Co obxecto de fomentar a realización de estudos e investigacións no ámbito da Psicoloxía, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia creou a Beca Siota de Investigación en Psicoloxía.
Foi creada pola Xunta Rectora do COPG no ano 1995, en recoñecemento ao labor e a súa dedicación na mellora da nosa profesión, do noso compañeiro Manuel Siota López (falecido en agosto de 1992).