AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

XI Edición da Beca Siota de Investigación en Psicoloxía

14/1/2019

Convócase a XI Edición da Beca Siota de Investigación en Psicoloxía, para o cal fanse públicas as bases e os anexos aprobados en Xunta de Goberno do 21 de decembro de 2018.

O prazo de presentación das solicitudes e documentación requiridas rematará o 22 de marzo de 2019 e deberán ser presentadas no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (Rúa Espiñeira, 10 - baixo 15706 Santiago de Compostela), ben directamente no rexistro ou ben enviadas por correo certificado; ou por correo electrónico (copgalicia@copgalicia.gal), coa indicación de “Beca Siota de Investigación en Psicoloxía".

Bases
Anexos