AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Oferta de emprego

Mensaxe de erro

Warning: A non-numeric value encountered en _webform_render_number() (liña 298 de /homepages/4/d332825334/htdocs/copgalicia/copg/sites/all/modules/webform/components/number.inc).

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia difunde entre os colexiados e colexiadas as ofertas de emprego recibidas no COPG que as empresas/entidades remiten.

Trátase dunha labor de difusión na que o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia non se fai responsable dos aspectos que conleva a oferta nin a candidatura.