A Fundación Española para a Promoción e o Desenvolvemento Científico e Profesional da Psicoloxía (PSICOFUNDACIÓN) convoca a XII Edición Premio Psicofundación, novas inciciativas de emprendemento en Psicoloxía 2022, co patrocinio de varias universidades do territorio español, en colaboración co Consejo General de la Psicología de España, a Federación Iberoamericana de Agrupaciones y Colegios de Psicología (FIAP).
O obxectivo do premio é fomentar a iniciativa, a creatividade a innovación dos/as mozos/as psicólogo/as españoles e os paises latinoamericanos.
A convocatoria está aberta a licenciados/as e graduados/as en Psicoloxía, a título individual ou en equipo formado por un máximo de catro persoas, das que ao menos dúas deberán ser titulados/as en Psicoloxia. A idade máxima dos participantes será de 35 anos.
O premio ten dúas categorías: Iniciativa investigadora e iniciativa emprendedora empresarial.
O premio terá unha dotación económica de 3.000 € para cada catergoría.
O prazo de presentación de candidaturas finaliza o 15 de agosto de 2022.
Podes consultar as bases da convocatoria no seguinte enlace [pincha aquí]
Máis información [accede ao enlace]