AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Xornada "Información e sufrimento humano"

13/9/2017

O Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Profesional de Xornalistas dee Galicia organizan conxuntamente a Xornada “Información e sufrimento humano”, que se celebrará o vindeiro día 3 de outubro de 2017, no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago (Avda. de Castelao, s/n. - Campus norte. 15782 Santiago de Compostela).

Ao abeiro da xornada desenvolverase unha mesa redonda na que participarán o psicólogo José Luis Rodríguez-Arias e a xornalista Rosa Mª Calaf Solé.

Os Colexios Profesionais de Psicoloxía e Xornalismo de Galicia entendemos como básico o compromiso ético das nosas intervencións profesionais, especialmente cando tratamos con feitos ou procesos que colocan os seus e as súas protagonistas en situación de vulnerabilidade.

A colaboración entre os Colexios Profesionais de Psicoloxía e Xornalismo quere constituír unha chamada de atención sobre as eivas que detectamos con frecuencia na elaboración de noticias, especialmente nas informacións relacionadas co sufrimento humano. Son carencias que, moitas veces, non respectan o dereito á intimidade e á propia imaxe das vítimas e que, moitas outras, acaban por incrementar a súa dor.

Programa [ver pdf]