Prensa

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) esixe que se dea cumprimento aos compromisos que se recollen no Plan de Prevención de Suicidio, que aprobou a Xunta de Galicia en 2017, do que a día de hoxe non se coñece unha avaliación anual das medidas executadas e, polo tanto, dos resultados da súa implantación. O 10 de setembro, Día Mundial para a Prevención do Suicidio, cómpre sinalar que para que este grave problema de saúde pública se reduza, son necesarias políticas públicas que dispoñan dos recursos precisos, insistindo en que o suicidio pode previrse.

“NON CONTES CONTOS, CONTA O ACOSO”

Con motivo da celebración do Día Internacional contra o Acoso Escolar o 2 de maio o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desexa transmitir a través do lema “Non contes contos, conta o acoso”, a importancia de visibilizar o problema do acoso escolar nos centros educativos e de emprender medidas concretas para erradicalo.

Manifesto completo

  


 

 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza a Xornada “Psicoloxía na escola xa” este 27 de abril ás 17h no Centro Obra Social Abanca en Santiago de Compostela (Praza de Cervantes), coa que pretende reivindicar a imperiosa necesidade de que se incorpore a figura da psicóloga ou psicólogo educativo a todos os centros de ensino

 

O luns 17 de abril presentouse na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) en Santiago de Compostela o libro “Sumisión química y uso de sustancias psicoactivas en las agresiones sexuales. Prevención, detección e intervención de un problema multidisciplinar”.

Os retos actuais na xestión de talento e como as empresas poden adaptarse para atraer e conservar aos mellores profesionais é o punto de partida da xornada “O futuro da xestión do talento: Da grande renuncia á grande retención”, organizada conxuntamente polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) e a Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP)

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración coa aseguradora Brokers'88, vén de convocar a segunda edición dos seus Premios de Comunicación Xoán Vicente Viqueira, unha iniciativa coa que pretende recoñecer o labor divulgativo da Psicoloxía nos medios de comunicación social. De acordo coas bases, están contempladas dúas categorías, dotadas con 2.000 euros cada unha delas.

Hoxe, 13 de xaneiro de 2023, conmemórase o Día de Loita Contra a Depresión, principal causa de discapacidade na nosa sociedade segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), que está diagnosticada ao 5,6% da poboación galega. A pesar desta elevada prevalencia, a sanidade galega non conta cos recursos precisos para dar resposta a esta problemática de Saúde Mental, polo que desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) estímase que sería preciso triplicar as prazas de Psicoloxía Clínica existentes no SERGAS para contar cunha dotación mínima que permitise dar unha asistencia de calidade para os trastornos de saúde mental. A taxa actual está en 4 especialistas por cada 100.000 habitantes, mentres que se estima que unha taxa por debaixo de 12 psicólogos/as clínicos/as imposibilita a prestación desta asistencia sanitaria.

Nota de prensa 13-01-2023

Entre o xoves 17 e o sábado 19 de novembro, máis de cento vinte psicólogos e psicólogas participarán na XXVII Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en Pontedeume, no Espazo +60 de Afundación. Nesta ocasión céntranse na atención á saúde mental da poboación infantil e adolescente, dado que é unha das etapas evolutivas que se viu máis afectada polas limitacións que implicou a pandemia.

Os días 30 de setembro e 1 de outubro, Santiago de Compostela acolle as I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa, un importante encontro profesional deste ámbito no que participarán máis dun cento de psicólogos e psicólogas de todo o Estado. Baixo o título “Psicoloxía educativa, sempre emocionando”, este encontro que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) pretende ofrecer unha panorámica dos diferentes eidos de intervención da psicoloxía nos contextos educativos.

Nota de prensa [ver pdf]

A xornalista Ana G. Liste e a psicóloga Victoria Canosa resultaron as gañadoras en cadansúa categoría da primeira edición dos Premios de Comunicación Xoán Vicente Viqueira que convoca o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración coa aseguradora Brokers'88. Así mesmo, o xurado fixo mención da xornalista Selina Otero así como da psicóloga Manuela del Palacio. A entrega terá lugar o 20 de maio ás 18 horas no Pazo de Rianxiño, en Rianxo, no marco do acto Achegas da Psicoloxía, que organiza a corporación colexial desde 2009.

NP 05-06-2022 [ver pdf]

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ofrece mañá sábado 30 de abril dous cursos na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela nos que participarán preto dun cento de profesionais, un no ámbito da intervención psicolóxica en contextos de axuda humanitaria, e outro sobre as restricións e adaptacións nas avaliacións das persoas condutoras.

NP_29_04_2022 [ver pdf]

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) e a Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) asinaron esta mañá un acordo de colaboración, co obxectivo principal de poñer en marcha proxectos, accións ou actividades que teñan por obxecto a sensibilización, a formación, a intervención social, a investigación e a organización de accións e eventos que se consideren e acorden de forma conxunta.

Nota de prensa 09-03-2022 [accede ao enlace]

Entre os días 21 e 24 de febreiro celebrarase a cuarta edición de Tempo da Psicoloxía , a iniciativa de debate e divulgación organizada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Ao longo destes días,  ofreceranse tres palestras sobre o coidado da saúde mental no ámbito comunitario, no da xente moza e tamén  no laboral.

NP_Tempo_da_Psicoloxia_18_02_2022

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ofrece mañá sábado 27 de novembro unha sesión formativa sobre a resistencia ao cansazo e a fatiga, así como a flexibilidade cognitiva, no contexto do tráfico e da seguridade. Deste xeito, preténdese proporcionar aos psicólogos e psicólogas os coñecementos sobre estes aspectos que se deben contemplar nas avaliacións que se realizan nos centros de recoñecemento de condutores (CRC), para unha maior seguridade nas estradas.  

Será en formato presencial, na sede co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en Santiago de Compostela, entre as 9 e as 13:30 horas, se ben tamén se oferta de modo telemático pola limitación dos aforos. A docencia será impartida por José León Carrión, catedrático e profesor de Neuropsicoloxía na Universidade de Sevilla, que conta cun gran recoñecemento internacional polo seu traballo na neurorehabilitación, neuropsicoloxía e na avaliación e rehabilitación do dano cerebral.

Estudos de seguridade viaria sobre persoas maiores, con trastornos neurolóxicos ou psiquiátricos, ou mesmo en condutores baixo os efectos das drogas, revelan que o estado cognitivo é un factor clave na condución. O feito de contar con este tipo de coñecementos por parte dos psicólogos é psicólogas permite unha maior preditibilidade das habilidades de condución nas avaliacións que se realizan nos CRC.

Desde o COPG consideramos esencial actualizar as competencias dos e das profesionais que avalían a poboación condutora nos centros de recoñecemento para poder identificar de forma máis axustada e precisa, o cal redunda nunha maior seguridade viaria.

Esta mañá tivo lugar a inauguración das XXVI Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo. Esta edición está centrada na atención ao trastorno mental grave, no que o vicedecano do COPG, Hipólito Puente, reivindicou a necesidade de garantir a atención psicolóxica na sanidade pública, para protexer os dereitos das persoas usuarias, tamén aquelas afectadas con trastorno mental grave.

O xerente da EOXI de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, sinalou a mellora nos recursos que supuxo o Plan Galego de Saúde Mental que aprobou en 2020 a Xunta de Galicia, Pola súa banda, o coordinador do Grupo sobre Trastorno Mental Grave do COPG, Carlos Álvarez, recordou o traballo desenvolvido neste grupo, no que se concluíra que a calidade asistencial ao trastorno mental severo era deficiente e a atención psicolóxica non era accesible. Neste sentido, a presidenta do Comité Organizador das Xornadas, Alba Fernández, lembrou que a evidencia científica ten demostrado a eficacia dos tratamentos psicolóxico e psicosociais, fronte ao tratamento unicamente farmacolóxico.   

A continuación, a psicóloga clínica Marisol Filgueira Bouza realizou na conferencia inaugural un retrato persoal da súa experiencia tratando o trastorno mental grave, abordando cuestións polémicas do exercicio da profesión nesta área. Reivindicou un cambio de enfoque da clínica cara aos dereitos, dos enfermos ás persoas. “O acceso aos servizos de saúde mental deixa moito que desexar, especialmente para as persoas máis vulnerables”, apuntou.

Os dereitos humanos foron protagonistas nunha mesa que contou cunha tripla perspectiva: a psicolóxica, a xurídica e a das persoas afectadas. Houbo oportunidade para escoitar as persoas usuarias, a través de Paula Tomé Espiñeira, que relatou en primeira persoa a súa experiencia, e enfatizando en como inflúen na saúde mental as condicións sociais e económicas, a súa preocupación por que “o respecto aos dereitos humanos dependa da vontade certas persoas, de profesionais, familiares ou activistas, cando debería ser algo sistémico”.

A voceira do Movemento Galego da Saúde Mental, Rosa Cerqueiro Landín, sinalou que “non pode haber saúde mental sen dereitos humanos”, á vez que fixo un percorrido histórico pola traxectoria desta plataforma cívica. Destacou a capacidade de transformación social a través da mobilización, recordando accións como a campaña de badaladas para a prevención do suicidio ou contra o uso da contención mecánica, e insistindo na incidencia dos determinantes psicosociais na saúde mental. “A principal loita contra o estigma é unha sanidade digna”, concluíu.

Rematou a sesión o xurista Miguel Vieito Villar, que achegou a perspectiva dos dereitos na discapacidade, insistindo en que é fundamental escoitar e informar as persoas usuarias. Sinalou a importancia da Convención de Nova York polo seu recoñecemento dos dereitos humanos das persoas con discapacidade, xa que a sitúa máis alá dunha patoloxía concreta, senón que crea un sistema de dereitos como a autonomía, a igualdade ou a promoción da saúde, por exemplo.

Na tarde continúa cunha mesa sobre as necesidades asistenciais das persoas máis desfavorecidas, como aquelas que se atopan en prisións, sen teito ou que viven no rural, e que teñen unha maior dificultade de acceso aos servizos. Mañá sábado 20, na última sesión destas xornadas, será o momento de falar sobre os novos modelos e estratexias de intervención comunitaria.

A conferencia de clausura correrá por conta do prestixioso psicólogo clínico británico Richard P. Bentall, profesor da Universidade de Sheffield no Reino Unido, que falará sobre as necesidades, os dereitos e os recursos na atención ao trastorno mental grave. Bentall leva dedicada a súa carreira a cambiar o modo en que se ven estes trastornos, propoñendo unha abordaxe multidisciplinaria máis alá da estritamente farmacolóxica para pacientes que teñen diagnósticos como a psicose ou a esquizofrenia, patoloxías cunha prevalencia dun 1,2% da poboación galega.

As Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde son o encontro científico-profesional de maior antigüidade organizado polo COPG, desde as primeiras celebradas en 1996, que buscan promover o intercambio de experiencias e coñecementos desta área entre o colectivo profesional da psicoloxía e da saúde, así como promover a actualización científico-técnica en materias específicas. Esta iniciativa vai dirixida a psicólogas e psicólogos colexiados; estudantes de psicoloxía e outros/as profesionais interesados na temática a tratar. 

Hoxe, 19 de outubro ás 20:00 horas comeza Sentarmos Xunt@s, unha actividade semanal gratuíta que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) para a práctica de mindfulness e nas que están inscritas máis de 600 persoas.  

Estas prácticas guiadas online, coordinadas polas psicólogas Ana Isabel Martínez Arranz e Sandra Izaguirre García, teñen a intención de lembrar a importancia de coidarse de forma amable a través da práctica do mindfulness, unha técnica de meditación que consiste en adestrar a atención para ser consciente do presente. O mindfulness é un método de observación e atención consciente a toda a nosa experiencia, interna e externa, sensacións, pensamentos, emocións, patróns de conduta… O que nos permite aprender unha nova forma de responder ás situacións que se nos presentan na vida cotiá e non simplemente reaccionar a elas.

Mañá, xoves 14 de outubro, oitenta persoas participarán nun obradoiro online gratuíto que imparte o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), no que se falará sobre como xestionar a ansiedade no traballo. Mediante este obradoiro preténdese que as persoas asistentes poida identificar cales son os estresores máis habituais aos que están expostas no seu traballo, analizar como lles poden afectar e coñecer algunhas ferramentas básicas para reducilos ou eliminalos.

Esta actividade enmárcase no convenio de colaboración asinado este ano entre ambas as dúas entidades, para a promoción de iniciativas conxuntas no ámbito da formación e do asesoramento organizacional, en cuestións como a saúde laboral, como é este caso. 

O MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL ORGANIZA A SÚA VII XORNADA, BAIXO O TÍTULO “MOCIDADE EN RISCO DE EXPULSIÓN. A DIVERSIDADE COMO FERRAMENTA DE FUTURO”

Salón de actos da Facultade de Psicoloxía (Santiago de Compostela, Campus Sur) Praza do Toural. 16 de outubro de 2021. 9:00-14:00 horas 

  • O MGSM celebra a primeira xornada presencial tras o inicio da pandemia, dedicada este ano a reflexionar sobre as necesidades, problemáticas, potencialidades e condicións de vida que marcan o benestar emocional e o futuro da mocidade.
  • Contará coa intervención de diversos poñentes que falarán desde múltiples contextos profesionais relevantes para a xuventude, así como a participación dxs mozxs aportando a súa experiencia en primeira persoa e moderando o debate.
  • A asistencia á xornada é gratuíta, só limitada ao aforo establecida do Salón de actos, pudendo inscribirse na seguinte dirección: mgsaudemental@gmail.com

 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) acaba de publicar o "Protocolo post-catástrofe", un documento que pretende actuar como guía de actuación e intervención que dea continuidade aos primeiros auxilios psicolóxicos tras un suceso crítico. O protocolo que redactou a Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG xa foi remitido á Xunta de Galicia, coa intención de que se poida articular un mecanismo eficaz neste tipo de situacións e evitar que se repitan casos como, por exemplo, o das persoas afectadas pola explosión da pirotecnia ilegal de Tui, no que a propia veciñanza denunciou a falta de atención. 

Mañá luns 22 comeza a terceira edición de Tempo da Psicoloxía, que terá como tema protagonista o impacto da pandemia da COVID-19 entre as persoas maiores a nivel psicolóxico. Comezará ás 19:30 horas a través da plataforma ZOOM, baixo o título "Máis alá da resiliencia, o avellentamento asediado pola COVID", dentro do ciclo Tempo da Psicoloxía “Unha ollada sobre a pandemia”, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela

No coloquio deste luns participarán David Facal Mayo, coordinador do Máster en Psicoxerontoloxía e psicólogo na Unidade de Psicoxerontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela; Encarna Otero Cepeda, historiadora, profesora e escritora; e Carlos Dosil Díaz, vogal da Xunta Directiva da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. Esta mesa estará moderada pola xornalista Susana Rois. O amplo e diverso colectivo das persoas maiores, que supera o 25% da poboación galega, converteuse no que recibiu as consecuencias máis letais desta pandemia, pero a súa incidencia vai máis alá, conducíndonos a reflexionar sobre o noso propio modelo de sociedade e a atención a necesidades tan determinantes como a dependencia ou a soidade.

O acceso é libre e gratuíto ata completar as 500 prazas dispoñibles, e farase a través da plataforma ZOOM mediante o enlace directo de acceso ou cos datos ID de seminario web 947 6611 6735.

Ao longo destes días, ofreceranse tres palestras sobre a pandemia do coronavirus e o impacto psicolóxico en tres ámbitos: as persoas maiores, a saúde mental e a infancia e mocidade. A extraordinaria emerxencia sanitaria que estamos vivindo e as súas consecuencias está ocasionando un impacto no plano psicolóxico de inéditas dimensións. Afecta en distintos niveis e intensidade, sen que escape ningunha franxa de idade, tanto pola repercusión da enfermidade (falecementos, hospitalizacións, illamentos, corentenas...), como tamén polas consecuencias (distanciamento social, soidade, perdas económicas, medo ao contaxio, dificultade para os coidados e a conciliación, incerteza etc.). Por iso, ambas as institucións promotoras do encontro consideraron que esta edición debía centrarse na pandemia e analizar algúns dos seus considerables efectos no plano psicolóxico.

Tempo da Psicoloxía é unha actividade divulgativa deste ámbito científico e profesional na sociedade, que aborda unha temática concreta en cada edición desde o prisma da psicoloxía, pero en interacción con outros axentes sociais.  

O martes 23 de febreiro ás 19:30h ofrecerase unha palestra na que se tratará de reflexionar sobre os efectos na saúde mental, que xa se atopaba nunha situación precaria e que se viu agravada pola emerxencia sanitaria, baixo o título "Das ondas ao mar de fondo: A pegada psicolóxica do coronavirus". Participará Yolanda Castro Casanova, presidenta da Asociación Psicólogos Clínicos do Sergas; Susana Aldecoa Landesa, presidenta da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria; e Julio Torrado Quintela, doutor en Psicoloxía Social e deputado no Parlamento de Galicia. Esta conversa estará moderada polo xornalista David Lombao.

A última das actividades de acceso libre será o mércores 24 ás 19:30h, será a oportunidade de revisar como está afectando esta situación á xente moza e á infancia, no coloquio “A ‘xeración covid’: medrar en tempos de pandemia”. A xornalista Ana G. Liste ocuparase de dirixir esta conversa, na que participarán Valentín Escudero Carranza, profesor de Psicoloxía na Universidade da Coruña; Ricardo Fandiño Pascual, psicólogo clínico e presidente de ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia); e Tamara Fernández Cores, alumna do Máster en Psicoloxía, especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria, da Universidade de Santiago de Compostela.

Mañá sábado 21 de novembro, máis de cen psicólogos e psicólogas participarán na XXV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que nesta edición levan como título "Adaptacións positivas e adversidades significativas: a resiliencia psicolóxica", e que por primeira vez neste cuarto de século de traxectoria se celebrarán en formato online, tal e como esixe as actuais circunstancias sanitarias.  

O encontro, de carácter científico-profesional pretende realizar unha reflexión sobre o proceso da resiliencia nas persoas, entendido como a capacidade para sobrepoñerse ás adversidades da vida; dado que desde o Comité Organizador estimaron oportuno traballar este aspecto nun tempo que está a ser especialmente adverso para moitas persoas, con moito sufrimento emocional e anímico. Preténdese observar o proceso da resiliencia, como axudar ou non a construíla, abordando circunstancias concretas como a discapacidade, o trastorno mental grave, a infancia, o xénero, a pertenza a unha minoría, etc.; á vez que se enmarca na influencia das narrativas culturais,  sociais e mesmo clínicas que inciden no proceso. 

A primeira das mesas estará protagonizada pola Unidade Docente de Psicoloxía Clínica do Complexo Hospitalario da Coruña, baixo o título "Vidas apañadas", e que contará coa intervención de Jorge García Fernández, Gonzalo Martínez Sande, Javier Sardiña Agra, Xacobe Abel Fernández García, Salomé Botana Martínez, Zoraida González Cornide, Sandra Golpe Ferreiro e María Manovel Barreiro. Seguidamente, a psicóloga clínica Aislinn García Hermo, membro do equipo da asociación La Porvenir, presentará a conferencia "Da resiliencia á resistencia: feminismo, minorías e narrativas da vulnerabilidade".

Tamén estarán dispoñibles unha serie de comunicacións baixo a denominación "Pílulas de resiliencia", coa que pretenden ofrecer unha reflexión do proceso de resiliencia desde diferentes contextos. “A resiliencia: unha ollada desde a Psicoloxía Educativa”, será a proposta de Mª Begoña Castro Iglesias, membro da Xunta Directiva da Sección Educativa do COPG e xefa do Departamento de Orientación do CEIP Agro do Muiño (Bertamiráns - Ames); e Manuela del Palacio García, presidenta da mencionada Sección e xefa do Departamento de Orientación do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo). A psicóloga Raquel García Fernández, terapeuta familiar e experta en Intervención Familiar, presentará "Botando raíces: a resiliencia na infancia”. Mentres que a psicóloga sanitaria Hadriana Ordóñez Otero, especializada en empoderamento persoal e sexual a mulleres e persoas con discapacidade, reflexionará “Quen dixo límite? Resiliencia e discapacidade. Un xeito de coller o vento a favor”. A última proposta será “Resiliencia e psicose: da ruptura á reconstrución”, que exporá Yolanda Castro Casanova, psicóloga clínica do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e terapeuta familiar.

Tamén se presentará o novo número do Anuario da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, ademais de reservar un espazo para as comunicacións libres e pósteres, nesta ocasión en formato de vídeo-comunicación, que foron remitidas polos colexiados e colexiadas nas que se trate calquera temática relacionada coa psicoloxía clínica ou da saúde. As mellores, tanto en formato oral como escrito, recibirán un bono formación da Sección de Psicoloxía e Saúde por valor de 200 euros.

As Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde son o encontro científico-profesional de maior antigüidade organizado polo COPG, desde as primeiras celebradas en 1996, que buscan promover o intercambio de experiencias e coñecementos desta área entre o colectivo profesional da psicoloxía e da saúde, así como promover a actualización científico-técnica en materias específicas. Esta iniciativa vai dirixida a psicólogas e psicólogos colexiados; estudantes de psicoloxía e outros/as profesionais interesados na temática a tratar. 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) trasladoulle ao goberno galego un documento que recolle unha análise do impacto psicolóxico da pandemia da COVID-19 na poboación galega, así como un conxunto de propostas e recomendacións para garantir a accesibilidade á atención psicolóxica a través dos distintos servizos públicos.

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, informámosche de que elaboramos unha serie de materiais de utilidade para a poboación en xeral e para colectivos concretos, dos que che informamos e que poñemos á túa disposición, por se fosen de interese

O Defensor do Pobo, Francisco Fernández Marugán, pediu que se aborde a situación o antes posible no seno do Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud (CISNS). Considera "urxente"  que o Goberno e comunidades autónomas estuden cómo incrementar o servizo de atención psicolóxica que ofrece o Sistema Nacional de Salud (SNS) tras constatar que a ratio de psicólogos e psicólogas por habitante apenas variou na última década.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa a súa máis rotunda condena ao asasinato machista cometido este sábado na Pastoriza, en Lugo, ao tempo que desexa trasladar a súa solidariedade e as súas condolencias á familia e ás persoas achegadas da vítima.

 

Desde este Colexio reitérase o total rexeitamento a calquera tipo de violencia psicolóxica, física ou sexual contra a muller. É fundamental que como sociedade, especialmente os seus responsables da Administración, contribuamos a poñer fin a este grave problema social e, neste sentido, é imprescindible que se apliquen políticas de apoio e de protección integral ás vítimas da violencia machista.

 

A prevención é o mecanismo real para pór fin á violencia contra as mulleres e así desterrar condutas que permanecen na sociedade e que perpetúan o maltrato á muller. Desde a psicoloxía reclamamos unha maior incidencia nas medidas de carácter preventivo e de intervención psicolóxica, especialmente nas idades máis temperás, para erradicar estereotipos machistas e desigualdades que sustentan a violencia contra a muller. Sen unha aposta decidida pola prevención será inevitable que sigamos lamentando sucesos tan tráxicos como o asasinato cometido na Pastoriza.

 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) insta ás Administracións públicas a asumir como propio un servizo de mediación intraxudicial en todas as cidades de Galicia, co gallo do Día Europeo da Mediación que se conmemora este 21 de xaneiro.

Ao longo da última década, o COPG vén desenvolvendo programas de mediación familiar intraxudicial en varias cidades galegas a través dos convenios de colaboración asinados co colexios de avogacía, a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e mais coa Xunta de Galicia. Esta experiencia demostrouse como un modelo eficaz e útil para a cidadanía e tamén para as e os profesionais da Xustiza. Pero este modelo non é suficiente para garantir unha cobertura adecuada para toda a cidadanía da Comunidade Autónoma, polo que é preciso que se consolide un marco normativo e as prazas na rede pública, para garantir un servizo público cunha cobertura universal, con uniformidade de criterios, accesible e ben coordinado.

A mediación é unha ferramenta de grande utilidade social, que procura unha solución consensuada e satisfactoria para as partes implicadas nun conflito, ao tempo que axuda a aliviar o sobrecargado sistema xudicial. Desde o COPG defendemos a utilidade da mediación na sociedade en todo tipo de conflitos, ben sexa no ámbito familiar, penal, sanitario, empresarial, laboral ou das organizacións, por exemplo. De feito, as estatísticas sinalan que os acordos conseguidos a través da mediación perduran máis no tempo.

O COPG e a mediación       

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia está recoñecido como Institución de Mediación polo Ministerio de Xustiza. O compromiso do COPG coa mediación está plasmado nos propios Estatutos da organización colexial, que foron modificados en 2013 para incorporar entre os seus fins “impulsar e desenvolver a mediación”, co fin de adaptarse á Directiva europea 2008/52/CE. A partir de aí, constituíuse ante o Ministerio de Xustiza como entidade de mediación e creou o Rexistro de Mediadores e Mediadoras.

Xa no ano 2000 se conformara no COPG a Comisión Intersectorial de Mediación, que agrupa a representantes dos distintos campos de traballo da Psicoloxía, como o xurídico, o educativo, o sanitario, o da intervención social ou o do traballo e as organizacións.

Os avances en materia de igualdade e a loita contra a violencia de xénero nos últimos tempos son innegables e, como sociedade, debemos felicitarnos polo traballo realizado neste sentido, porque é moito o camiño avanzado se botamos a vista atrás. A Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero cumpre quince anos o próximo mes de decembro, é dicir, que é inferior a unha xeración. É importante ter isto en conta, porque a miúdo ofrecemos unha mirada pesimista sobre este asunto, alentada polo constante goteo de mulleres asasinadas, de menores agredidas/os, do incremento de denuncias, e é inevitable a sensación de chegar tarde para demasiadas mulleres, nenos e nenas que sofren o impacto da violencia machista no seu día a día.

Por iso, neste 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desexamos sinalar o importante avance que supuxo a lexislación para a protección e o acompañamento das vítimas da violencia de xénero, á vez que estimamos conveniente trasladar a importancia de continuar avanzando en medidas que favorezan a erradicación total das violencias contra as mulleres, así como a mellor protección daquelas que sofren os malos tratos pola súa condición de mulleres.

Como profesionais da psicoloxía manifestamos o noso total rexeitamento a calquera forma de violencia exercida contra a muller, xa sexa psicolóxica, física ou sexual, e queremos trasladar todo o noso apoio, afecto e solidariedade ás familias e persoas achegadas ás vítimas da violencia de xénero, que custou a vida a polo menos 51 mulleres e 3 menores en 2019, e que deixou a 43 nenos e nenas orfos como consecuencia destes asasinatos.

Unha das modificacións que urxe adoptar é a adaptación da normativa en materia de violencia de xénero ao Convenio de Istambul, considerado o marco xurídico máis completo para combater a violencia contra nenas e mulleres, e que foi ratificado por España en 2014, xa que no noso país só tense en conta a inequidade de xénero na violencia no ámbito da parella ou  exparella. Pero as implicacións do xénero van máis alá, como recoñeceu o propio Tribunal Supremo na sentenza pola agresión sexual dos San  Fermíns de 2016, perpetrada por cinco homes coñecidos como "A Manada", que recollía no seu ditame final: "Os chamados delitos sexuais foron un expoñente claro da función das normas xurídicas na recreación dos estereotipos e roles sociais que definiron durante séculos a distribución desigual de dereitos e obrigas, discriminando as posibilidades das mulleres".

O Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, sempre que conte coa necesaria dotación orzamentaria, é un instrumento idóneo para promover a necesaria perspectiva de xénero que reclama nese extracto o Tribunal Supremo e que cómpre que se traslade a todos os servizos públicos (sanidade, educación, xustiza, servizos sociais…), para evitar que se continúe permitindo a histórica discriminación que sufriu e segue a sufrir a metade da poboación. Un documento que recolle como un dos eixos clave a educación, porque sen unha aposta decidida por traballar a igualdade cos nenos e as nenas, pola implantación da  coeducación en todos os centros escolares, por desmontar os mitos e crenzas que sustentan o machismo na nosa sociedade, sen todo isto non conseguiremos exterminar os malos tratos e a violencia contra as mulleres.

A psicoloxía é o ámbito científico-profesional máis apropiado para liderar este labor preventivo, xa que nos situamos no ámbito dos prexuízos, as crenzas, as emocións e as condutas, propias do noso perfil profesional; un perfil que non debería tardar en incorporarse aos equipos dos centros educativos de primaria e secundaria. Construamos desde o traballo co sistema educativo como base estendéndoo a todos os servizos públicos unha sociedade máis equitativa, máis xusta, na que mulleres e homes, nenas e nenos, poidamos desenvolvernos en liberdade.

Achéganse as festas do Nadal, os Reis Magos… Habitualmente, coméntase que nestas datas se incrementa o consumismo; pero poderíamos dicir que se incrementa a inconsciencia e que as cidadás e cidadáns se comportan, máis que nunca, como autómatas. Os fillos e fillas son “máquinas” de pedir e os pais e as nais “máquinas” de dar; nin tan sequera de conceder desexos.

Os desexos vanse fraguando a partires da apetencia por algo, mantida no tempo; están conectados cos mundos sensorial e emocional. Pola contra, os psicólogos e psicólogas educativas comprobamos o común que é a sobreestimulación e o fastío nas rapazas e rapaces. Teñen a meirande parte das cousas e incluso os acontecementos tan ao alcance das mans e dun xeito tan rápido que non hai lugar para a loita e o sacrificio que se levan a cabo cando hai apetencia por algo.

Na práctica profesional da psicoloxía educativa vemos, acotío, como cada vez é máis difícil sorprender, ilusionar e emocionar os nenos e nenas. Nestas datas, máis que nunca, os fillos e fillas están ansiosos porque queren pedir demasiadas cousas e os pais e as nais frustradas porque xa non saben como han de facer para satisfacelos. Así, en lugar de facer agasallos conscientes e con isto referímonos a agasallos que eduquen, que potencien a psicomotricidade, que axuden a desenvolver valores como a empatía, a convivencia en igualdade, que conviden á reflexión, que estimulen a creatividade e ao pensamento crítico, que rexeiten os estereotipos etc.; en moitas ocasións remátanse facendo agasallos desde a compulsión e baixo o xugo das modas.

As psicólogas e psicólogos educativos facemos un chamamento ás compras de Nadal responsables e conscientes; porque o noso deber como persoas adultas é procurar o benestar e o bo desenvolvemento físico, psíquico e social dos e das menores. Fagamos agasallos que contribúan a isto, a formar futuros adultos máis sensibles, libres, solidarios e con máis capacidade de desfrute; do contrario, serán escravos dos seus instintos e polo tanto, infelices.

¿Por que non agasallar tempo?: tempo en familia, tempo para conversar, para escoitar, tempo para pasear, para rir, para ESTAR… Vivimos nunha sociedade que dificulta enormemente a conciliación familiar e laboral; una sociedade na que os pais e as nais se ven na obriga de levar un ritmo de vida trepidante e chegan aos seus fogares, en moitos casos, esgotados e a horas intempestivas nas que os seus fillos e fillas xa están durmindo.

Aproveitemos estes días festivos, nos que non teñen que ir ao colexio, para investilos en lecer xunto a eles e elas: ver unha película xuntos, que se impliquen nos menús de Nadal, motivemos a súa participación en actividades solidarias (para que adquiran conciencia de que hai moitas persoas que van pasar o Nadal en soidade e en circunstancias moi complicadas)… En definitiva, compartamos tempo, afecto e emocións con eles e elas. Ese é o mellor agasallo de Nadal para os fillos e fillas; porque iso é EDUCAR.

Achéganse as festas do Nadal, os Reis Magos… Habitualmente, coméntase que nestas datas se incrementa o consumismo; pero poderíamos dicir que se incrementa a inconsciencia e que as cidadás e cidadáns se comportan, máis que nunca, como autómatas. Os fillos e fillas son “máquinas” de pedir e os pais e as nais “máquinas” de dar; nin tan sequera de conceder desexos.

Os desexos vanse fraguando a partires da apetencia por algo, mantida no tempo; están conectados cos mundos sensorial e emocional. Pola contra, os psicólogos e psicólogas educativas comprobamos o común que é a sobreestimulación e o fastío nas rapazas e rapaces. Teñen a meirande parte das cousas e incluso os acontecementos tan ao alcance das mans e dun xeito tan rápido que non hai lugar para a loita e o sacrificio que se levan a cabo cando hai apetencia por algo.

Na práctica profesional da psicoloxía educativa vemos, acotío, como cada vez é máis difícil sorprender, ilusionar e emocionar os nenos e nenas. Nestas datas, máis que nunca, os fillos e fillas están ansiosos porque queren pedir demasiadas cousas e os pais e as nais frustradas porque xa non saben como han de facer para satisfacelos. Así, en lugar de facer agasallos conscientes e con isto referímonos a agasallos que eduquen, que potencien a psicomotricidade, que axuden a desenvolver valores como a empatía, a convivencia en igualdade, que conviden á reflexión, que estimulen a creatividade e ao pensamento crítico, que rexeiten os estereotipos etc.; en moitas ocasións remátanse facendo agasallos desde a compulsión e baixo o xugo das modas.

As psicólogas e psicólogos educativos facemos un chamamento ás compras de Nadal responsables e conscientes; porque o noso deber como persoas adultas é procurar o benestar e o bo desenvolvemento físico, psíquico e social dos e das menores. Fagamos agasallos que contribúan a isto, a formar futuros adultos máis sensibles, libres, solidarios e con máis capacidade de desfrute; do contrario, serán escravos dos seus instintos e polo tanto, infelices.

¿Por que non agasallar tempo?: tempo en familia, tempo para conversar, para escoitar, tempo para pasear, para rir, para ESTAR… Vivimos nunha sociedade que dificulta enormemente a conciliación familiar e laboral; una sociedade na que os pais e as nais se ven na obriga de levar un ritmo de vida trepidante e chegan aos seus fogares, en moitos casos, esgotados e a horas intempestivas nas que os seus fillos e fillas xa están durmindo.

Aproveitemos estes días festivos, nos que non teñen que ir ao colexio, para investilos en lecer xunto a eles e elas: ver unha película xuntos, que se impliquen nos menús de Nadal, motivemos a súa participación en actividades solidarias (para que adquiran conciencia de que hai moitas persoas que van pasar o Nadal en soidade e en circunstancias moi complicadas)… En definitiva, compartamos tempo, afecto e emocións con eles e elas. Ese é o mellor agasallo de Nadal para os fillos e fillas; porque iso é EDUCAR.

Mañá venres 8 e o sábado 9, os retos da mobilidade e a seguridade converteranse en protagonistas nas IV Xornadas da Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade, que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, e que se celebrará na sede colexial (Rúa Espiñeira, 10, Santiago de Compostela). 

Este encontro de carácter profesional parte do ámbito da psicoloxía do tráfico e a seguridade como unha área de intervención que trata de dar resposta aos novos retos propostos no marco da mobilidade das persoas e a súa seguridade. A preocupación pola saúde e a contaminación está xerando a necesidade de novas liñas de traballo en formación, selección así como recoñecemento destes psicólogos e psicólogas.

Esta xornada pretende ser un foro de encontro e reflexión do conxunto de intereses e aplicacións que os e as profesionais da Psicoloxía teñen no campo da mobilidade así como da seguridade pública e privada para poder compartir novas liñas de investigación en prevención, formación e ámbitos de actuación.

Tras a inauguración ás 16 horas, a conferencia inaugural do venres 8 correrá por conta de Paula Mª Márquez Padorno, subdirectora adxunta do Observatorio Nacional de Seguridad Vial, que falará sobre a prevalencia, a reincidencia e o edadismo na condución. Daralle paso a unha mesa institucional sobre a mobilidade e a seguridade en Galicia no século XXI, na que participarán a Xefa Provincial da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña, Victoria Gómez Dobarro; o fiscal coordinador de Seguridade Viaria de Galicia, Carlos Gil García; o tenente coronel da Garda Civil de Tráfico de Galicia, Francisco Javier Molano Martín; así como o intendente principal da Policía Local do Concello de Pontevedra, Daniel Macenlle.

A sesión do sábado abrirase ás 9 horas cunha conferencia sobre o factor humano, novo concepto de vehículo, impartida pola psicóloga Eva García Quinteiro, do Centro Tencolóxico de Automoción de Galicia. A continuación será tempo de falar sobre os drons e a seguridade, nun relatorio impartido por Javier Menéndez Rodríguez, responsable do Departamento Técnico de Cartogalicia. Os profesores da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela José Manuel Blanco Rial e Xosé Antón Gómez Fraguela exporán as súas respectivas investigacións en atención e condución por unha banda, e do Programa de avaliación de condutores infractores (PECI) pola outra.

A tenza de cans perigosos e o protocolo para a avaliación será tratada por Alejandro González Piñeiro, psicólogo do Grupo de Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade do COPG, e pecharanse as Xornadas ao final da mañá coa presentación do programa para a amaxofobia (fobia a conducir) impulsado por este Grupo.

Durante todas as Xornadas poderase visitar a "Feira da Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade"  na propia sede do Colexio, onde se exhibirán instrumentos psicométricos históricos.

 

Mañá venres 8 e o sábado 9, os retos da mobilidade e a seguridade converteranse en protagonistas nas IV Xornadas da Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade, que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, e que se celebrará na sede colexial (Rúa Espiñeira, 10, Santiago de Compostela). 

Este encontro de carácter profesional parte do ámbito da psicoloxía do tráfico e a seguridade como unha área de intervención que trata de dar resposta aos novos retos propostos no marco da mobilidade das persoas e a súa seguridade. A preocupación pola saúde e a contaminación está xerando a necesidade de novas liñas de traballo en formación, selección así como recoñecemento destes psicólogos e psicólogas.

Esta xornada pretende ser un foro de encontro e reflexión do conxunto de intereses e aplicacións que os e as profesionais da Psicoloxía teñen no campo da mobilidade así como da seguridade pública e privada para poder compartir novas liñas de investigación en prevención, formación e ámbitos de actuación.

Tras a inauguración ás 16 horas, a conferencia inaugural do venres 8 correrá por conta de Paula Mª Márquez Padorno, subdirectora adxunta do Observatorio Nacional de Seguridad Vial, que falará sobre a prevalencia, a reincidencia e o edadismo na condución. Daralle paso a unha mesa institucional sobre a mobilidade e a seguridade en Galicia no século XXI, na que participarán a Xefa Provincial da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña, Victoria Gómez Dobarro; o fiscal coordinador de Seguridade Viaria de Galicia, Carlos Gil García; o tenente coronel da Garda Civil de Tráfico de Galicia, Francisco Javier Molano Martín; así como o intendente principal da Policía Local do Concello de Pontevedra, Daniel Macenlle.

A sesión do sábado abrirase ás 9 horas cunha conferencia sobre o factor humano, novo concepto de vehículo, impartida pola psicóloga Eva García Quinteiro, do Centro Tencolóxico de Automoción de Galicia. A continuación será tempo de falar sobre os drons e a seguridade, nun relatorio impartido por Javier Menéndez Rodríguez, responsable do Departamento Técnico de Cartogalicia. Os profesores da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela José Manuel Blanco Rial e Xosé Antón Gómez Fraguela exporán as súas respectivas investigacións en atención e condución por unha banda, e do Programa de avaliación de condutores infractores (PECI) pola outra.

A tenza de cans perigosos e o protocolo para a avaliación será tratada por Alejandro González Piñeiro, psicólogo do Grupo de Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade do COPG, e pecharanse as Xornadas ao final da mañá coa presentación do programa para a amaxofobia (fobia a conducir) impulsado por este Grupo.

Durante todas as Xornadas poderase visitar a "Feira da Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade"  na propia sede do Colexio, onde se exhibirán instrumentos psicométricos históricos.

 

Mañá venres 4 e o sábado 5 de outubro, máis de 50 psicólogas e psicólogos formaranse na regulación emocional a través do mindfulness, nun curso que se desenvolverá na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Esta formación céntrase no mindfulness e o equilibrio emocional, co que se pretende traballar as habilidades de regulación emocional a través de prácticas construtivas ou xenerativas, como as meditacións na compaixón, no amor ou no perdón. Será impartido por Gonzalo Brito Pons, que é psicólogo clínico da Pontificia Universidade Católica de Chile e doutor en Psicoloxía Transpersoal de Estados Unidos. Conta tamén cun posgrao na Terapia Centrada na Compaixón, pola Universidade de Derby (Reino Unido).

A actividade vai dirixida aos membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG, que actúa nas situacións de emerxencia a través do 112 Galicia. Os psicólogos e psicólogas traballarán especialmente no referente ás emocións, como o resentimento, o perdón, a ira, o medo, o amor ou a amabilidade, procurando comunicar emocións e necesidades de xeito máis hábil e saudable, empregando estratexias baseadas na práctica do mindfulness para tratar co sufrimento e a desregulación emocional.

O mindfulness ou a atención plena, segundo explica o propio Gonzalo Brito, é a capacidade de traer de volta a nosa atención ao momento presente, desde unha actitude de aceptación, apertura e non xuízo. Esta capacidade pódese desenvolver a través das prácticas de atención plena, como a meditación, a camiñada consciente ou o ioga. 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa a súa máis rotunda condena ao asasinato machista cometido en Vilalba (Lugo), ao tempo que desexa trasladar a súa solidariedade e as súas condolencias á familia e ás persoas achegadas da vítima.

Comunicado [ver pdf]

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa a súa máis rotunda condena ao asasinato machista cometido en Vilalba (Lugo), ao tempo que desexa trasladar a súa solidariedade e as súas condolencias á familia e ás persoas achegadas da vítima.

Comunicado [ver pdf]

O catedrático e investigador Ángel Carracedo recibirá mañá venres 7 de xuño o máis significativo galardón que concede o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, o premio Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade. O acto, que se celebrará no Centro Abanca en Santiago de Compostela (Praza de Cervantes) ás 19 horas, será no marco do encontro Achegas da Psicoloxía, onde se congregan os colexiados e colexiadas desde hai xa once anos. 

O Premio Dolores Llópiz é o máximo galardón que entrega o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e que pretende distinguir á persoa, institución ou asociación que teña contribuído ao desenvolvemento da profesión. Nesta ocasión, a Xunta de Goberno do Colexio acordou outorgarllo á Ángel Carracedo Álvarez, polo seu papel como investigador e divulgador científico, polas súas contribucións no ámbito da neuropsicoloxía, o que o sitúa como un referente internacional. Este Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela é tamén director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e conta con numerosas publicacións de carácter científico e divulgativo. 

Con este recoñecemento, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia quere significar o labor que vén desenvolvendo no ámbito da neuropsicoloxía, nomeadamente a través da Fundación INGADA, que preside, onde numerosos profesionais da psicoloxía integran o equipo multidisciplinar que lidera. 

Esa excepcional carreira investigadora que o sitúa como un referente internacional cobra maior relevancia ao compaxinala co compromiso pola divulgación dos seus coñecementos e pola súa aproximación humanizada á ciencia e significativa vocación de servizo á comunidade. 

Ademais da entrega do galardón, no acto Achegas da Psicoloxía vaise efectuar un recoñecemento a aqueles e aquelas profesionais que levan 25 anos de vida colexial. O encontro Achegas da Psicoloxía celebrarase ás 19:00 horas no Centro Abanca en Santiago de Compostela. 

Colexiado de Honra 

No Achegas da Psicoloxía 2019, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia entregará tamén a distinción especial Colexiado de Honra ao psicólogo Miguel Pérez Pereira. Con esta significación pretende recoñecerse a extraordinaria entrega persoal dos seus colexiados e colexiadas tanto á institución como ao desenvolvemento da profesión da Psicoloxía en Galicia. 

A historia do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia está marcada indiscutiblemente por Miguel Pérez Pereira, que foi un dos nomes esenciais no nacemento do noso Colexio, do que foi o primeiro presidente entre 1980 e 1987, deixando no colexio un dos meirandes legados institucionais. 

Todo isto unido ao gran labor que exerce desde o ámbito académico, xa que é Catedrático de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, o que facilitou unha excepcional cooperación entre a universidade e o colexio profesional. Foi investigador principal en varios proxectos sobre a adquisición da linguaxe, con especial referencia á adquisición da linguaxe en nenos/as con cegueira e tamén en prematuros. Conta con diversas publicacións tanto de libros, capítulos e artigos sobre estas e outras temáticas. 

O catedrático e investigador Ángel Carracedo recibirá mañá venres 7 de xuño o máis significativo galardón que concede o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, o premio Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade. O acto, que se celebrará no Centro Abanca en Santiago de Compostela (Praza de Cervantes) ás 19 horas, será no marco do encontro Achegas da Psicoloxía, onde se congregan os colexiados e colexiadas desde hai xa once anos. 

O Premio Dolores Llópiz é o máximo galardón que entrega o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e que pretende distinguir á persoa, institución ou asociación que teña contribuído ao desenvolvemento da profesión. Nesta ocasión, a Xunta de Goberno do Colexio acordou outorgarllo á Ángel Carracedo Álvarez, polo seu papel como investigador e divulgador científico, polas súas contribucións no ámbito da neuropsicoloxía, o que o sitúa como un referente internacional. Este Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela é tamén director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e conta con numerosas publicacións de carácter científico e divulgativo. 

Con este recoñecemento, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia quere significar o labor que vén desenvolvendo no ámbito da neuropsicoloxía, nomeadamente a través da Fundación INGADA, que preside, onde numerosos profesionais da psicoloxía integran o equipo multidisciplinar que lidera. 

Esa excepcional carreira investigadora que o sitúa como un referente internacional cobra maior relevancia ao compaxinala co compromiso pola divulgación dos seus coñecementos e pola súa aproximación humanizada á ciencia e significativa vocación de servizo á comunidade. 

Ademais da entrega do galardón, no acto Achegas da Psicoloxía vaise efectuar un recoñecemento a aqueles e aquelas profesionais que levan 25 anos de vida colexial. O encontro Achegas da Psicoloxía celebrarase ás 19:00 horas no Centro Abanca en Santiago de Compostela. 

Colexiado de Honra 

No Achegas da Psicoloxía 2019, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia entregará tamén a distinción especial Colexiado de Honra ao psicólogo Miguel Pérez Pereira. Con esta significación pretende recoñecerse a extraordinaria entrega persoal dos seus colexiados e colexiadas tanto á institución como ao desenvolvemento da profesión da Psicoloxía en Galicia. 

A historia do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia está marcada indiscutiblemente por Miguel Pérez Pereira, que foi un dos nomes esenciais no nacemento do noso Colexio, do que foi o primeiro presidente entre 1980 e 1987, deixando no colexio un dos meirandes legados institucionais. 

Todo isto unido ao gran labor que exerce desde o ámbito académico, xa que é Catedrático de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, o que facilitou unha excepcional cooperación entre a universidade e o colexio profesional. Foi investigador principal en varios proxectos sobre a adquisición da linguaxe, con especial referencia á adquisición da linguaxe en nenos/as con cegueira e tamén en prematuros. Conta con diversas publicacións tanto de libros, capítulos e artigos sobre estas e outras temáticas. 

Mañá sábado 27 de abril, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ofrece un novo curso dirixido psicólogos e psicólogas en relación co protocolo para a tenencia de cans considerados como perigosos, que se desenvolverá ao longo da mañá na sede do COPG en Santiago de Compostela. 

Dada a presenza cada vez máis maioritaria dos cans na vida das persoas, incluso coa aparición das que se coñecen como "familias multiespecie" e, como consecuencia da lexislación vixente que determina as condicións precisas para a súa tenza, desde o COPG organizouse este segundo curso. Cómpre ter en conta que o número de cans perigosos duplicouse desde 2013, e segundo as estatísticas, 3 de cada 4 propietarios recoñece descoñecer a lexislación que lles afecta.

Á marxe da envergadura dos animais e da súa capacidade física para causar lesións, as coñecidas como razas potencialmente perigosas non son, en realidade máis agresivas do que pode chegar a ser un can non incluído nesta listaxe, cando se sente ameazado. De feito, no mundo canino adoita dicirse que non existen cans perigosos, senón propietarios irresponsables, o que evidencia o papel da psicoloxía neste asunto.

Por isto, no curso abordaranse hipóteses explicativas sobre as agresións caninas, así como novos modelos de avaliacións destas agresións. Roberto Estévez Andrade, psicólogo sanitario e antrozoólogo, xunto co tamén psicólogo sanitario Alejandro González Piñeiro serán os responsables da docencia deste segundo curso sobre cans perigosos que se imparte no Colexio.

Desde o Grupo de Tráfico e da Seguridade do COPG, que organiza esta actividade consideran necesaria este tipo de formacións, xa que como profesionais cómpre avaliar a través de probas psicométricas cuestións como as competencias cognitivas e de personalidade para cans, a empatía emocional con cans ou a empatía para nenos e nenas con cans. Tamén están a traballar desde este Grupo en novos protocolos de avaliación como nun cuestionario informatizado de avaliación de factores de risco das agresións caninas.          

 

A análise do comportamento na investigación policial e a elaboración de perfís criminais é o obxecto do obradoiro que mañá sábado 13 de abril terá lugar na sede compostelá do Colexio de Psicoloxía de Galicia. 

Ao longo de toda a xornada e cun enfoque tanto teórico como de práctica aplicada, prevese tratar contidos novidosos como o perfilado indutivo, dedutivo e indirecto sobre todo partindo do modelo PEN de Eysenk. Tamén se tratará a aplicación destes contidos á investigación criminal na que se realizará unha análise de casos reais e recentes e unha análise da práctica da perfilación criminal levada a cabo en casos moi mediáticos. 

O obradoiro estará impartido por José Manuel Quintana Touza, licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, doutor en Psicoloxía pola UNED e diplomado en Criminoloxía pola USC, ademais de estudos de posgraduado neste ámbito. É experto en Psicodiagnóstico e todo un referente na perfilación criminal e na análise de conduta. Actualmente, é capitán da Garda Civil, desde 2008 está destinado na Sección de Análise do Comportamento Delituoso (SACD) da Unidade Técnica da Policía Xudicial da Garda Civil. 

Este obradoiro enmárcase dentro da acción formativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia seguindo o Plan de Formación que a Sección de Psicoloxía Xurídica deseñou para o ano 2019 e trata de responder as demandas tanto dos membros da sección como dos diferentes  profesionais que realizan a súa tarefa profesional no eido dos xulgados na realización periciais, así como na colaboración coas forzas de seguridade do Estado, tanto na formación como na investigación criminal.  

Corenta psicólogos e psicólogas participarán hoxe mércores 3 de abril na xornada sobre violencia filioparental (exercida por fillos ou fillas cara ao seu pai ou á súa nai) que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ás 17 horas na súa sede en Santiago de Compostela. Nela presentaranse estratexias de prevención e de intervención ante este tipo de violencia que lles permitirá afrontar unha problemática crecente nos últimos anos.

Aroa González Álvarez e Raquel Gallego González, psicólogas e mediadoras familiares, presentarán o proxecto "Conviviendo" que están a desenvolver na fundación Amigó, en Vigo, un servizo gratuíto de resolución positiva dos conflitos entre adolescentes e as súas familias. A través dunha proposta socioeducativa e terapéutiva preténdese ofrecer unha resposta especializada a familias en situación de conflito e de risco de exclusión social. Son conflitos que poden estar provocados por diferenzas xeracionais, falta de comunicación, desestruturación ou desaxuste dos roles parentais, comportamentos desadaptados dos/as adolescentes ou calquera circunstancia que provoque que esta convivencia sexa fonte de desaxustes persoais e relacionais.

A través da xornada preténdese crear un clima de reflexión e de intercambio de experiencias neste ámbito entre os psicólogos e psicólogas asistentes, máis aínda se temos en conta que as características da violencia filioparental así como o xeito no que se expresa e evoluciona, están a mudar nos últimos anos.   

Un total de vinte e cinco psicólogos e psicólogas participarán mañá sábado ao longo de toda a xornada nun obradoiro sobre a atención psicolóxica especializada ás vítimas de delitos, organizada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e que terá lugar na súa propia sede en Santiago de Compostela.

O obradoiro pretende dar a coñecer ás persoas asistentes coñecementos sobre a regulación legal en España onde se recoñece o dereito a asistencia psicolóxica ás vítimas do delito. Ademais, identificarase o perfil profesional do/a psicólogo/a experto/a en vítimas do delito así como se traballará sobre os tratamentos, técnicas e protocolos de actuación aplicables coas vítimas directas e indirectas do delito.

As oficinas de asistencia ás vítimas teñen como obxectivo xeral prestar unha asistencia integral, coordinada e especializada ás vítimas como consecuencia do delito e dar resposta ás necesidades específicas das mesmas no ámbito xurídico, psicolóxico e social, tal e como se recolle no artigo 17 do Real Decreto 1109/2015. Desde 2017, Galicia conta con atención psicolóxica nestas oficinas nos xulgados das sete cidades galegas.

A docencia deste obradoiro correrá por conta de Mª Ángeles Pérez García, psicóloga especialista en atención a vítimas, que conta cunha ampla experiencia no eido, dado que é  Psicóloga Titular Oficial de Asistencia a Vítimas de Delitos (OAV) da Delegación do Ministerio de Xustiza en Salamanca desde o ano 2003. Conta con formación anual actualizada para realizar a asistencia psicolóxica especializada na Oficina de Atención a Vítimas desde 2003, colaborando como formadora ocasional.

No obradoiro, que organiza a Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG, tentarase alternar entre a parte expositiva cunha parte de resolución de casos prácticos e de debate didáctico. 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa a súa máis rotunda condena ao asasinato machista cometido onte domingo en Valga, Pontevedra, ao tempo que desexa trasladar a súa solidariedade e as súas condolencias á familia e ás persoas achegadas da vítima. 

Desde este Colexio reitérase o total rexeitamento a calquera tipo de violencia psicolóxica, física ou sexual contra a muller. Toda a cidadanía, pero moi especialmente os seus responsables políticos, debe traballar para poñer fin a esta dramática lacra social e, neste sentido, é imprescindible que se apliquen políticas de apoio e de protección integral ás vítimas da violencia machista. 

A prevención é o mecanismo real para pór fin á violencia contra as mulleres e así desterrar condutas que permanecen na sociedade e que perpetúan o maltrato á muller. Desde a psicoloxía reclamamos que se poña o foco nas medidas de carácter preventivo e de intervención psicolóxica, especialmente nas idades máis temperás, para erradicar estereotipos machistas e desigualdades que sustentan a violencia contra a muller. Sen unha aposta decidida pola prevención será inevitable que sigamos lamentando sucesos tan tráxicos como o asasinato cometido en Valga.

Mañá sábado 23 de febreiro, os máis de cen psicólogos e psicólogas que integran a rede dos programas de atención psicolóxica especializada no ámbito da violencia de xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia participarán nunha xornada que actualizará as súas competencias profesionais en cuestións como a intervención con menores ou tras os asasinatos machistas. Esta actividade terá lugar ao longo de todo o día na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, no Salón de Actos.

Na xornada de mañá, presentaranse dous documentos propios nos que traballaron cadanseu grupo especializado. Por unha banda, a psicóloga Paula Baldomir Gago, experta en psicopatoloxía e psicoterapia na infancia e na adolescencia abordará a ponencia que leva por título “As vítimas invisibles da violencia de xénero: Directrices e Recomendacións”. Nesta exposición, a relatora presentará un documento elaborado por un grupo de profesionais expertas neste campo onde se tratará de identificar, nomear e documentar o impacto da violencia de xénero nos fillos e fillas das mulleres vítimas de violencia, para deste xeito darlle visibilidade como vítimas de violencia de xénero.

Preténdese atender á urxencia de implementar medidas reais que sexan consonantes coa modificación da lei Orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección a infancia e adolescencia. Inclúe tamén a exposición dunha serie de recomendacións e medidas para visibilizar a situación e que se tomen as medidas de protección e reparación oportunas.

Mañá venres 22 e o sábado 23 de febreiro terá lugar o curso “Atención  psicolóxica e social ao neno ou nena, familia e profesionais en coidados paliativos pediátricos” impartido polo equipo multidisciplinar (psicóloga, traballadora social e médico) da Unidade de coidados Paliativos do Hospital  Universitario do Niño Jesús da Comunidade Autónoma de Madrid. Máis de corenta psicólogos e psicólogas asistirán a esta formación que se impartirá na aula 1 do Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

Os Coidados Paliativos Pediátricos aínda son descoñecidos no ámbito da pediatría en España, xa que sobre todo nos países desenvolvidos, a pediatría é unha especialidade con potencial de vida. Con todo, as enfermidades son inexorables. Sen ir máis lonxe, en España morren todos os anos 3.000 nenos e nenas, e iso é así a pesar dos avances e da tecnoloxía. Ademais, a estes nenos e nenas debemos sumar aqueles cuxo falecemento non é inminente, pero cun diagnóstico e prognóstico grave e que a súa enfermidade, a día de hoxe, resulta incurable.

Os Coidados Paliativos Pediátricos é unha cuestión de calidade asistencial, unha maneira de prestar a asistencia sanitaria centrada nas persoas, entendendo como persoas no ámbito da pediatría: os nenos e nenas, as súas familias e os/as profesionais que os atenden. Os coidados paliativos ocúpanse da vida das persoas ata que lles toca morrer. Non se ocupa da morte. Non se ocupan do cando senón do como. É unha corrente dentro do movemento da humanización sanitaria, á que poderiamos chamar personalización ou medicina personalizada. Xorden como necesidade para abordar unha situación na que o falecemento prematuro é o usual aínda que non inminente, tratándoos como persoas. Son por tanto, os coidados paliativos un cambio na cultura de atención ao paciente, unha maneira de humanizar o sistema.

Mañá mércores, 20 de febreiro, continúa a primeira edición de "Tempo da Psicoloxía", un encontro que nesta ocasión xirará arredor da violencia en diversas actividades que se estenderán ata o xoves 21. Nesta terceira xornada e a última aberta ao público xeral, a violencia no ámbito da familia será o contexto que se debaterá nesta actividade promovida polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e que comezará ás 18:30 horas no Auditorio ABANCA da cidade compostelá.

Esta palestra que estará moderada pola xornalista Antía Díaz, de Radio Voz. Mónica Permuy, directora da Fundación Meniños, José Manuel Oreiro Blanco, psicólogo da Oficina de Atención á Vítima da Coruña, Mª Paz Filgueira Paz, xuíza titular do Xulgado de Familia nº 12 de Vigo, e Concepción Fernández Fernández, concelleira de Políticas Sociais do Concello de Santiago de Compostela, contribuirán coa súa experiencia para abordar este contexto.

Esta conversa é de acceso libre e gratuíto e vai dirixida ao público xeral. "Tempo da Psicoloxía" pretende ser unha actividade divulgativa da psicoloxía na sociedade, que terá unha temática concreta como protagonista en cada edición anual, e no que a perspectiva de xénero e os valores de igualdade constitúen un elemento transversal en todas as actividades. 

Mañá martes, 19 de febreiro, continúa a primeira edición de "Tempo da Psicoloxía", un encontro que nesta ocasión xirará arredor da violencia en diversas actividades que se estenderán ata o xoves 21. Nesta segunda xornada, a violencia nos centros educativos será o contexto que se debaterá nesta actividade promovida polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e que comezará ás 18:30 horas no Auditorio ABANCA da cidade compostelá.

Mañá luns, 18 de febreiro, dá comezo a primeira edición de "Tempo da Psicoloxía", un encontro que nesta ocasión xirará arredor da violencia en diversas actividades que se estenderán ata o xoves 21. O deporte será o primeiro dos contextos, desta actividade promovida polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e que comezará ás 18:30 horas no Auditorio ABANCA da cidade compostelá.

Verónica Boquete, futbolista profesional e referente do deporte galego a nivel internacional, será unha das participantes neste faladoiro, no que tamén intervirán David González Vázquez, adestrador de fútbol; María Dolores González Fernández, psicóloga do deporte, así como Francisco Javier González García, Xefe do Servizo de Deporte en Idade Escolar da Xunta de Galicia. Lorena Pose, xornalista da Televisión de Galicia e presentadora de Deportes do Telexornal, será a responsable de moderar esta conversa, onde se pretenden reunir a diferentes representantes do mundo do deporte e achegar unha visión construtiva para abordar a problemática da violencia neste ámbito.

Esta conversa, ao igual que as dos dous días seguintes que se centrarán na violencia nos centros educativos e no ámbito da familia, respectivamente, son de acceso libre e gratuíto e van dirixidas ao público xeral. "Tempo da Psicoloxía" pretende ser unha actividade divulgativa da psicoloxía na sociedade, que terá unha temática concreta como protagonista en cada edición anual, e no que a perspectiva de xénero e os valores de igualdade constitúen un elemento transversal en todas as actividades.

Esta mañá presentouse a primeira edición de Tempo da Psicoloxía, un evento que nace con vocación de continuidade no tempo e que é promovido polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Entre os días 18 e 21 de febreiro, a violencia será obxecto de reflexión, a través de diversas actividades que conforman o programa de 2019.

Á presentación, que contou coa presenza de María Rosa Álvarez Prada e María Lourdes Mirón Redondo, decanas do COPG e da Facultade respectivamente, acudiu tamén a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, xa que conta coa colaboración desta institución.

"Tempo da Psicoloxía" pretende ser unha actividade divulgativa da psicoloxía na sociedade, que terá unha temática concreta como protagonista en cada edición anual, e no que a perspectiva de xénero e os valores de igualdade constitúen un elemento transversal en todas as actividades.

Mañá venres 1 e o sábado 2 de febreiro, máis de 70 psicólogos e psicólogas do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía galego están convocados a unha nova actividade de formación específica deste colectivo, centrada nesta ocasión na intervención en casos de conduta suicida.

A actividade terá lugar na Facultade de Psicoloxía da USC e será impartida por profesionais do Programa de Intervención Intensiva en Conduta Suicida do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Trátase do primeiro programa deste tipo que se implementou no Servizo Galego de Saúde, en 2008, e desde entón ten demostrado unha elevada eficacia.

María Teresa Reijas Ruíz, psicóloga especialista en Psicoloxía Clínica; Marina González González, psiquiatra; e Amparo González García, enfermeira especialista en Saúde Mental, ofrecerán unha contribución valiosa non unicamente no plano teórico, senón tamén pola súa grande experiencia práctica no Programa.

O suicidio é actualmente a segunda causa de defunción no grupo de idade entre 15 e 29 anos, cunha taxa a nivel galego notablemente superior á estatal (11,9 casos por cada 100.000 habitantes, mentres que a estatal se sitúa en 7,46). Ten un grave impacto nas familias, pero tamén en toda a comunidade, polo que é importante que o GIPCE, que intervén en sucesos destas características, inclúa no seu adestramento un maior coñecemento desta problemática. Deste modo e grazas á formación permanente, os psicólogos e psicólogas que interveñen en situacións de emerxencias contarán coas ferramentas e habilidades necesarias para a realización dunhas intervencións máis especializadas e efectivas. 

Mañá sábado 15 de decembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia  organiza o obradoiro “Trata de seres humanos con fins de explotación sexual”, co que se pretende proporcionar una visión socio-xurídica do delito de trata con fins de explotación sexual, afondar nas dificultades e secuelas psicolóxicas que presentan ás vítimas de trata de seres humanos e identificar os distintos instrumentos e protocolos de detección e intervención así como os recursos de atención a vítimas existentes en Galicia.

A falta de accesibilidade real ao tratamento psicolóxico na sanidade pública galega foi a principal conclusión da xornada que esta mañá se desenvolveu no Hospital de Oza da Coruña, con motivo do 20 aniversario da creación da especialidade de psicoloxía clínica, na que participaron os psicólogos e psicólogas clínicas da EOXI da Coruña, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a Asociación de Psicólogos/as Clínicos/as do SERGAS (APCS) e o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM).

“A cidadanía ten dereito a dispoñer das prestacións sanitarias establecidas regulamentariamente para toda a poboación en condicións de equidade e xustiza. Privar a unha parte da poboación infantil e adolescente da comarca de Bergantiños e as súas familias dos tratamentos psicolóxicos que viñan recibindo de xeito abrupto, arbitrario e inxustificado supón unha grave irresponsabilidade. Bloquearlles o acceso a un profesional da psicoloxía clínica aos nenos e adolescentes dos concellos de Carballo, Ponteceso, Malpica, Coristanco, A Laracha e Cabana é unha forma de discriminación inédita e vergonzosa”, sinalaron nas conclusións presentadas ao final das xornadas.

Por iso, desde todos os colectivos intervenientes demandaron ás autoridades sanitarias “a inmediata subsanación desta situación” e animaron ás administracións locais destes concellos afectados a que esixan a restitución da prestación dos servizos de psicoloxía clínica suprimidos, así como ás familias para que presenten reclamacións para recuperar estes dereitos conculcados.

“Os tratamentos psicolóxicos son intervencións de primeira elección na meirande parte dos casos atendidos na Unidade de Saúde Mental Infantoxuvenil e tamén de adultos; son tratamentos eficaces e eficientes, ben tolerados polo paciente, ofrecen seguridade e manteñen os seus resultados beneficiosos no tempo”, indican.

Por iso consideran imprescindible “un maior acceso aos tratamentos psicolóxicos en todos os niveis asistenciais (Atención Primaria, Atención Ambulatoria Especializada e Hospitalización) en todo o Servizo Galego de Saúde”, xunto coa necesidade de que se poida derivar directamente desde Atención Primaria aos facultativos/as especialistas en Psicoloxía Clínica.

“A administración sanitaria debe levar a cabo accións encamiñadas para pasar da taxa de profesionais de psicoloxía clínica actual, en 3,5 psicólogos/as clínicos/as cada 100.000 habitantes, para que se achegue de maneira urxente á media europea, de 18 profesionais cada 100.000 habitantes”, advertindo de que o rol de Facultativo Especialista de Área en Psicoloxía Clínica, coas funcións que ten atribuídas, non pode ser “substituído, suplantado nin subsumido por ningún outro profesional sen menoscabo da saúde dos doentes”. 

Este sábado 1 de decembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) organiza o II Encontro de Psicoloxía e tecnoloxía, centrada nas necesidades e oportunidades das empresas de base tecnolóxica que poden ser abordadas desde a psicoloxía, como a intelixencia artificial ou a linguaxe natural, entre outras.

Psicólogos e psicólogas de todo o Estado participarán neste encontro que se desenvolverá entre as 9:30 e as 13:30 horas na Facultade de Psicoloxía da USC, no seu Salón de Xuntas. Marco A. Piña Sánchez, director de vendas de Nuance Communications para o Sur de Europa, explicará a experiencia desta empresa líder mundial en sistemas de recoñecemento de voz e de automatización das relacións humanas coas máquinas, con asistentes persoais ou con vehículos, entre outros. Esta compañía opera directamente nas relacións entre persoas e sistemas tecnolóxicos, onde xorden retos nos que a psicoloxía é crucial, como a linguaxe natural, os modos de relacións, as emocións, a actitude, a norma social e situacional etc.

Á continuación, Julio González Morandeira, vogal de innovación e tecnoloxía da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG, centrarase no reto tecnolóxico para a psicoloxía, con aspectos como a identificación de novos espazos profesionais, de novas saídas, as achegas da psicoloxía en dispositivos, aplicacións ou mesmo na robótica,  sempre co eixo central das relacións entre as tecnoloxías e o ser humano. A longa traxectoria de González Morandeira no eido TIC como psicólogo, tanto nunha consultora tecnolóxica como no Concello de Lugo onde é responsable de innovación, permitirán unha aproximación moi interesante desde a profesión.

A última intervención correrá por conta da asesora xurídica do COPG, Cecilia Barros Díaz, que se centrará na ética das tecnoloxías, tras a que se abrirá o debate ás persoas asistentes. Así, tentarase poñer de relevancia o peso do psicolóxico na ecuación máquina-persoa nun ámbito, o das TIC, onde ata o momento tiñan maior protagonismo outras disciplinas científicas como as enxeñerías ou a economía, sen perder de vista a perspectiva ética.  

Este encontro enmárcase dentro das actividades programadas desde este xoves 29 de novembro que se desenvolverán no COPG en conxunto coa División de Psicología del Trabajo, de las Organizaciones y de los Recursos Humanos (PTORH) do Consejo General de la Psicología, que agrupa a todos os colexios profesionais de psicoloxía do conxunto do Estado, tras manter sesións de traballo conxunto entre o COPG e a División durante o xoves 29 e o venres 30. 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa o seu absoluto rexeitamento e fonda preocupación polas decisións aprobadas polo Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña que deixaron a toda a poboación menor de 16 anos da área sanitaria da Coruña sen psicólogo/a clínico/a de referencia desde o mes de outubro.

Isto aconteceu tras facer certos reaxustes no equipo, o que implicou que os nenos e nenas que viven en Carballo, Malpica de Bergantiños, Caión, Ponteceso, A Laracha, Cabanas e Coristanco deixaron de dispoñer dos tratamentos psicolóxicos que viñan recibindo. debendo facer, en todo caso, o seu seguimento un psiquiatra expresamente contratado para tal fin.

Ademais de supoñer unha discriminación inxustificada no catálogo de prestacións sanitarias para unha parte da poboación, preténdese suplantar o rol profesional do/a especialista en psicoloxía clínica ofrecendo un profesional que conta cunhas habilidades e unha preparación significativamente diferentes. Así, mentres que o/a psicólogo/a clínico/a posúe unha capacitación ampla sobre técnicas de avaliación e intervención psicolóxica individual e familiar, os psicofármacos son as armas terapéuticas fundamentais do/a psiquiatra.

As técnicas de avaliación e tratamento psicolóxico son de primeira elección ou de preferencia maioritaria na totalidade das guías de práctica clínica que abordan a saúde mental da poboación infanto-xuvenil; isto é, están avaladas pola evidencia empírica por encima doutras modalidades de intervención (que teñen menos eficacia ou máis riscos).

Esta decisión engádese a outras previas que supoñen, no seu conxunto, limitar a accesibilidade aos tratamentos psicolóxicos, unha prestación recollida na carteira de servizos do SERGAS e un dereito da poboación. Así, desde o ano 2011, os pacientes ingresados na planta de psiquiatría do Hospital de Oza non dispoñen de ningún profesional da psicoloxía que poida planificar e implementar tratamentos psicolóxicos como viña sucedendo ata entón e segue ocorrendo no resto dos hospitais galegos.

No mesmo senso, os/as profesionais da área veñen demandando desde hai anos que os pacientes que o precisen poidan ser remitidos desde o/a médico/a de atención primaria directamente ao/á especialista en psicoloxía clínica, sen necesidade de agardar que o/a psiquiatra de referencia teña que dar o seu visto bo.

O COPG recorda que a categoría profesional de Facultativo Especialista de Área outorga aos psicólogos e psicólogas o mesmo status legal, responsabilidade e capacidade asistencial na súa área de coñecemento que para o resto das especialidades sanitarias. Ditas limitacións, vetos e ostracismo promovidos por profesionais alleos á psicoloxía recortan selectivamente os dereitos da poboación e impiden desenvolver con autonomía e eficacia unha profesión de recoñecido prestixio social.

Desde o Colexio de Psicoloxía de Galicia faise un chamamento aos poderes públicos, e en especial á administración sanitaria, para que dispoña os medios que permitan reverter a alarmante situación exposta e que facilite á poboación un acceso equitativo, racional e eficaz aos tratamentos psicolóxicos. Por iso é imprescindible que se produza a convocatoria inmediata das prazas necesarias de psicólogos/as clínicos/as, dada a notoria escaseza destes profesionais na sanidade pública galega tal e como veñen investigando tanto o Valedor do Pobo como o Defensor del Pueblo.

O próximo venres, 23 de novembro, dará comezo a vixésimo terceira edición das Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde que neste ocasión se centran nas tecnoloxías emerxentes e nos retos que supón unha contorna dixital para a psicoloxía. Será a primeira vez que este importante encontro profesional de carácter autonómico se celebre no concello ourensán do Carballiño, que congregará a un cento de psicólogos e psicólogas do ámbito da saúde.

Nestas Xornadas, que levan por título "Das vellas tecnoloxías ás tecnoloxías emerxentes; a dixitalización das contornas e das relacións" tentarase reflexionar sobre o impacto tanto na sociedade en xeral como na propia práctica clínica. O venres 23 e o sábado 24 haberá oportunidade de debater sobre o impacto da intervención terapéutica online, das aplicacións tecnolóxicas que se están a empregar no eido psicolóxico ou preocupacións tan en auxe como as adiccións sen substancia ás tecnoloxías.

O Concello do Carballiño e mais o Casino desta mesma localidade son entidades colaboradoras das Xornadas, que contan co aval da Asociación Salud Digital e que teñen o recoñecemento de formación continuada do Sistema Nacional de Saúde. O comité organizador está integrado por José Manuel Fariñas Darriba e Marina Ortega Otero, mentres que forman parte do comité científico desta edición José Manuel González González, Ana López Durán e José Eduardo Rodríguez Otero.

O presidente da Asociación Salud Digital, Jaime del Barrio Seoane, médico e actualmente senior advisor na área de "Healthcare & Life Sciences" de Ernst & Young, será o encargado de ofrecer a conferencia inaugural o venres 23, que leva por nome "A xestión da saúde nun click: mapas da era dixital, evolución, situación actual e perspectivas". A seguir, será o momento da análise da terapia online, coa experiencia da psicóloga clínica Mar Aparicio Sanz e do médico psiquiatra Óscar Fernández Torre, de Cantabria, mentres que a avogada Cecilia Barros Díaz exporá os aspectos xurídicos e deontolóxicos do uso de novas tecnoloxías na práctica psicolóxica.

Xa na tarde do venres exporanse dúas caras opostas do impacto tecnolóxico na vida das persoas. Por unha banda, a psicóloga de FEAFES Galicia - Ourense, Patricia Gómez Salgado, reflexionará sobre como estas ferramentas poden favorecer a dinamización e a integración; mentres que o psiquiatra da Unidade de Condutas Adictivas de Ourense Gerardo Flórez Menéndez tratará o abuso do tecnolóxico.

Pechará a xornada do venres unha mesa sobre as potencialidades comunicativas que ofrecen as TIC. O psicólogo clínico Xacobe Abel Fernández García exporá a súa experiencia na moderación dun grupo nas redes sociais para a dinamización profesional, mentres que a psicóloga María José Fares Varela e experta en xerontoloxía tratará sobre a fenda dixital e como superala.

Na xornada do sábado será a quenda de aplicacións tecnolóxicas: "e-Motional Training" para o tratamento e a rehabilitación do funcionamento cognitivo será exposto polo psiquiatra Alexandre García Caballero, do Complexo Hospitalario de Ourense; mentres que Lucía Maneiro Santamaría e Rafael Tourón Estévez reflexionarán sobre as posibilidades da realidade virtual aumentada para a resolución de dificultades como creadores do software PsicoVR.

O peche destas xornadas correrá por conta de Ana Calero Elvira, doutora en Psicoloxía e directora da Clínica Universitaria do Centro de Psicoloxía Aplicada da Universidad Autónoma de Madrid, que presentará a conferencia titulada "O impacto das tecnoloxías emerxentes na atención psicolóxica: reflexións e consideracións desde 'o tradicional'".

Tamén haberá oportunidade para actividades internas da Sección de Psicoloxía e Saúde, como a presentación do Anuario de Psicoloxía e Saúde, unha publicación que chega ao seu décimo primeiro número e que nesta ocasión se centra no humor. Tamén se presentarán as comunicacións libres e pósteres que poden ser remitidas polos colexiados e colexiadas nas que se trate calquera temática relacionada coa psicoloxía clínica ou da saúde. As mellores, tanto en formato oral como escrito, recibirán un bono formación da Sección de Psicoloxía e Saúde por valor de 200 euros, ademais de publicarse no vindeiro número do Anuario de Psicoloxía e Saúde de 2019.

As Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde son o encontro científico de maior antigüidade organizado polo COPG, desde as primeiras celebradas en 1996, que buscan promover o intercambio de experiencias e coñecementos desta área entre o colectivo profesional da psicoloxía e da saúde, así como promover a actualización científico-técnica en materias específicas. Esta iniciativa impulsada polo COPG está recoñecida como unha Actividade de Interese Sanitario por parte da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia. Vai dirixida a psicólogas e psicólogos colexiados; estudantes de psicoloxía e outros/as profesionais interesados na temática a tratar.

De esquerda a dereita, José Manuel González González e José Manuel Fariñas Darriba, presidentes dos comités científico e organizador das Xornadas; Noelia González Carramal, presidenta do Casino Recreativo e Cultural do Carballiño, e Marina Ortega Otero, concelleira de Benestar Social, Igualdade e Sanidade do Concello do Carballiño.

 

José Manuel Fariñas Darriba e José Manuel González González, presidentes do Comité Organizador e Científico das Xornadas..

Hoxe venres 26 de outubro en sesión de tarde e mañá sábado 27 de outubro ao longo de todo o día, cincuenta psicólogos e psicólogas completarán a súa formación sobre as perspectivas actuais no trauma, dentro do contexto de emerxencias e catástrofes nun curso que se desenvolverá na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.  

O curso ten como obxectivo facilitar a adquisición de coñecementos e ferramentas para  identificar mellor as respostas comúns ante situacións de crise e trauma, tratando de  familiarizar as persoas asistentes cos diferentes tipos de intervención dentro do ámbito das emerxencias e catástrofes. O curso, que celebra a súa segunda edición, despois da celebrada no pasado mes de maio, xurde como unha necesidade formativa  proposta polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, contando co recoñecemento sanitario da Consellería de Sanidade.

Nesta formación analizaranse as novas conceptualizacións sobre trauma, as reaccións individuais máis comúns ante este tipo de eventos que poden experimentar as persoas afectadas por unha traxedia, así como o tipo de trastornos psicolóxicos que poden ir asociados a situacións de crise, e os distintos tipos de intervención que se poden levar a cabo nestes casos.

A docente responsable será a psicóloga clínica e investigadora Dolores Mosquera Barral, figura de amplo recoñecemento nacional e internacional no eido dos traumas complexos e trastornos da personalidade, sendo tamén unha recoñecida especialista en terapias de nova xeración como terapia sensoriomotora, mindfulness ou de aceptación e compromiso, entre outras. No ano 2017 recibiu o premio David Servan-Schreiber pola súa contribución no eido da terapia EMDR. Esta psicóloga forma parte da rede de terapeutas dos Programas de Atención Psicolóxica a Vítimas de Violencia de Xénero conveniado entre o COPG e a Xunta de Galicia, así como coa Rede Nacional de Atención a Vítimas do Terrorismo. É directora do centro clínico Intra TP na Coruña e Santiago de Compostela sobre o tratamento e estudo do trauma.

Mañá venres e durante dúas fins de semana, un total de 31 psicólogos e psicólogas formaranse para intervir en emerxencias e catástrofes grazas a un curso que se desenvolverá en Santiago de Compostela os días 14, 15, 28 e 29 de setembro. Nesta actividade ofertada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia coñecerán as pautas nas actuacións do GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias) do COPG e deste xeito poden adquirir os coñecementos, técnicas e habilidades para o desempeño profesional en contextos de emerxencias.

 

No curso analizaranse as distintas reaccións individuais e grupais das persoas afectadas que poden experimentar en situacións de catástrofes e emerxencias e que tipo de trastornos poden asociarse. Así mesmo, revisarase o papel e a función do psicólogo ou psicóloga, os seus obxectivos e os principios de actuación, así como as ferramentas que teñen á súa disposición, tendo en conta as características específicas deste tipo de circunstancias. A planificación, a xestión da información e a comunicación serán obxecto de reflexión nas xornadas, pero tamén se terá en conta o coidado dos e das intervenientes.

 

Unha das docentes será Avelina Senra Comesaña, psicóloga clínica, membro do GIPCE desde 2004 e que formou parte do Grupo de Apoio a Intervenientes . Completa o cadro docente a psicóloga Olegaria Mosqueda Bueno, psicóloga e membro do GIPCE desde 2005, forma parte do grupo de xefas de garda, ademais de contar coa acreditación de Experta en Psicoloxía de Emerxencias e Catástrofes do Consejo General de la Psicología.

 

O curso, de perfil teórico-práctico impartirase na sede da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.

 

 

O GIPCE

 

O GIPCE é un grupo de psicólogos e psicólogas colexiados e especializados na atención psicolóxica en situacións de emerxencia e catástrofes. Coa súa intervención procuran minimizar o impacto nas persoas afectadas, restaurar as súas capacidades e recursos para que poidan resolver o máis eficazmente a situación de estrés e previr posibles problemas psicolóxicos posteriores. Tamén asesoran a dirección da emerxencia sobre o impacto psicolóxico das súas actuacións nos colectivos afectados, e realizan unha tarefa de autocoidado do grupo, intervindo para diminuír o nivel de estrés dos intervenientes tras realizar unha intervención.

 

O GIPCE actívase a través do 112 e intervén durante o tempo que dura a situación crítica, en contextos como accidentes, inundacións, naufraxios, desaparicións, secuestros, situacións de violencia etc., nas que haxa persoas afectadas que precisen de atención psicolóxica, e sempre e cando as persoas afectadas acepten a súa participación. Pertence ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e desde o ano 1997 conta cun convenio coa Xunta de Galicia.

 

A súa andaina comezou en 1996, cos movementos sísmicos de Lugo e Ourense, baixo o nome de Grupo de Protección Civil. A partir dos atentados do 11-M no 2004 deu un salto cualitativo e cuantitativo, e xerouse unha rede de profesionais capaz de dar unha resposta eficaz neste tipo de situacións todos os días do ano.

A partir de mañá, a atención psicolóxica no sistema público de saúde galego pasará a exame por parte dos propios profesionais, nunha xornada baixo o título "O lugar de encontro bio-psico-social", organizada conxuntamente polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a Asociación de Psicólogos Clínicos do Sergas e a Asociación Galega de Psicólogos Internos Residentes - Agapir. Este encontro profesional que reunirá a máis de 80 psicólogos/as terá lugar mañá venres 15 de xuño no Antigo Hospital de San Roque, en Santiago de Compostela, desde as 9 da mañá ata as 18 horas, e continuará na mañá do sábado 16 na sede do COPG.

Trátase dun importante encontro profesional no que se porá o foco na importancia de integral a visión bio-psico-social nas políticas de saúde e na cooperación entre os distintos perfís profesionais implicados. Unha necesidade de colaboración interdisciplinar que se materializa na participación de profesionais da medicina de familia e comunitaria, así como de pediatría en atención primaria, dentro do programa desta Xornada. 

Mañá sábado 9 de xuño, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ofrece un curso dirixido psicólogos e psicólogas en relación co protocolo para a tenencia de cans considerados como perigosos, que se desenvolverá ao longo da mañá na sede do COPG en Santiago de Compostela. 

Dada a presenza cada vez máis maioritaria dos cans na vida das persoas, incluso coa aparición das que se coñecen como "familias multiespecie" e, como consecuencia da lexislación vixente que determina as condicións precisas para a súa tenencia, desde o COPG organizouse este curso para abordar en que consiste unha tenencia responsable e como conseguir un can equilibrado. Cómpre ter en conta que o número de cans perigosos duplicouse desde 2013, e segundo as estatísticas, 3 de cada 4 propietarios recoñece descoñecer a lexislación que lles afecta.

Á marxe da envergadura dos animais e da súa capacidade física para causar lesións, as coñecidas como razas potencialmente perigosas non son, en realidade máis agresivas do que pode chegar a ser un can non incluído nesta listaxe, cando se sente ameazado. De feito, no mundo canino adoita dicirse que non existen cans perigosos, senón propietarios irresponsables, o que evidencia o papel da psicoloxía neste asunto.

Por isto, no curso estudarase a relación can-humano, a súa socialización e os posibles problemas de comportamento que pode presentar o animal, para o que se abarcará a súa resolución mediante a educación en positivo. Ángel Mollá Marcos, educador canino homologado pola Xunta de Galicia, e Noemí Graña Torralba, licenciada en Veterinaria con posgrao en Etoloxía Clínica, na especialidade de Medicina do Comportamento, serán os responsables da docencia deste primeiro curso sobre cans perigosos que se imparte no Colexio. 

A loita contra o intrusismo, a empregabilidade e a consolidación da profesión son
os principais compromisos para a actual lexislatura

Renovada a Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia 

  • Mª Rosa Álvarez Prada encabeza de novo como decana a Xunta de Goberno do COPG, que se renovou nunha terceira parte. 
  • O 5 de xuño tomou posesión o actual equipo, que pretende que o Colexio de Psicoloxía sexa o "verdadeiro motor de transformación para a dignificación, a identidade e o prestixio da profesión fronte a amezas como as pseudociencias ou o intrusismo". 

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2018 - Esta semana tomaron posesión dos seus cargos a nova Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, un equipo de trece psicólogas e psicólogos encabezados pola decana, Mª Rosa Álvarez Prada, que recunca no posto directivo coa intención de dar continuidade ao proxecto iniciado na lexislatura previa.

"A consolidación da psicoloxía na sociedade, a empregabilidade e a loita contra o intrusismo, así como a defensa da psicoloxía como profesión imprescindible no sistema público, serán as áreas prioritarias do noso equipo", explicou a decana. Incorpóranse á Xunta de Goberno catro novas psicólogas, coas que se procurou buscar unha renovación e impulso para a dirección da corporación que agrupa a máis de 3.000 profesionais da psicoloxía en toda Galicia.

Para Mª Rosa Álvarez, "é tempo de que os psicólogos e psicólogas ocupemos o lugar que nos corresponde na sociedade, e que se nos demanda, e o Colexio debe ser o verdadeiro motor de transformación para a dignificación, a identidade e o prestixio da profesión fronte a ameazas externas, como as pseudociencias, o intrusismo ou a precariedade", asegurou a través dun comunicado difundido a todos os colexiados e colexiadas.

A formación e o desenvolvemento profesional, así como o rigor e a deontoloxía na práctica da psicoloxía, serán dous dos alicerces desta Xunta de Goberno. Así mesmo, traballarase perseguindo o intrusismo profesional, xa que é unha das preocupacións maiores ás que se enfronta este colectivo, con novas figuras que carecen da fundamentación científica e do rigor profesional esixido á psicoloxía, poñendo en risco a saúde e o benestar das persoas.  

A visibilización da profesión e a súa difusión entre a sociedade dos distintos ámbitos de exercicio da psicoloxía, a colaboración coa universidade e a transformación dixital do Colexio son tres dos retos que se expoñen por diante deste colectivo. 

Imaxe da nova Xunta de Goberno. 

De esquerda a dereita, na fila superior: 

Víctor Manuel Torrado Oubiña,  Fátima López Rodríguez, Eva Muíño Gómez, Hipólito Puente Carracedo, Mª Rosa Álvarez Prada, Miguel Ángel Chouza Ponte, Marina Ortega Otero, José Manuel Oreiro Blanco.

Na fila inferior:  Carmen González Pais, Ana Isabel Martínez Arranz, Socorro Rodríguez Holguín, Mª Concepción Rodríguez Pérez e Sandra Fernández Rodríguez.

Mañá sábado 2 de xuño, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ofrece un obradoiro destinado aos psicólogos e psicólogas intervenientes nos servizos de mediación intraxudicial en Galicia, conveniados coa Xunta de Galicia e o COPG. Neste obradoiro, baixo o título "Prácticas narrativas en mediación familiar", preténdese actualizar en técnicas e estratexias de mediación, á vez que analizar a práctica en mediación ante casuísticas especiais.

No programa tratarase as historias de conflito que se contan en mediación familia e como se transforman as narrativas en conflito; así como os efectos deteriorantes dos conflitos na vida das familias e exparellas, ou cuestións éticas da mediación familiar.

O relator deste obradoiro é o psicólogo José María Rodríguez de Castro, que traballa desde 2015 como terapeuta familiar no Programa de Prevención e Preservación Familiar Rumbo de Opción 3 en Canarias (La Laguna, Tenerife), dirixido a adolescentes e as súas familias, do Goberno de Canarias en colaboración coa Dirección Xeral de Protección á Familia e a Infancia e a Fiscalía Provincial de Menores.

Ten exercido como terapeuta familiar en Protección á Infancia e a Familia no equipo do Servizo de Infancia e Familia (Consell de Mallorca), especializado en rehabilitación de traumas asociados á desprotección. Foi profesor asociado de 2007 a 2015 en Traballo Social na Universidade das Illas Baleares (UIB) e tamén impartiu formación no Experto Universitario en Intervención Sistémica Breve da Universidade de La Laguna (ULL) e do Máster de Mediación Familiar da UIB, entre outros.

A avaliación e intervención sobre os trastornos da conduta alimentaria será o eixo do curso que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia os vindeiros días 1 e 2  de xuño no Hospital Marítimo de Oza, pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Esta actividade centrarase especialmente na abordaxe dos trastornos cronificados, ao tempo que pretende coñecer mellor o modelo que se está a empregar no Hospital Universitario La Paz, en Madrid.

A docente, Rosa Calvo Sargadoy, doutora en Psicoloxía, exerce como psicóloga clínica no servizo de Psiquiatría e Psicoloxía Clínica do hospital madrileño, onde dirixe varios programas de tratamento para trastornos de conduta alimentaria. Conta cunha ampla experiencia docente e clínica, ten elaborado varias guías e probas para a avaliación e o asesoramento sobre trastornos da conduta alimentaria. Na formación desta fin de semana presentará as bases teóricas e prácticas da intervención seguindo o modelo de capacitación familiar cognitivo/emocional para o tratamento dos TCA utilizado no Hospital La Paz.

O curso que organiza a Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, forma parte do programa formativo co que o Colexio pretende promover a actualización dos coñecementos dos/das profesionais da Psicoloxía na nosa Comunidade.

Mañá xoves 31 de maio, a sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza un obradoiro sobre o desenvolvemento da intelixencia emocional no contexto educativo, que terá lugar na sede colexial en Santiago de Compostela entre as 17:00 e as 19:00 horas.

A intelixencia emocional é un constructo moi versátil e interesante á hora de traballar tanto no propio crecemento persoal como na mellora no ámbito psicolóxico, sendo especialmente importante tanto na educación como na orientación educativa, xa que o desenvolvemento das habilidades emocionais durante a idade escolar é un factor decisivo para favorecer maiores niveis de benestar persoal, mellor rendemento académico e un funcionamento social máis positivo na aula e fóra dela.

O obradoiro será impartido polo psicólogo Daniel Novoa Vidal, terapeuta no gabinete Ítaca de Vigo e que conta co seu propio programa de Educación Emocional para educación infantil e primaria. Tamén dirixe a www.escuelaparaeducadores.com onde imparte formación tanto para o profesorado como a monitores de comedor e estudantes de Maxisterio.

As persoas asistentes terán a oportunidade de obter unha visión xeral do que é a intelixencia emocional enmarcada na educación emocional e experimentar os contidos con dinámicas especialmente deseñadas e seleccionadas para unha correcta e divertida asimilación.

Os vindeiros días 25 e 26 de maio, os psicólogos e psicólogas do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio de Psicoloxía formaranse sobre as novas perspectivas en trauma. O curso ten como obxectivo facilitar a adquisición de coñecementos e ferramentas para  identificar mellor as respostas comúns ante situacións de crise e trauma, tratando de familiarizar as persoas asistentes cos diferentes tipos de intervención dentro do ámbito das emerxencias e catástrofes.

A actividade terá lugar na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, terá continuidade en outubro e xorde como unha necesidade formativa proposta polo GIPCE, contando co recoñecemento sanitario da Consellería de Sanidade.

Na formación analizaranse as novas conceptualizacións sobre trauma, as reaccións individuais máis comúns ante este tipo de eventos que poden experimentar as persoas afectadas por unha traxedia, así como o tipo de trastornos psicolóxicos que poden ir asociados a situacións de crise.

A docente será a psicóloga clínica e investigadora Dolores Mosquera Barral, figura de amplo recoñecemento nacional e internacional no eido dos traumas complexos e trastornos da personalidade, ademais de ser tamén unha recoñecida especialista en terapias de nova xeración como terapia sensoriomotora, mindfulness, aceptación e compromiso e outras. No ano 2017 recibiu o premio David Servan-Schreiber pola súa contribución no eido da terapia EMDR.

Dolores Mosquera forma parte da rede de terapeutas dos Programas de Atención Psicolóxica a Vítimas de Violencia de Xénero do COPG conveniado coa Xunta de Galicia, así como da Rede Nacional de Atención a Vítimas do Terrorismo. É directora do centro clínico Intra TP na Coruña e en Santiago de Compostela sobre o tratamento e estudo do trauma.

Os días 11 e 12 de maio, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolle un curso introdutorio á Terapia de Aceptación e Compromiso (ACT), que se celebrará na súa sede compostelá e no que participarán 30 psicólogos e psicólogas.

A Terapia de Aceptación e Compromiso forma parte das chamadas terapias de terceira xeración, que xurdiron como unha evolución dos modelos terapéuticos cognitivo-condutuais máis tradicionais. Fronte a estes, que se centran en combater as condutas e eventos privados que xeran malestar e substituílos por outros máis adaptativos, a Terapia de Aceptación e Compromiso defende a necesidade de abandonar os esforzos por desfacerse deles ao considerar que hai certo tipo de malestar na vida das persoas que é inevitable, xa que hai aspectos que escapan ao noso control e resistirse a eles só incrementaría ese sufrimento.

Os estudos realizados ata o momento indican que a Terapia de Aceptación e Compromiso está obtendo bos resultados no tratamento de diversos trastornos psicolóxicos e problemas de saúde (depresión, trastornos de ansiedade, dor crónico...), así como ante situacións vitais diversas que implican malestar (dó, perdas, estrés laboral...). Por iso, considérase necesario ofrecer unha formación especializada aos profesionais interesados en afondar neste modelo, co obxectivo de que dispoñan de coñecementos actualizados, tanto teóricos como prácticos, para poder aplicalos na súa práctica diaria.

Este curso organizado pola Sección de Psicoloxía e Saúde pretende proporcionar aos asistentes ferramentas e estratexias terapéuticas para intervir desde o modelo ACT, e xurde dun crecente interese nos últimos tempos cara este tipo de aproximacións terapéuticas. Esta actividade formativa será impartida por Thaïs Tiana Sastre, psicóloga do Programa de Prevención de Suicidio e do Programa de Atención ao Supervivente do Hospital de la Santa Creu i Sant Pau de Barcelona, e está coordinada pola psicóloga clínica Alba Fernández Revaldería.

Mañá venres 11 e o sábado 12 de maio, os máis de cen psicólogos e psicólogas que integran a rede dos programas de atención psicolóxica especializada no ámbito da violencia de xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia participarán nunha formación na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) . Neste curso abordarse a perspectiva de xénero ao longo da intervención psicoterapéutica

Nesta xornada formativa contarase con Áurea Losada Quintairos, Manuel Lopo Lago e María Piensos Linares. As persoas responsables de impartir este curso son profesionais especialistas en psicoloxía clínica, terapeutas familiares e supervisores docentes pola Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar.

Para o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia a introdución da psicoloxía en atención primaria é unha das máis antigas reivindicacións e unha das necesidades máis urxentes para a asistencia en saúde mental na nosa Comunidade.

  • Este martes a decana do COPG, María Rosa Álvarez Prada, mantivo un encontro co Director de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, a quen lle trasladou as principais dificultades da atención psicolóxica na rede pública.  

 

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2018.- O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia propuxo esta semana a posible incorporación de psicólogos e psicólogas nos centros de saúde galegos nunha xuntanza que mantivo coa Consellería de Sanidade. Así llo trasladaron a decana do Colexio, Mª Rosa Álvarez Prada, e o presidente da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, José Eduardo Rodríguez Otero, no encontro deste martes 3 de abril co director de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal.

Galicia non pode ser a última Comunidade autónoma en incorporar a psicoloxía clínica nos servizos de Atención Primaria. En Aragón, Asturias, Cataluña, Illas Baleares, Madrid e Valencia está aprobado ou xa comezaron a funcionar. A Organización Mundial da Saúde estima que en 2020, a depresión e a ansiedade serán a primeira causa de incapacidade laboral, unhas baixas que adoitan ter unha longa duración, unha cuestión que só se aborda a través da farmacoloxía. Unha de cada cinco persoas consume ansiolíticos, hipnosedantes ou antidepresivos no noso país: estamos á cabeza de Europa en consumo de psicofármacos e á cola en psicoloxía clínica na rede pública.

Está demostrada a eficiencia da psicoloxía en atención primaria, na que estudos probaron que se produce un aforro de 4 dólares por cada un investido, e para mellora a saúde das persoas. De feito, reduce as derivacións ás Unidades de Saúde Mental ao atallar as problemáticas en situacións máis temperás.

Desde o COPG enténdese que é tempo de que a psicoloxía en concreto e a saúde mental en xeral deixen de ser as irmás pobres do sistema público de saúde e que se garantan os dereitos recollidos nas distintas lexislacións, tanto autonómicas como estatal, así como as recomendacións da Organización Mundial da Saúde.

Tamén se lles trasladou a urxencia en incrementar as contratacións de facultativos especialistas en psicoloxía clínica, xa que actualmente traballan 94 psicólogos/as clínicos/as no Sergas, o que ten como consecuencia, entre outras, que existan dispositivos sen psicólogos/as clínicos/as, como o Hospital de Día de Santiago de Compostela, ou nos que non se cobre a dotación mínima precisa (Unidades de Saúde Mental con PC a tempo parcial).

Na EOXI da Coruña non se chega a 3 especialistas en psicoloxía clínica por cada 100.000 habitantes, e na de Pontevedra-O Salnés, a ratio é aínda máis baixa: 2,6/100.000 habitantes. Na última década convocáronse 3 prazas na Oferta Pública de Emprego do Sergas e ningún psicólogo/a interno residente formado en Galicia nas últimas 8 xeracións traballa na nosa comunidade.

Así mesmo, reiterouse a importancia de reforzar a autonomía profesional, por unha banda, coa creación de servizos propios de psicoloxía clínica, así como coa retirada a limitación de acceso ao/á especialista en psicoloxía clínica desde atención primaria, como está a pasar en Ourense e na Coruña, o que dificulta o acceso ao tratamento psicoterapéutico, recollido na carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e demandado pola cidadanía. Ademais, como as derivacións se producen no mesmo servizo, non constan as listas de espera polo que se está a ocultar un problema que vimos detectando e que chegan a superar os seis meses nalgúns casos.  

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) reivindica un axuste entre as políticas públicas no eido da discapacidade e a realidade demográfica do país, como trasladou esta mañá nunha comparecencia na Comisión non permanente para o seguimento das políticas relativas á discapacidade.

Os vindeiros días 2,3,16 e 17 de marzo máis de trinta psicólogos e psicólogas formaranse para intervir na comunicación de malas novas e procesos de dó, dentro do ámbito das emerxencias e catástrofes. O curso realizarase durante dúas fins de semana na sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP)  en Santiago de Compostela. Nesta actividade ofertada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia traballarase sobre as pautas e as actuacións do GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias) do COPG, para que deste xeito as persoas participantes poidan adquirir os coñecementos, as técnicas e as habilidades para o desempeño profesional en situacións de emerxencia.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia presenta este sábado 24 o proxecto "Cambios na fala, cambios na mente", co que se pretende sensibilizar sobre os estereotipos perpetuados respecto ás persoas maiores e modificar estas formas de referilos. 

 

A presentación será no Centro Sociocultural de Santa Marta ás 13 horas (Rúa Antonio Rama Seoane 6, Santiago de Compostela) e estará aberta aos medios de comunicación. 

En Galicia hai preto de 1.500 alumnos e alumnas con alta capacidade cognitiva, segundo o informe "Alumnado con necesidades de apoio educativo. Curso 2015-2016" que elabora o Ministerio de Educación. Este alumnado presenta unhas necesidades formativas concretas que deben ser atendidas desde a infancia, polo que o Colexio Oficial de Psicoloxía organiza unha xornada sobre esta cuestión este sábado 17 de febreiro na súa sede en Santiago de Compostela.

A atención específica ás necesidades formativas dos nenos e nenas con altas capacidades cognitivas ten como obxectivo principalmente o de lograr un desenvolvemento harmónico, conxugando os ámbitos emocionais, educativos e sociais. A regulación lexislativa data de 1996 da que xa pasaron mais de vinte anos e, malia ser recoñecidos como alumnado de necesidades específicas de apoio educativo, non están a recibir a atención que precisan, a súa problemática é pouco coñecida e o contrario dos mitos que existen sobre eles, necesitan apoio tanto no plano intelectual coma emocional.

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia reclama tanto aos medios de comunicación como a profesionais, tamén da psicoloxía, especial respecto á intimidade das menores que se ven afectadas pola intensa cobertura mediática do asasinato de Diana Quer.

Mañá martes 23 de xaneiro ás 19.30 horas inaugurarase a mostra de pintura "Puntadas anónimas" da artista e psicóloga colexiada Encarna Álvarez Gallego na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. 

Nela poderanse contemplar varias obras que se instalarán no interior do Colexio; trátase de cadros nos que emprega tecidos procedentes da actividade de costura familiar, retallos que recolleu da súa nai, costureira, á que homenaxea con esta mostra. Con eles e empregando unha técnica mixta, que pasa polo collage ou a pintura, configura un conxunto pictórico con pezas de carácter abstracto e outras figurativas nas que xoga coas texturas e manchas de cor.

Mañá venres 19 e o sábado 20 de xaneiro o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolle na súa sede compostelá un curso sobre a avaliación e a intervención neuropsicolóxicas en persoas adultas con trastorno do desenvolvemento intelectual.

Será impartido por Susanna Esteba-Castillo, neuropsicóloga do Servizo Especializado en Saúde Mental e Discapacidade Intelectual do Parc Hospitalari Martí i Julià de Girona. O seu labor asistencial e investigador desenvolveuse fundamentalmente no campo da psicoxeriatría e da discapacidade intelectual. Ademais é relatora en numerosas charlas, coloquios, presentacións, congresos e cursos especializados en fenotipos condutuais, perfís cognitivos e alteracións condutuais en persoas con trastorno do desenvolvemento intelectual.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia iniciou un total de 31 expedientes por posible intrusismo profesional en 2017, a través da súa Comisión para a Defensa da Profesión e para a Prevención do Intrusismo. 

As actuacións abertas recollen diversas casuísticas, entre elas as de exercer funcións propias da psicoloxía sen contar coa titulación, por publicidade enganosa, por estar a exercer sen a colexiación obrigatoria ou por anunciarse como especialista en psicoloxía clínica sen contar con esta especialidade.

O Colexio ten a función de velar por que á cidadanía se lles ofrezan servizos de psicoloxía que garantan e cumpran coa calidade e as obrigas legais establecidas, xa que no seu exercicio como profesionais, está en cuestión o benestar, a saúde, a calidade de vida, a plenitude do desenvolvemento das persoas e dos grupos, nos distintos ámbitos da vida individual e social. Así pois, a colexiación é unha garantía pública de que o psicólogo ou psicóloga cumpre tanto coa titulación e cos requisitos legais para exercer, sexa cal sexa a especialidade ou área de traballo. 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa a súa preocupación e alarma ante os feitos expostos ante a opinión pública pola Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, segundo os cales as persoas usuarias non poderán acceder a consultas de psicoloxía clínica sen pasar previamente por psiquiatría. Para esta corporación de dereito público que representa a case 3.000 psicólogos e psicólogas en Galicia, resulta inaceptable que desde o Servizo de Psiquiatría deste hospital se estean a tomar decisións que vulneran o dereito dos/as pacientes a acceder a tratamentos psicolóxicos dos que poderían beneficiarse e esixe a retirada deste criterio.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia mantivo unha reunión hoxe con representantes de partidos políticos autonómicos, así como dos principais sindicatos galegos, coa intención de trasladarlles a importancia de que o Pacto de Estado pola Educación que se está a elaborar recolla a figura do psicólogo ou psicóloga educativa en todos os centros de ensino, como un aspecto esencial para abordar múltiples problemáticas como o fracaso escolar ou o bullying.

Nesta xuntanza participaron por parte do COPG a decana, Mª Rosa Álvarez Prada, xunto co vicedecano e vogal da División de Psicoloxía Educativa do Consejo General de la Psicología (que agrupa a todos os colexios profesionais do ámbito a nivel estatal), Hipólito Puente Carracedo; así como a vicepresidenta da Sección de Psicoloxía Educativa, Ana María Ulloa Lage. Foron convocados os partidos con representación no Parlamento galego, asistindo polo Partido Popular César Fernández Gil; Luca Chao por En Marea e Olalla Rodil polo Bloque Nacionalista Galego. Por parte dos sindicatos, acudiron desde Comsións Obreiras Luz López Pérez, secretaria xeral da Federación de Ensino, e Verísimo Pazos Pereira, responsable de FP e ensinanzas de Réxime Especial e Redes Sociais da mesma federación; por UXT Paula Rodríguez Noya, da Federación de Empregadas e Empregados dos Servizos Públicos, mentres que a CIG estivo representada por Diego Boquete, secretario de Acción Sindical da CIG-Ensino.

Este venres 24 e o sábado 25 de novembro, máis de 300 profesionais da loita contra a violencia machista daranse cita nas IX Xornadas da Psicoloxía contra a Violencia de Xénero en Santiago de Compostela, no Auditorio Abanca. Este encontro, que chega por primeira vez a Galicia, está promovido polo Consejo General de la Psicología, que agrupa a todos os colexios profesionais deste eido no Estado, e está organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Esta edición leva por título "Abrindo o foco. A violencia de xénero, un problema con rostros" e pretende facer fincapé en que a problemática da violencia machista vai máis alá da muller que a sofre, xa que as súas repercusións son evidentes sobre a súa contorna (fillos e fillas, outros familiares, amizades, etc.). O impacto na contorna directa da muller é innegable, aínda que adoitan considerarse como un "dano colateral"; a proposta é redefinir a loita contra a violencia de xénero e a protección como un concepto moito máis amplo e non centrado exclusivamente na muller como vítima.  

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ofrece este sábado 18 de novembro, o primeiro curso teórico práctico sobre a psicoloxía nos centros de recoñecemento, de especial interese para os psicólogos e psicólogas que exercen neste tipo de establecementos. Con isto o COPG continúa a actualizar as competencias deste colectivo, co fin de proporcionar unha maior garantía profesional nas avaliacións da poboación condutora. 

Mañá xoves 16 de novembro comeza a vixésimo segunda edición das Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde que reunirán a máis dun centenar de profesionais e que nesta ocasión se centran no estrés e o impacto nel do factor comunitario. Por primeira vez, celebrarase este importante encontro profesional de carácter autonómico no concello coruñés de Betanzos, no edificio Liceo, e que durante os tres días que duran acollerá a máis dun cento de psicólogos e psicólogas do ámbito da saúde.

"Mal de moitos, tarefa de todos. Unha ollada ao estrés desde o comunitario" é o suxestivo título desta edición, que pretende convidar á reflexión sobre como afecta á saúde das persoas o modelo de organización comunitario actual e ao mesmo tempo, dar voz a colectivos de persoas usuarias e traballadoras de diferentes contextos. Estas Xornadas contan co apoio do Concello de Betanzos e da Asociación de Comerciantes deste municipio coruñés. Carlos José Losada López, especialista en psicoloxía clínica é presidente o comité científico, mentres que a psicóloga clínica Lidia Sánchez Edreira é a presidenta do comité organizador. 

Mañá venres 10 e sábado 11 de novembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a través da Sección de Psicoloxía Xurídica, organiza un curso no que se tratará de dar unha perspectiva psicolóxica e xurídica do terrorismo, que rematará cunha terceira sesión o 16 de decembro. Esta actividade terá lugar na sede do COPG, en Santiago de Compostela, e está dirixida tanto a psicólogos e psicólogas como a estudantado do grao de Psicoloxía.

Nas últimas décadas o terrorismo global converteuse nun dos principais temores da sociedade internacional, a través da ameaza xihadista. Este fenómeno é un dos máis difíciles de conter, debido á súa rápida proliferación ao longo do planeta, sen atender a fronteiras de calquera natureza. A través desta formación pretende difundirse os coñecementos, as ferramentas e as aptitudes cos que entender mellor as circunstancias que engloban esta temática, a través dunha metodoloxía participativa. 

Mañá sábado 4 de novembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza unha xornada arredor da cultura do bo trato na infancia na que participarán relevantes profesionais da psicoloxía con experiencia en diversos ámbitos. Trátase dunha actividade central para o Colexio dado que neste 2017 ten como lema "Pola infancia". A actividade transcorrerá ao longo da mañá na sede compostelá da institución colexial e está coordinada pola psicóloga Olegaria Mosqueda Bueno. 

O 16 de novembro dará comezo a vixésimo segunda edición das Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde que neste ano se centran no estrés e o impacto nel do factor comunitario. Por primeira vez, celebrarase este importante encontro profesional de carácter autonómico no concello coruñés de Betanzos, no edificio Liceo, e que durante os tres días que duran acollerá a máis dun cento de psicólogos e psicólogas do ámbito da saúde.

"Mal de moitos, tarefa de todos. Unha ollada ao estrés desde o comunitario" é o suxestivo título desta edición, que pretende convidar á reflexión sobre como afecta á saúde das persoas o modelo de organización comunitario actual e ao mesmo tempo, dar voz a colectivos de persoas usuarias e traballadoras de diferentes contextos. Estas Xornadas contan co apoio do Concello de Betanzos e da Asociación de Comerciantes deste municipio coruñés.

Fotos: [ver enlace]

A coordinadora da Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia reflexiona sobre o sexismo na publicidade como un elemento máis que constrúe desigualdade.

Mañá mércores, 25 de outubro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolle unha conferencia sobre a psicoloxía perinatal, que se ocupa dos aspectos psicoafectivos que se dan durante o embarazo, o parto e o posparto. A conferencia comezará ás 18 horas e desenvolverase no salón de actos da sede do COPG, en Santiago de Compostela, e será impartida por Natalia Guedella Sebastián, psicóloga educativa certificada en Saúde Mental Perinatal.

Mañá sábado 21 de outubro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolle un foro sobre a as necesidades formativas e a práctica profesional na área da Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, que decorrerá na súa sede en Santiago de Compostela e que está organizada pola Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG.

Este foro é unha oportunidade para expoñer e debater sobre as competencias profesionais no ámbito das Organizacións e os Recursos Humanos, centrándose especialmente na relación entre a universidade e a realidade laboral. Cómpre valorar unha cuestión polémica e crucial como é a formación académica adquirida e a súa adaptación ao exercicio profesional: revisar as rutas académicas, os plans formativos, a investigación, os cambios sociais, as estruturas e as culturas das empresas, as súas esixencias, as políticas de empregabilidade, etc. 

Mañá sábado 21 de outubro, unha trintena de psicólogas e psicólogos achegaranse a unha innovadora ferramenta psicoterapéutica coñecida como a caixa de area. O curso está organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia vai desenvolverse no Complexo Hospitalario de Ourense ao longo de todo o día.

A caixa de area é unha técnica de avaliación e intervención de formato non verbal que naceu para traballar con nenos e nenas e que progresivamente se foi incorporando como un recurso de traballo con adolescentes e poboación adulta. Na actividade terán ocasión de coñecer tanto os materiais de traballo como as pautas para o seu uso na sesión e a súa análise. 

Desde o Grupo de Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), queremos sumarnos como organización profesional, ás celebracións da Semana Europea da Mobilidade, adheríndonos ó seu lema “Compartir lévate máis lonxe” e tratando de poñelo en práctica implicando a todos os compañeiros profesionais da psicoloxía que teñen contacto cos condutores e condutoras galegas a través dos Centros de Recoñecemento, así como, durante o desenvolvemento doutras actividades tanto formativas como rehabilitadoras de condutores infractores en todo o ámbito da CC.AA de Galicia.

Durante o noso quefacer profesional atendemos e valoramos a máis de 35.000 condutores e condutoras anualmente nos preto de 200 centros. Tamén participamos na totalidade dos cursos de recuperación total con cerca de 800 asistentes por ano. Ademais o Grupo de Tráfico e da Seguridade leva intervindo con máis de 1000 persoas condutoras infractoras coas que se intenta conseguir cambios nas actitudes  o que posibilitaría compartir dun xeito máis cívico.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) homenaxea o “Día do maior”, que se celebra o 1 de Outubro de cada ano, organizando a 2ª Xuntanza de especialistas en Psicoloxía do Envellecemento o próximo día 30 de Setembro, baixo o lema “Facendo camiño en psicoxerontoloxía: consensos básicos sobre avaliación”.

O acto, que se iniciará ás 10.00 horas no salón de actos do COPG, pretende dar continuidade á primeira das xuntanzas celebrada en xuño do presente ano, e nas que se pretende discutir e consensuar procedementos de avaliación e intervención psicolóxica nos servizos de atención a persoas maiores. Os  obxectivos principais destes encontros son basicamente dous. Por unha banda,  crear un espazo para que os psicólogos e psicólogas que traballan neste ámbito compartan experiencias e dificultades na práctica diaria e, por outra, crear unha rede profesional de apoio que permita detectar necesidades, propoñer solucións e analizar a súa eficacia.

A Fundación Andrea recibirá este venres 16 de xuño o  máis significativo galardón que concede o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, o premio Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade. O acto, que se celebrará no Pazo de San Lorenzo en Santiago de Compostela, será no marco do encontro Achegas da Psicoloxía, onde se congregan os colexiados e colexiadas desde hai xa nove anos.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) calcula que para o 2025 a poboación de persoas maiores de 60 anos superará os 1200 millóns de persoas, esperando que para o 2020 supere o 20% da poboación do planeta e recorda que o maltrato das persoas maiores é un problema social mundial que afecta da comunidade internacional, de feito considérase non só vixente, senón en proceso aínda de implantación o Plan de Acción Internacional de Madrid Sobre o Envellecemento publicado a raíz da segunda Asemblea Mundial sobre o Envellecemento celebrada en Madrid en 2002.

A Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia  expón as seguintes matizacións sobre os nenos e nenas prematuros que axuden a clarificar como ou cando desenvolver o seu proceso de ensino-aprendizaxe da maneira máis efectiva posible:

Os nenos e nenas prematuros son obxecto dun coidadoso seguimento por parte dos servizos sanitarios, tanto dos servizos de neonatoloxía como dos servizos de pediatría. Aínda que os avances da medicina e da tecnoloxía permitan a supervivencia de bebés nados cada vez máis cedo é evidente a incidencia de alteracións neurolóxicas que poden afectar á posterior adaptación de neno ou nena ao seu medio, incluído o educativo.

A Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia  expón as seguintes matizacións sobre os nenos e nenas prematuros que axuden a clarificar como ou cando desenvolver o seu proceso de ensino-aprendizaxe da maneira máis efectiva posible:

Os nenos e nenas prematuros son obxecto dun coidadoso seguimento por parte dos servizos sanitarios, tanto dos servizos de neonatoloxía como dos servizos de pediatría. Aínda que os avances da medicina e da tecnoloxía permitan a supervivencia de bebés nados cada vez máis cedo é evidente a incidencia de alteracións neurolóxicas que poden afectar á posterior adaptación de neno ou nena ao seu medio, incluído o educativo.

Este xoves 8 de xuño presentarase na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) en Santiago de Compostela a Guía “Axúdalle fronte ao acoso escolar”.

Trátase dunha guía elaborada polos membros da Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Educativa do COPG desde a práctica diaria, ante a necesidade de asesorar ás familias fronte ao acoso escolar que sofren moitos nenos e nenas e adolescentes no ámbito educativo. Nestes momentos o acoso escolar é unha problemática social que en Galicia xa supón un 10% dos casos rexistrados.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) ofrece a través dun convenio coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, dous programas de atención psicolóxica especializada e gratuíta en materia de violencia de xénero. Os devanditos programas permiten abordar de xeito integral esta grave problemática social que permanece tan vixente na sociedade actual; non son recursos paliativos senón que buscan erradicar o problema definitivamente.

 

 

Mañá sábado 1 de abril, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolle un foro sobre a xestión dos recursos humanos nas empresas, co título "A xestión das persoas nas organizacións. Negociando co futuro" e que decorrerá na súa sede en Santiago de Compostela.

Mañá venres 24 e o sábado 25 de marzo, un total de 26 psicólogos e psicólogas rematan a formación para intervir en emerxencias e catástrofes grazas a un curso que se vén realizando desde a fin de semana pasada en Santiago de Compostela. Nesta actividade proposta polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia están a coñecer as pautas nas actuacións do GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias) do COPG e deste xeito poden adquirir os coñecementos, técnicas e habilidades para o desempeño profesional en contextos de emerxencias. 

Os psicólogos e psicólogas que exercen en psicotécnicos na Comunidade galega participarán este sábado 11 de marzo nunha actividade formativa máis das que nos últimos anos destinan a afondar na avaliación neuropsicolóxica de persoas maiores no contexto do tráfico e as probas de cribado que se lle realizan a estas persoas usuarias. Este curso está organizado polo Grupo de Tráfico e Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, e ten a súa orixe na gran preocupación dos e das profesionais polo rigor nas avaliacións que realizan, especialmente no caso de persoas de idade avanzada. 

Hoxe venres 3 e mañá sábado 4 de marzo, os 107 psicólogos e psicólogas que integran a rede dos programas de atención psicolóxica especializada no ámbito da violencia de xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia participarán nunha xornada formativa na que analizarán as diferentes presentacións das secuelas da violencia, co obxectivo de poder identificalas e tratalas adecuadamente.

Esta xornada desenvolverase ao longo dos dous días completos no salón de actos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e forma parte do programa formativo anual que é de obrigado cumprimento para as psicólogas e psicólogos que integran esta rede.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa a súa máis rotunda condena ao asasinato machista cometido onte luns en Redondela, ao tempo que desexa trasladar a súa solidariedade e as súas condolencias á familia e ás persoas achegadas da vítima.

 

 

A violencia exercida por fillos/as cara aos seus pais e nais continúa en aumento e é a tipoloxía delitiva con maior crecemento entre os/as menores de idade na última década, segundo a última memoria da Fiscalía Xeral do Estado. Para mellorar a abordaxe profesional desta cuestión, a Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza en Vigo mañá sábado 18 de febreiro o obradoiro "Programas de Intervención en Violencia Filio-Parental", impartido por dous dos máis importantes expertos a nivel estatal: Juan Luis Basanta Dopico e María González Álvarez.

Os días 17 e 18 de febreiro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolle un curso sobre a avaliación e intervención neuropsicolóxica en persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), que se celebrará na súa sede compostelá. Os trastornos do espectro autista son un grupo de alteracións ou déficit do desenvolvemento de características crónicas e que afectan de maneira distinta a cada persoa desde idades temperás e maniféstase nunha serie de síntomas que inclúe: a comunicación, flexibilidade e imaxinación e interacción social. Trátase dun colectivo de persoas con importantes necesidades de atención psicolóxica. Por iso, faise cada vez máis necesaria a formación especializada dos e das profesionais  que  traballan con estas persoas e coas súas familias.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a través da Sección de Psicoloxía Xurídica, organiza mañá sábado 11 de febreiro un obradoiro no que se tratará a formación específica para levar a cabo informes periciais en casuísticas relacionadas co dano cerebral. O lugar da formación será a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e nela participarán unha trintena de psicólogos e psicólogas, tanto profesionais como estudantes.

Mañá sábado 4 de febreiro, os 107 psicólogos e psicólogas que integran a rede dos programas de atención psicolóxica especializada no ámbito da violencia de xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia participarán nunha xornada co obxectivo de revisar distintos aspectos relacionados co funcionamento destes servizos. 

Mañá sábado 4 de febreiro, os 107 psicólogos e psicólogas que integran a rede dos programas de atención psicolóxica especializada no ámbito da violencia de xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia participarán nunha xornada co obxectivo de revisar distintos aspectos relacionados co funcionamento destes servizos. 

O O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza mañá venres 3 de febreiro a xornada “Estratexias para a intervención e inclusión psicoeducativa do alumnado con Trastornos do Espectro Autista (TEA)” que se desenvolverá na súa sede en Santiago de Compostela. Nela afondarase nas necesidades e nas características de estudantes que presentan este tipo de trastornos, facendo fincapé na súa dimensión emocional e educativa e nas repercusións a estes niveis. 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa a súa máis rotunda condena ao asasinato machista ocorrido onte domingo no Carballiño, ao tempo que desexa trasladar a súa solidariedade e as súas condolencias á familia e ás persoas achegadas da vítima. 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia fará entrega mañá martes 13 de decembro dos premios literarios “Rosa de Cen Follas”. O concurso, convocado polo COPG, cumpre xa a súa novena edición.

A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, está a participar nas Jornadas Estatales de Psicología contra la Violencia de Género, que se están a celebrar en Donostia entre hoxe e mañá. Estas xornadas están organizadas polo Consejo General de la Psicología e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Guipúscoa. 

Os días 25 e 26 de novembro terán lugar na sede compostelá do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia as IV Xornadas Estatais da Psicoloxía do Deporte. Un encontro organizado conxuntamente pola corporación galega xunto co Consejo General de la Psicología, que agrupa a todos os colexios do Estado e que por primeira vez se desenvolverán en Galicia. 

Este xoves 17 de novembro inaugúranse en Santiago de Compostela as XXI Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que nesta edición terán como eixo central a atención á saúde mental nos diferentes ámbitos. Baixo o título "Os contextos de saúde e a saúde dos contextos" desenvolverase este encontro dirixido aos psicólogos e psicólogas da área da saúde que correrá os días 17, 18 e 19 de novembro na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. 

Este sábado 12 de novembro a intervención psicolóxica no accidente aéreo de Germanwings será obxecto de análise por parte dos psicólogos e psicólogas galegas, que coñecerán de primeira man o traballo realizado neste sinistro grazas ao coordinador do Servizo de Atención Psicolóxica de Emerxencias de Cataluña, Andrés Cuartero Barbanoj. 

Mañá sábado 5 de novembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolle na súa sede compostelá o curso de rehabilitación neuropsicolóxica co programa REHACOP, deseñado para patoloxías como a psicose ou a esquizofrenia. O curso está organizado conxuntamente polo COPG e a Sociedade Galega de Neuropsicoloxía e a súa docencia correrá por conta da autora principal do REHACOP, a catedrática de Neuropsicoloxía da Universidade de Deusto Natalia Ojeda del Pozo

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza unha xornada para actualizar coñecementos na avaliación pericial en supostos de violencia contra a muller nas relacións de parella, dentro do ámbito penal. A actividade terá lugar mañá, sábado 29 de outubro na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela ao longo de todo o día. 

A Rede Galega da Loita contra a Pobreza recibirá mañá venres 14 de outubro o máis significativo galardón que concede o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, o premio Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade. O acto, que se celebrará no Parador de Ribadeo (Lugo), será no marco do encontro Achegas da Psicoloxía, onde se congregan os colexiados e colexiadas desde hai xa oito anos. 

Mañá sábado 1 de outubro, o recoñecido experto en bullying e ciberbullying José María Avilés Martínez impartirá un obradoiro sobre a intervención en casos de acoso escolar na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Esta actividade está organizada pola Sección de Psicoloxía Educativa, dirixida a psicólogos e psicólogas que traballan coa comunidade educativa e que poden atoparse cunha problemática tan grave como é o acoso escolar.

Mañá mércores 21 de setembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza unha xornada de traballo co fin de analizar as posibilidades de implantar a psicoloxía clínica nos servizos médicos de atención primaria. Nesta actividade organizada pola Sección de Psicoloxía e Saúde tomarase como referencia o modelo catalán e deseñaranse propostas e modelos de actuación adaptándoos ás necesidades da comunidade autónoma galega. 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia rexeita a actual convocatoria de axudas do Ministerio de Educación para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo, na que se exclúen as psicólogas e psicólogos, nun criterio que resulta incomprensible.

O Consejo General de la Psicología, que agrupa a todos os colexios do Estado, presentou un recurso ante a devandita convocatoria. O obxectivo destas axudas é, de acordo coas propias bases, financiar unha "intervención psicoeducativa específica e profesional orientada a alumnos que amosen dificultades concretas de aprendizaxe vinculadas á presenza dalgún trastorno específico". Precisamente, o tratamento deste tipo de dificultades corresponde en concreto a psicólogos e psicólogas, que son quen teñen a competencia para abordar os trastornos e non simplemente implementar unha serie de pautas ou reeducar en casos que non están asociados a algún trastorno. 

Hai máis de dous meses que denunciamos a situación inaceptable na que se atopa a hospitalización de saúde mental infantil e xuvenil da poboación da zona sur de Galicia: as condicións intolerables e antiterapéuticas que infrinxen a legalidade, a vulneración de dereitos da infancia, a carencia de plans e de recursos e dotacións axeitadas, o incumprimento de promesas electorais e das realizadas polos xestores do novo hospital, etc.

Desde a semana pasada está en marcha a formación pola Consellería de Sanidade dun grupo de traballo que deberá elaborar o plan de prevención do suicidio. Á primeira xuntanza dese grupo están convocadas diferentes persoas: os xefes de servizo de Psiquiatría do SERGAS e outro de Atención Primaria, o xerente de FEAFES, a directora do IMELGA, o director do 061 e dous facultativos máis das EOXI de Ourense e Santiago.

Só cabe felicitarse porque se recoñeza dende a Xunta a importancia da cuestión, e se asuma por fin pola Consellería de Sanidade que debe elaborarse o plan de prevención.

Mañá sábado 9 de xullo remata a última edición deste ano das Xornadas de Concienciación en Ferrol, un programa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para condutores e condutoras con sancións por delitos relacionados coa seguridade viaria como alternativa aos tradicionais Traballos en Beneficio da Comunidade. Agárdase representación institucional do Concello ao comezo da sesión, ás 10.00 horas. 

Os días 2, 3 e 4 de xuño a psicoloxía profesional protagonizará a cita máis relevante do sector nos últimos 25 anos en Galicia: será a terceira edición do Congreso de Psicoloxía Profesional de Galicia "Camiños da Psicoloxía". Organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), constitúe o maior encontro na nosa Comunidade desde a última edición, celebrada en 1991.No programa científico, participarán 104 relatores e relatoras de primeiro nivel, tanto de Galicia como do conxunto do Estado. 

Este sábado 28 de maio, a sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia promove un foro no que se abordará o papel desta área na organización do traballo, especialmente no relativo aos servizos públicos de emprego e orientación laboral. A actividade desenvolverase durante a mañá do sábado a partir das 10:30 horas na sede do Colexio en Santiago de Compostela.

O vindeiro sábado día 21 de maio, o Grupo de intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza unha xornada de formación interna baixo o epígrafe "Repensando sobre a comunicación de malas novas" que se desenvolverá ao longo do día na súa sede de Santiago de Compostela. 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia rexeita a medida de colocación de cámaras de vídeo-vixianza nos centros escolares galegos, debido principalmente á súa falta de eficacia á hora de previr o acoso escolar. O medio principal e o máis axeitado para a prevención da violencia nas aulas é a través da educación e recursos como as gravacións poden resultar incluso contraproducentes.

Hoxe sábado 7 de maio ás 10:00 horas iníciase unha nova edición das Xornadas de Concienciación en Ferrol, un programa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para condutores e condutoras con sancións por delitos relacionados coa seguridade viaria como alternativa aos tradicionais Traballos en Beneficio da Comunidade.

Os trastornos da saúde psicolóxica están presentes nunha de cada cinco mulleres durante o período perinatal. Entre os devanditos trastornos son máis frecuentes a depresión, os trastornos de ansiedade, a psicose postparto e o trastorno por tensión postraumática. Malia a estas elevadas  cifras, apenas existen tanto programas de prevención primaria e secundaria sistemáticos destes trastornos como profesionais especializados e especializadas en atención á saúde psicolóxica perinatal da nai no sistema sanitario.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza en Santiago un encontro sobre acoso escolar, no que varios expertos analizarán a problemática do "bullying" e os recursos para abordalo. 

Fernando Fantova Azcoaga, un dos maiores expertos a nivel nacional e internacional en deseño de políticas sociais relacionadas co ámbito das organizacións non lucrativas, visitará este venres e sábado Santiago de Compostela en senllas actividades organizadas polo Colexio Oficial de Psicoloxía. Por unha banda, presentará o seu último libro e ademais, ofrecerá un obradoiro sobre a súa área de especialización dirixido a profesionais da psicoloxía. 

Un de cada dez adolescentes asegura ter sufrido acoso escolar, segundo un informe publicado nestes días por Save the Children que cartografía a situación do "bullying" a nivel estatal. O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia quere reflexionar sobre esta grave problemática a través dun conversatorio que organiza mañá xoves ás 19 horas na sede de Afundación de Santiago de Compostela. No encontro, de asistencia libre, tratarase esta cuestión desde múltiples perspectivas con persoas relevantes no ámbito.

Os días 22 e 23 de abril o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza na súa sede en Santiago de Compostela o curso “Achegas á transexualidade desde un modelo sexolóxico. Ferramentas para a atención ás persoas transexuais” impartido por José Ramón Landarroitajauregi Garai, psicólogo, sexólogo, escritor e recoñecido experto no tema.

O sábado 2 de abril, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolle un obradoiro sobre a entrevista de avaliación forense, impartido polo psicólogo forense Jordi Bajet i Royo (Barcelona). Esta actividade que se desenvolverá na sede do Colexio, en Santiago de Compostela, pretende revisar as diversas técnicas da entrevista, un recurso esencial na práctica da psicoloxía, para centrase especificamente nas particularidades de forense. 

Mañá sábado 12 de marzo, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ofrece unha conferencia sobre a acreditación do psicólogo ou psicóloga experta en coaching e as boas prácticas no seu exercicio, que se desenvolverá na sede da corporación en Santiago de Compostela entre as 11:00 e as 13:00 horas. Con esta actividade preténdese achegar ao colectivo profesional que poida ter interese neste ámbito desde o punto de vista da psicoloxía como disciplina científica que posúe instrumentos diferenciais para o exercicio do coaching.  

O "posmachismo" ou o "neomachismo" é un discurso que está a coller forza na sociedade e que impide o avance da igualdade entre homes e mulleres na nosa sociedade, alerta o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. "Busca confundir con argumentos demagóxicos, asegurando que a intención do feminismo é atacar ao home; aínda que a intención real é clara: que as cousas queden como están", recollen nunha declaración feita pública neste día.

O sábado 5 de marzo comezou a sétima edición das Xornadas de Concienciación, programa do Colexio Oficial de Psicoloxía para condutores con sancións por delitos relacionados co seguridade viaria. Esta edición desenvolverase durante dous meses nas dependencias da Policia Local grazas á colaboración do Concello de Ferrol e da Xefatura deste corpo.

Diario de Ferrol 06-03-2016 [accede á web]

Mañá sábado 5 de marzo iníciase a sétima edición das Xornadas de Concienciación en Ferrol, un programa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para condutores e condutoras con sancións por delitos relacionados coa seguridade viaria como alternativa aos tradicionais Traballos en Beneficio da Comunidade. Desenvolverase durante dous meses nas dependencias da Policía Local (Estrada de San Pedro s/n), grazas á colaboración do Concello de Ferrol. 

Os días 2, 3 e 4 de xuño a psicoloxía profesional protagonizará a cita máis relevante do sector nos últimos 25 anos en Galicia: será a terceira edición do Congreso de Psicoloxía Profesional de Galicia "Camiños da Psicoloxía". Organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), constitúe o maior encontro na nosa Comunidade desde a última edición, celebrada en 1991. Xa está pechado boa parte do programa científico, no que se inclúe a máis de cen relatores e relatoras de primeiro nivel, tanto de Galicia como do conxunto do Estado.

O venres 26 e o sábado 27 de febreiro, vinte e cinco psicólogos e psicólogas afondarán no trauma e o apego en persoas con trastornos alimentarios nun curso que terá lugar no Hospital Lucus Augusti organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Con esta actividade preténdese abordar o xeito en que determinadas experiencias traumáticas a nivel vincular poden asociarse á aparición de trastornos alimentarios, tales como a anorexia ou a bulimia; un aspecto determinante á hora de afrontar a intervención

Este sábado 27 de febreiro, o procurador dos Tribunais do Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela Manuel Merelles Pérez, impartirá unha conferencia co título "Os accidentes de tráfico e as persoas maiores como conductores: casuísticas e responsabilidade".

A súa intervención será as 11 horas no Salón de Actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en Santiago de Compostela. Manuel Merelles Pérez é Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é avogado do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña e mediador civil, mercantil e deportivo. Ten participado como profesor colaborador na Escola de Práctica Xurídica da Universidade compostelá.

O venres 26 e o sábado 27 de febreiro, vinte e cinco psicólogos e psicólogas afondarán no trauma e o apego en persoas con trastornos alimentarios nun curso que terá lugar no Hospital Lucus Augusti organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Con esta actividade preténdese abordar o xeito en que determinadas experiencias traumáticas a nivel vincular poden asociarse á aparición de trastornos alimentarios, tales como a anorexia ou a bulimia; un aspecto determinante á hora de afrontar a intervención

A próxima convocatoria de Oferta Pública de Emprego (OPE) do Servizo Galego de Saúde, que inclúe tres prazas de especialistas en psicoloxía clínica, reflicte o desleixamento do Goberno autonómico cara á saúde mental da cidadanía galega. A día de hoxe, no Sergas exercen menos de cen psicólogas e psicólogos clínicos, o que significa unha ratio de 3,34 por cada 100.000 habitantes, unha cifra moi inferior á media estatal. Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia estimamos que o mínimo imprescindible son 26 prazas para equiparar a media estatal e aproximarnos ao 4,3 por cada 100.000 habitantes.

Para o COPG resulta insuficiente e irresponsable que na convocatoria de 2016 só se inclúan tres prazas de especialista en psicoloxía clínica, máis aínda se temos en conta que nas últimas dúas OPE non se convocou ningunha praza. Resúltanos lamentable que os responsables da rede pública por unha banda fagan manifestacións afirmando que existe un número suficiente de psicólogos clínicos no SERGAS, mentres que por outro lado recoñecen as carencias asistenciais en psicoloxía clínica do sistema e tratan de cubrir esas eivas con bolsas de investigación e con convenios con oenegués para a prestación de asistencia, como vimos constatando nas áreas de atención a vítimas de tráfico, oncoloxía, coidados paliativos ou neuroloxía.

Os vindeiros días 19 e 20 de febreiro o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolle na súa sede compostelá un curso sobre avaliación e programas de intervención neuropsicolóxica en alteracións condutuais e emocionais derivadas do dano cerebral adquirido. 

O COPG, fai fincapé con motivo de San Valentín, tras o vídeo da campaña publicitaria de El Corte Inglés, que este constitúe un magnífico exemplo do que é a dominación e o control nas parellas, unha das manifestacións máis habituais da violencia de xénero. O Colexio sinala, que a dominación e o control son as manifestacións máis comúns da violencia machista.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a través da Sección de Psicoloxía Xurídica, organiza este sábado 13 de febreiro un obradoiro no que se tratará a avaliación pericial e a valoración da perigosidade no ámbito xurisdicional penal. O lugar da formación será a Facultade de Psicoloxía da Universidade compostelá e nela participarán unha trintena de psicólogos e psicólogas, tanto profesionais como estudantes.

A dominación e o control daparella son dúas das manifestacións máis habituais da violencia contra a muller e a vía de inicio de maltrato psicolóxico e físico, lembra o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Esta institución que reúne a todas as psicólogas e psicólogos galegos considera precisa facer esta afirmación, a raíz da polémica suscitada pola curtametraxe promocional da empresa El Corte Inglés titulado "Equis o corazón" para a súa campaña de San Valentín. 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, vén de poñer en marcha unha dinámica de traballo conxunto coas xefaturas de Tráfico da nosa Comunidade e máis a Garda Civil, co fin de loitar contra a mortalidade das persoas maiores nas estradas galegas. 

Máis de sesenta profesionais da psicoloxía educativa participan este venres 22 e sábado 23 de xaneiro no obradoiro "Prevención, diagnóstico e intervención na dislexia", que organiza a Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. A través da actividade que se celebrará na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela preténdese abordar este trastorno que aparece na infancia e que afecta a entre un 5% e un 10% dos nenos e nenas de Galicia.

Este sábado 16 de xaneiro a Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, desenvolve o IV Obradoiro sobre informes periciais á vista, dada a elevada demanda que tiveran as tres edicións anteriores. O obradoiro será impartido por Carmen González Pais, psicóloga forense, que conta con alta experiencia profesional no eido da psicoloxía forense, concretamente na avaliación da credibilidade, da imputabilidade e da agresión sexual, e que desenvolve o seu labor na Unidade de Psicoloxía Forense (USC), de recoñecido prestixio e referencia de investigación en técnicas forenses, tanto nacional e internacional.

O sábado 19 de decembro remata na Casa da Cultura de Narón o último grupo deste ano do programa "Xornadas de Concienciación", do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, unha alternativa aos tradicionais Traballos en Beneficio da Comunidade. Nestas Xornadas, que xa contan con 6 anos de traxectoria e que foi un programa pioneiro no Estado, participaron un total de 65 condutores e condutoras con algunha sancións por delitos relacionados coa seguridade viaria en 2015.

Coa chegada desdas datas, son moitos os catálogos que chegan aos fogares repletos de xoguetes e xorde a dúbida de cal é a mellor escolla para os agasallos dos e das máis pequenas da casa. Desde a Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, sinalan dous factores a ter en conta para dar cumprimento á encomenda dos Reis Magos: o entretemento e a aprendizaxe.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza as III Xornadas Galegas de Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade o sábado 12 de decembro na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), coa intención de poñer o foco sobre o factor humano á hora de loitar contra a siniestralidade nas estradas.

O COPG denuncia a vulneración da lexislación vixente en materia de asistencia sanitaria que está a producirse no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), en concreto no relativo á prestación asistencial de atención psicolóxica.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia fará entrega mañá martes 1 de decembro dos premios literarios "Rosa de Cen Follas". O concurso, convocado polo COPG, cumpre xa a súa oitava edición.

 

Este sábado día 28 de novembro o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolle unha actividade formativa que terá unha visión multidisciplinar sobre os menores infractores.

 

A creación das dúas Unidades de Hospitalización Psiquiátrica (UHP), integradas no hospital xeral, supón o cumprimento das indicacións que pretendían normalizar a ubicación da atención hospitalaria ás persoas con necesidades de atención psiquiátrica no mesmo lugar que tódolos demais pacientes afectados por outras enfermidades ou trastornos. Ese é o aspecto positivo. Como tamén o é o incremento de prazas de hospitalización.

 

Este mércores 25 de novembro do 2015, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, convoca á lectura da Declaración Institucional co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, que terá lugar ás 17.30 horas na Galería Sargadelos (Rúa Nova, 16 Santiago de Compostela).

A lectura correrá por conta da decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada.

A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, reclamou no Parlamento Europeo un cambio nas políticas públicas para realizar unha abordaxe integral do problema da violencia de xénero. Así o manifestou onte na xornada "O sesgo machista na aplicación das políticas: o caso da xustiza", na que participou como relatora nunha xornada en Bruxelas xunto con outras cinco especialistas galegas que contribuíron coas claves para detectar e afrontar a violencia machista que está asentada de forma estrutural na nosa sociedade.


A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, a segunda pola esquerda.

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, a primeira pola dereita.

Máis de cen profesionais da psicoloxía de Galicia danse cita a partir de mañá e ata o sábado 21 no encontro anual máis relevante do sector: a vixésima edición das Xornadas de Psicoloxía e Saúde que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. A identidade e a personalidade serán as protagonistas nesta ocasión, tendo como lugar de celebración o Pazo de San Marcos da capital lucense. Trátase da segunda vez que este encontro científico-profesional é acollido pola cidade de Lugo, despois de 2001.

Este xoves 12 de novembro ás 11.30 horas, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia presenta as súas XX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde, co título "Identidade e personalidade: de que estamos a falar?", que se celebrarán no Pazo de San Marcos en Lugo os días 19, 20 e 21 de novembro.

Psicólogos/as especializados/as en catástrofes revisan as estratexias para actuar en naufraxios e desaparicións no mar, baseándose en experiencias previas. Nestes accidentes, o seu traballo vese complementado polo apoio de familiares e veciños, que ás veces pasaron polo mesmo.

Telexornal mediodia TVG 08-11-2015 [accede á web]

As intervencións psicolóxicas realizadas en casos de naufraxios ou desaparicións no mar nos últimos dous anos centrarán o encontro de mañá sábado 7 de novembro que manterán os membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Os días 23 e 24 de outubro o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela o Curso "Actualización no tratamento cognitivo-conductual do trastorno obsesivo-compulsivo (TOC)" impartido por Juan Sevillá Gascó, psicólogo especialista en psicoloxía clínica e recoñecido experto no tema.

O venres 16 e sábado 17 de outubro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia promove unha actividade formativa para as e os terapeutas dos programas de atención psicolóxica en contextos da violencia contra a muller, neste caso centrada no traballo con emocións en psicoterapia.

noticierogalego.com 16-10-2015 [accede á web]

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza este sábado 10 de outubro ás 10.30 horas unha charla coloquio sobre a atención psicolóxica ás persoas maiores en Galicia, por iniciativa da Sección de Psicoloxía da Intervención Social. Esta actividade qeu acolle a sede colexial en Santiago de Compostela centrarase en abordar dous contextos: o rural e as residencias.

Entrevista o 7 de outubro de 2015 a Mª Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, na Radio Galega sobre "Convivir en igualdade".

Entrevista  a Francisco Javier Sardiña Agra, Presidente da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, sobre a convocatoria da OPE en Radio Obradoiro o pasado 7 de outubro de 2015

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia denuncia a grave precarización laboral que se está a producir na atención especializada pública en saúde mental en Galicia, especialmente no que afecta á pscioloxía clínica. Ante o devir das decisións da Administración autonómica, esta institución ve imprescindible poñer sobre a mesa as consecuencias dos recortes que están a incidir sobre a calidade asistencial que reciben as persoas usuarias da sanidade pública galegal.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia denuncia a grave precarización laboral que se está a producir na atención especializada pública en saúde mental en Galicia, especialmente no que afecta á pscioloxía clínica. Ante o devir das decisións da Administración autonómica, esta institución ve imprescindible poñer sobre a mesa as consecuencias dos recortes que están a incidir sobre a calidade asistencial que reciben as persoas usuarias da sanidade pública galegal.

O 2 e 3 de outubro celebrouse o II Encontro Hispano Lusoa, no que máis de 300 profesionais do sector deron cita para reflexionar sobre o seu rol para afrontar os problemas actuais da sociedade.

A partir do venres 18 de setembro, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolle a exposición da fotógrafa e psicóloga Elena Ivonne Daprá Castro, co título "Historias de lobas (Mulleres que corren con lobos)".

O xoves 10 de setembro ás 17.00 horas, o Movemento Galego da Saúde Mental realiza unha presentación para os medios de comunicación de propostas para avanzar na prevención do suicidio en Galicia.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia continúa formando profesionais para a intervención en catástrofes e emerxencias. Os días 11, 12, 18 e 19 de setembro vai desenvolverse o curso "Comunicación de malas novas en emerxencias e catástrofes e proceso do dó" na sede compostelá do Colexio, co que se pretende dotar de coñecementos, técnicas e habilidades para o correcto desempeño de psicólogos e psicólogas neste ámbito de actuación.

O Movemento Galego da Saúde Mental, co gallo do Día Mundial de Prevención do Suicidio, reclama visibilizar este grave problema de saúde pública, desconsiderado na súa importancia, que sobre o estigma e a ignorancia prexuizosa sobre as súas causas, características e posibilidades de prevención.

En Galicia o problema é especialmente grave, cunhas cifras crecentes, taxas moi elevadas, sendo uns tristes líderes deste tipo de mortes no conxunto do Estado e malia iso, cun descoñecemento do fenómeno, agravada pola actitude que elude as responsabilidades por parte da Administración pública.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia adheriuse á iniciativa "Eu pido pacto", que desde Unicef xunto con outras organziacións se está á promover, par tentar asinar un Pacto de Estado pola Infancia que blinde os dereitos dos nenos e nenas no conxunto do Estado.

O sector da saúde mental galego pon o foco na súa calidade asistencial e denuncia que a atención sanitaria non está garantida como dereito para o conxunto da cidadanía, á vez que reclama medidas para loitar contra o incremento de suicidios da Comunidade. Así o fixo na xornada que organizou o Movemento Galego de Saúde Mental hoxe, sábado 20 de xuño, na Facultade de Psicoloxía da USC.

O Instituto Galego de Formación en Acuicultura, IGAFA, acolle mañá sábado 20 de xuño, nas súas instalacións da Illa de Arousa, a sesión presencial da formación para 25 profesionais para a avaliación psicolóxica no ámbito do exercicio do mergullo profesional que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

O estado do dereito á atención no ámbito da saúde mental será analizado tanto por profesionais como por persoas afectadas nunha xornada que organiza o Movemento Galego da Saúde Mental o sábado 20 de uxño na Facultade de Psicoloxía da Universidade de SAntiago de Compostela durante todo o día.

Este verán non se pecharán cmas de hospitalización psiquiátrica na Área Sanitaria de Santiago. A intención de facelo estaba reflexada no Plan de continxencias elaborado pola Xerencia da Área  e que foi coñecido extraoficialmente, moi ó pesar da Dirección, polos/as traballadores/as de saúde mental. O Movemento Galego de Saúde Mental (MGSM) manifestouse radicalmente oposto a el, desenvolvéndose diversas accións nestes días protagonizadas polo colectivo profesional.

Este verán non se pecharán cmas de hospitalización psiquiátrica na Área Sanitaria de Santiago. A intención de facelo estaba reflexada no Plan de continxencias elaborado pola Xerencia da Área  e que foi coñecido extraoficialmente, moi ó pesar da Dirección, polos/as traballadores/as de saúde mental. O Movemento Galego de Saúde Mental (MGSM) manifestouse radicalmente oposto a el, desenvolvéndose diversas accións nestes días protagonizadas polo colectivo profesional.

Co gallo do Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e do Maltrato na Vellez, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia lembra que un 5% das persoas mairoes de 65 anos sofre malos tratos, de acordo cos datos da Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria (SemFYC).

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o sábado 13 de xuño na súa sede en Santiago de Compostela un obradoiro de aproximación ao audiovisual como ferramenta na intervención psicolóxica.

As psicólogas e psicólogos especializados en violencia de xénero do COPG realizarán este sábado 13 de xuño unha actividade formativa orientada á mellora do seu exercicio especialmente no ámbito xudicial.

Á Conselleria de Sanidade e aos seus xerentes dálles igual que as condicións de saúde mental da poboación se teñan agravado, cuns indicadores de mala evolución incontestables: o aumento de trastornos psíquicos, o incremento dos suicidios, a elevación do consumo de psicofármacos, a maior morbi-mortalidade daqueles que sufren trastorno mental grave.

Os membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia reflexionan sobre as propias intervencións en casos de mortes por suicidio no marco dun seminario formativo previsto para este sábado 6 de xuño.

Os días 17 e 18 de abril celebrouse na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o curso "Avaliación e rehabilitación da atención e as función executivas: Casos prácticos". A actividade formativa estivo organizada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e foi dirixida a psicólogos e psicólogas que traballan ou estean interesados no tratamento neuropsicolóxico do dano cerebral.

Os psicólogos e psicólogas que exercen en psicotécnicos na Comunidade galega participarán este sábado 23 de maio nunha actividade formativa máis das que nos últimos anos destinan a afondar na avaliación neuropsicolóxica de persoas maiores no contexto do tráfico e as probas de cribado que lle se realizan a estas persoas usuarias.

O divulgador científico Eduard Punset recollerá o sábado 30 de maio en Santiago de Compostela o premio Dolores Llópiz: Psicoloxía e Sociedade que concede anualmente o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. O acto, que se celebrará no Hostal dos Reis Católicos, será no marco do encontro Achegas da Psicoloxía, onde se congregan os colexiados e colexiads desde hai xa sete anos.

O sábado 23 de maio a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acolle unha actividade formativa para psicólogos e psicólogas forenses expertos na avaliación de menores vítimas de violencia sexual.

O vínculo de apego, tanto nos nenos e nencas como as persoas adultas, será o eixo do curso que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia os próximos días 22 e 23 de maio e que acollerá a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

A respecto do proxecto Mastermind da Unión Europea, no que participa Galicia, anunciado como tratamento online para a depresión dende atención primaria, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desexa manifestar o seu completo rexeitamento ao modo no que se implantará este programa. Desde a institución considérase que este tipo de programas deben contar sempre coa supervisión dos psicólogos/as clínicos/as do SERGAS. 

A respecto do proxecto Mastermind da Unión Europea, no que participa Galicia, anunciado como tratamento online para a depresión dende atención primaria, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desexa manifestar o seu completo rexeitamento ao modo no que se implantará este programa. Desde a institución considérase que este tipo de programas deben contar sempre coa supervisión dos psicólogos/as clínicos/as do SERGAS.

As avaliacións forenses en casos de violencia de xénero resultan determinantes á hora de valorar os riscos e evitar consecuencias fatais. Este tipo de avaliacións serán obxecto de revisión o sábado 25 de abril nun curso que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia co fin de dotar aos e as profesionais dos coñecementos, as ferramentas e as técnicas que lles permitan desenvolver as valoracións precisas das mulleres vítimas de violencia de xénero e o risco dos agresores.

A partir do venres 24 de abril, un total de 45 psicólogos e psicólogas capacitaranse para intervir en emerxencias e catástrofes grazas a un curso que se realizará en catro sesións en Santiago de Compostela. Nesta formación proposta polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia coñeceran as pautas nas actuacións do GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias) do COPG e poderán adquirir os coñecementos, técnicas e habilidades para o desempeño profesional en contextos de emerxencias.

Mañá martes 14 de abril ás 19.30 horas inaugurase a mostra de pintura da artista e psicóloga colexiada Pilar Pastoriza González na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia 

A terapia de parella é o eixo da formación que se impartirá este venres 10 e sábado 11 de abril en Santiago de Compostela, dirixida a psicólogos e psicólogas da nosa Comunidade Autónoma. Nesta actividade que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia tentarase afondar nos mecanismos de avaliación e intervención sobre os problemas de parella desde unha perspectiva sistémica.

O colectivo de profesionais da psicoloxía que desempeñan o seu labor nos psicotécnicos de Galicia representados a través do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia demandan unha comunicación máis fluída coa Administración co fin de unificar criterios e poder traballar na mesma dirección co obxectivo de reducir a sinistralidade nas estradas galegas.

O 14 de marzo a Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia desenvolve o III Obradoiro sobre informes periciais e asistencia á vista, dada a elevada demanda que tiveron o I e o II Obradoiro, ofrecidos en 2013 e 2014.

Un total de 118 psicólogos e psicólogas asistirán este sábado 14 de marzo á xornada de formación interna dos programas de atención psicolóxica en materia de violencia de xénero que ofrece o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Estas e estes profesionais forman parte do Programa de Atención Psicoloxica a Mulleres que Sofren Violencia de Xénero e ao Programa Abramos o Círculo, dous servizos especializaods que se xestioan en convenio coa Vicepresidencia da Xunta de Galicia e que ofrecen unha asistencia psicolóxica especializada no ámbito da violencia de xénero tanto a vítimas como a homes que desexen mudar a súa conduta.

Os casos de suicidio ascenden a 390 en 2014, segundo os datos propios do MGSM. O Movemento denucnia a falta de transparencia na información por parte das autoridades públicas. Asocian este preocupante incremento á iniciación das autoridades sanitarias

O sábado 7 de marzo celebrouse no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia unha xornada sobre a práctica da psicoloxía no ámbito da intervención social. Este encontro profesional centrouse en dous aspectos: por unha banda, o código ético, e, pola outra, as emocións que se manifestan no exercicio profesional tanto por parte do psicólogo ou psicóloga como da persoa atendida.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia lembra neste Día Internacional da Muller a importancia da Psicoloxía Educativa como ferramenta para traballar os valores de igualdade na infancia e na adolescencia. 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia insta ás Administracións públicas a asumir como propio un servizo de mediación intraxudicial en todas as cidades de Galicia, unha reinvindicación que cobra maior vivencia na xornada de hoxe, en que se conmemora o Día Internaciaonl da Mediación.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) insta ao Parlamento de Galicia  a apostar decididamente pola loita para erradicar a violencia contra a muller, especialmente a través da prevención e do traballo na Educación e reclama a necesidade de ofrecer garantías reais de asistencia psicolóxica ás vítimas

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou o sábado 13 de decembro en Santiago de Compostela as xornadas "Avaliación e defensa da base psicopatolóxica da imputabilidade". Impartidas polo doutor en Psicoloxía e médico especialista en medicina legal-forense Enrique Esbec Rodríguez, o seu obxectivo foi coñecer a relación entre os trastornos mentais e a delincuencia, especialmente  a violenta.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia programa para a tarde do 28 de novembro o Seminario "Consecuencias psicolóxicas en vítimas de desastres". Trátase dunha actividade formativa destinada a profesionais da psicoloxía, que será impartida por María Paz García Vera, catedrática do Departamento de Psicoloxía Clínica da Universidad Complutense de Madrid (UCM).

Este 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia queremos expresar o noso completo compromiso coa loita cotra calquera forma de violencia exercida contra as mulleres por parte das súas parellas actuais ou anteriores, sexa de xeito físico ou psicolóxico. 

Declaración completa [ver pdf]

Este 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia queremos expresar o noso completo compromiso coa loita cotra calquera forma de violencia exercida contra as mulleres por parte das súas parellas actuais ou anteriores, sexa de xeito físico ou psicolóxico. As máis de 40 que foron asasinadas a mans dos seus compañeiros e ex compañeiras sentimentais no que vai de 2014 son mostra da gravidade desta problemática, que moitas veces queda silenciada na vida diaria.

Declaración completa [ver pdf]

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia programa para o sábado 22 de novembro "VoZes Contra a Violencia", unha iniciativa cultural, solidaria e reivindicativa, que alenta á sociedade a rexeitar calquera tipo de agresión machista. O encontro terá lugar en Santiago de Compostela, no pub Ultramarinos (Casas Reais, 34) a partir das 22.00 horas.

Máis de 120 persoas, procedentes de diferentes puntos do Estado, acudiron a Pontevedra ás Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG que se celebraron o 14 e 15 de novembro baixo o título "Xénero e identidade: Olladas desde a clínica", que chegaron as súa décimo novena edición.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o 7 de novembro un obradoiro sobre a intervención en situacións críticas dentro do contexto educativo, destinado aos é ás profesionais da psicoloxía que desempeñan o seu labor neste eido.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Facultade de Psicoloxía da USC programaron o 5 de novembro a Conferencia "Desigualdade por razón de orientación sexual e identidade de xénero, homofobia e transfobia". A profesional especialista encargada de impartila foi a fiscal contra a Violencia de Xénero de Madrid, Teresa Peramato Martín.

O Grupo de Tráfico e Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o 25 de outubro a sesión "Mindfulness: Consciencia plena na intervención psicolóxica". Tratouse dunha actividade formativa que pretendeu axudar aos/ás profesionais da intervención psicolóxica a establecer contacto cos seus pacientes a través da meditación relacional, tomando conciencia dos seus estados emocionais, regulándoos e integrandoos. O obxectivo foi comprender e, no posible, vivenciar o que se dá en chamar mindfulness ou consciencia plena.

Os procesos de selección dos corpos de policías locais inclúen unha valoración psicolóxica das persoas candidatas que ten que ser realizada por persoal especialista, e velaí por que o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ofreceu o Curso "Selección de persoal: convocatorias de corpos de seguridade" entre o 20 de outubro e o 24 de novembro.

Os días 17 e 18 de outubro vaise celebrar no Hospital Marítimo de Oza, na Coruña, o curso "Avaliación e rehabilitación da atención e as funcións executivas: Casos prácticas". A actividade formativa está organizada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e vai dirixida a psicólogos/as que traballen ou estean interesados/as no tratamento neuropsicolóxico do dano cerebral.

Entrevista en Faro de Vigo a Ana Isabel Martínez Arranz, coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia sobre cómo se está realizando a comunicación no caso do ébola.

Máis de 75.000 persoas en Galicia están afectadas por Trastorno Mental Grave e por iso o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) pretende reivindicar a plena atención sanitaria e social a estas persoas co gallo do Día Mundial da Saúde Mental mañá 10 de outubro, ao tempo que denuncia o grave deterioramento asistencial que están a experimentar.

Diante da grave situación asistencial, social e laboral na que se atopan os máis de 75.000 galegos e galegas con Trastorno Mental Grave, o Movemento Galego de Saúde Mental (MGSM) decidiu facer un chamamento a toda a sociedade para reivindicar a plena atención sanitaria e social ás persoas afectadas con motivo do Día Mundial da Saúde Mental este 10 de outubro.

O vínculo de apego, tanto nos nenos e nenas como en persoas adultas será o eixo do curso que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia os próximos días 3 e 4 de outubro e que acollerá o Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia constata que a modificación da Lei do aborto que recolle o anteproxecto presentado en decembro de 2013 polo Goberno do Estado español constitúe un grave factor de risco para a vida da muller e unha conculcación dos seus dereitos individuais, polo que manifesat a súa completa oposición ao texto e solicita manter a vixencia da actual lei de prazos de 2010.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia vén de pechar o curso “Formación en Psicoloxía Sanitaria 2014”, unha actividade que constou dun total de 400 horas de formación e que comezou o pasado mes de marzo. Foron 21 os colexiados/as que participaron neste programa especializado sobre as destrezas básicas que se requiren no traballo do ámbito sanitario.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia vén de clausurar o curso “Formación en Psicoloxía Sanitaria 2014. Grupo de prácticas”, que comezou o pasado mes de marzo. A actividade lectiva, na que participaron dez alumnos/as, consistiu en 100 horas de formación para adquirir algunas das destrezas básicas para o exercicio da profesión no ámbito sanitario.

O Psicólogo vigués José Cardama, Premio Reina Sofía de Integración e Rehabilitación neste ano polo seu traballo na atención temperá de trastornos infantís, vai impartir xoves unha xornada co título “A atención temperá en Galicia: a situación actual”. Neste encontró que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia , analizará a figura do/a profesional na atención temperá e a súa situación laboral na actualidade.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia programa para os vindeiros días 6 e 7 de xuño o curso “A primeira entrevista en Psicoloxía Clínica”. A actividade formativa, organizada pola Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, celebrase nas aulas de docencia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

O Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM), plataforma na que o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia está integrado, difunde varios comunicados públicos sobre o peche da Unidade de Hospitalización Psiquiátrica ubicada no Hospital Gil Casares de Santiago de Compostela.

Ver comunicados emitidos:

Comunicado do 21 de maio de 2014 [pdf]
Comunicado do 15 de maio de 2014 [pdf]
Comunicado do 12 de maio de 2014 [pdf]
Comunicado do 9 de maio de 2014 [pdf]
Comunicado do 29 de abril de 2014 [pdf]

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia convoca a sétima edición dos premios literarios “Rosa de Cen Follas”. Os autores e autoras que desexen participar teñen que remitir os seus textos orixinais, escritos en lingua galega, antes do vindeiro 13 de xuño.

Algunhas das aplicación de recente incorporacións con pacientes serán obxecto de análise para os asistentes ao “Obradoiro: Técnicas  innovadoras na práctica psicolóxica”, organizado pola Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia programa para os vindeiros 23 e 24 de maio unha actividade destinada aos membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE). Trátase dun curso teórico-práctico orientado ao autocoidado de intervenientes destinado, neste caso, a aquelas persoas que traballan en situación de emerxencias (coidado de coidadores/as).