Vídeos de Tempo da Psicoloxía 2021

27/4/2021

Na canle de Youtube de Tempo da Psicoloxía están dispoñibles os vídeos das tres palestras da edición de 2021 de "Tempo da Psicoloxía", que levaba por título "Unha ollada sobre a pandemia". 

As mesas foron:

  • Máis alá da resiliencia, a vellez asediada pola COVID [enlace]
  • Das ondas ao mar de fondo: a pegada psicolóxica do coronavirus [enlace]
  • A 'Xeración COVID': medrar en tempos de pandemia [enlace]

Estes vídeos únense aos das anteriores dúas edicións, que tamén están dispoñibles na canle de Tempo da Psicoloxía. Tempo da Psicoloxía é unha iniciativa organizada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, con carácter anual, que busca reflexionar sobre unha temática de actualidade desde a óptica da psicoloxía en diálogo con outros axentes sociais.