Volve en outubro "Falamos, Ciclo de Experiencias Compartidas"

20/9/2021

En outubro temos programada unha nova sesión de "Falamos, ciclo experiencias compartidas do COPG", o vindeiro xoves 7 ás 20:00 horas, na que podes inscribirte de xeito gratuíto.

Trátase da presentación do libro “Libre: Manual para la comprensión y el tratamiento psicológico integral de los efectos de la violencia de género en las mujeres”, por parte da colexiada Dolores Mosquera Barral (G-2552). 

"Libre" fala de algo que realmente importa: a violencia de xénero. A autora presentará este manual que achega entendemento, un dos antídotos fundamentais para liberarnos da violencia de xénero. É unha guía que facilita un esquema moi específico para organizar a información clínica, conceptualizar o caso e propoñer, finalmente, un plan de tratamento personalizado para cada muller.

Podes inscribirte directamente en https://zoom.us/webinar/register/WN_ijp3GdvdTb6oLF2XDE4kfQ 

Esta sesión forma parte da iniciativa: "Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG", que organiza a Vogalía de Formación do COPG. 

Máis información no programa.