A Fundación Andrea recibirá este venres 16 de xuño o máis significativo galardón que concede o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, o premio Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade. O acto, que se celebrará no Pazo de San Lorenzo en Santiago de Compostela, será no marco do encontro Achegas da Psicoloxía, onde se congregan os colexiados e colexiadas desde hai xa nove anos.