O 31 de maio iniciamos o ciclo de conferencias en primeira persoa co que queremos visibilizar e dar a coñecer o traballo realizado por profesionais da Psicoloxía de Emerxencias de diferentes zonas de España en situacións de emerxencia de alto impacto na poboación.
Na intervención en situacións de emerxencia é moi importante coñecer, por unha banda, as implicacións legais inherentes a este tipo de actuacións e, por outra banda, as obrigas legais e os dereitos que teñen os profesionais de intervención en emerxencias.