ao longo dos días 22,23 e 24 de febreiro, de 19:30 a 21:00 horas, desenvolverá en formato online distintas actividades dirixidas ao público xeral, que terán como tema central nesta ocasión “Unha ollada sobre a pandemia”.
PROGRAMA COMPLETO
Luns 22 de febreiro, ás 19:30h
1. Máis alá da resiliencia, o avellentamento asediado pola COVID.
• David Facal Mayo, coordinador do Máster en Psicoxerontoloxía e psicólogo na Unidade de Psicoxerontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
• Encarna Otero Cepeda, historiadora, profesora e escritora.
• Carlos Dosil Díaz, vogal da Xunta Directiva da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.
Martes, 23 de febreiro, ás 19:30h
2. Das ondas ao mar de fondo: A pegada psicolóxica do coronavirus.
• Yolanda Castro Casanova, presidenta da Asociación Psicólogos Clínicos do Sergas.
• Susana Aldecoa Landesa, presidenta da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria.
• Julio Torrado Quintela, doutor en Psicoloxía Social e deputado no Parlamento de Galicia.
Mércores, 24 de febreiro, ás 19:30h
3. A "xeración covid”: medrar en tempos de pandemia.
• Valentín Escudero Carranza, profesor de Psicoloxía na Universidade da Coruña
• Ricardo Fandiño Pascual, psicólogo clínico e presidente de ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia).
• Tamara Fernández Cores, alumna do Máster en Psicoloxía, especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria, da Universidade de Santiago de Compostela.
Todas as actividades son gratuítas e de acceso libre, e dirixidas ao público xeral. Enviamos anexo o programa desta edición, que leva por título "Unha ollada sobre a pandemia”.
Se desexas asistir á actividade podes unirte empregando o seguinte enlace:
https://zoom.us/j/94766116735?pwd=VHpBU2pMQ3FERjhmSUVxL2lzVmRJQT09
ID de seminario web: 947 6611 6735
Non é precisa á inscrición, se ben a capacidade está limitada a 500 persoas.