Curso “Intervención psicolóxica en emerxencias”

A continuación podes ver a información sobre o curso “Intervención psicolóxica en emerxencias”, organizado polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que terá lugar o vindeiro sábado 29 de maio de 2021 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG (www.copgalicia.eu) e de Zoom. 

Ao día seguinte de rematar o prazo de inscrición comunicarase por correo electrónico a admisión ou non admisión. 

11/5/2021

Artigo sobre a xestión do impacto psicolóxico en situacións críticas nos centros educativos galegos

Membros do  Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acaban de publicar un artigo na Revista Galega do Ensino (EDUGA)  sobre a xestión do impacto psicolóxico en situacións críticas nos centros educativos.

Acceso ao artigo completo [accede á web]

22/12/2016