AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Actividades

Datas: do 25 ao 27 de maio de 2017.
Lugar: Sevilla
Organiza e informa: Colegio Oficial de Psicología de Andalucía Occidental

Máis información: [accede á web]

Nas últimas décadas o terrorismo global converteuse nun de los principais temores da sociedade internacional, a través da ameaza yihadista. Este fenómeno é un dos máis difíciles de conter, debido á súa rápida proliferación ao longo do planeta, sen atender a fronteiras de calquera natureza.

A Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG o curso “Terrorismo e crise: Análise desde unha perspectiva psicolóxica e xurídica” co obxectivo de dotar ao alumnado de coñecementos, ferramentas e aptitudes cos que entender mellor as circunstancias que engloban a temática obxecto de estudo.

Esta actividade formativa celebrarase na Facultade de Psicoloxía da USC (Campus Vida - Rúa de Xosé Mª Suárez Núñez, s/n. – 15782 Santiago de Compostela) os días 10 e 11 de novembro e 16 de decembro.

O último día de inscrición é o 5 de novembro de 2017.

Programa [ ver pdf ]