O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebra o 30º aniversario do GIPCE cunha exposición fotográfica

O que hoxe coñecemos como GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias) do COPG tivo a súa orixe nun momento de incerteza social. No ano 1996, unha serie de movementos sísmicos na zona de Triacastela sementaron o temor entre a poboación. Ante aquela necesidade, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) creou o Grupo de Traballo sobre Protección Civil, a semente dun servizo que hoxe é un piar fundamental na asistencia de crises en Galicia.

21/1/2026

Proxecto PsiCOPvid: Avaliación do programa telefónico de atención psicolóxica dos Colexios Oficiais de Psicoloxía durante o confinamento do 2020

No mes de maio de 2022 publicáronse os resultados do "Proxecto PsiCOPvid: Avaliación do programa telefónico de atención psicolóxica dos Colexios Oficiais de Psicoloxía durante o confinamento do 2020", no que participamos varios COP de España.

31/5/2022

Artigo sobre a xestión do impacto psicolóxico en situacións críticas nos centros educativos galegos

Membros do  Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acaban de publicar un artigo na Revista Galega do Ensino (EDUGA)  sobre a xestión do impacto psicolóxico en situacións críticas nos centros educativos.

Acceso ao artigo completo [accede á web]

22/12/2016