O 29 de maio a Universidade Internacional de Valencia celebrou o III Simposio Online de Intervención en Emerxencias e Catástrofes que este ano se centrou na xestión emocional despois dunha emerxencia ou catástrofe.
Galería
Durante os meses de maio e xuño a coordinadora do GIPCE Ana Mª Núñez Rubines impartiu o curso "Primeiros Auxilios Psicolóxicos en crises humanitarias" organizado pola Fundación Preven A.C. e Femacpe Salud de México.
O GIPCE está contemplado dentro do grupo sanitario dos Plans de Emerxencias Exteriores daquelas empresas galegas que están obrigadas a ter dito plan, polo que ante unha emerxencia declarada dentro destas empresas o GIPCE sería activado para intervir dentro do dispositivo profesional de atención á emerxencia.
O programa científico do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias contou coa colaboración de varios integrantes do GIPCE que participaron impartindo obradoiros, simposios, comunicación orais e pósters, contribuíndo a visibilizar o traballo e a experiencia que temos en Galicia na atención psicolóxica en situación de emerxencia.
No marco do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias celebrado en Santiago de Compostela realizouse o día 4 de maio a reunión estatal da Área de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes do Consejo General de la Psicología, á que asistiron coordinadores e coordinadoras de todos os Grupos de Intervención Psicolóxica dos Colexios Oficiais de Psicoloxía de España.
Máis de 400 asistentes participaron no I Congreso de Psicoloxía de Emerxencias que se celebrou na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela os días 2, 3 e 4 de maio de 2024.
O 30 de abril a membro do GIPCE Ermitas Acevedo Rego participou cun relatorio sobre Comunicación de Malas Noticias nas III XORNADAS de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizadas polo Sindicato Unificado de Policía (SUP) e a Asociación Unificada da Garda Civil (AUGC) co apoio do Parlamento de Galicia.
O 22 de abril as membros do GIPCE Concepción López Martín e Ana Núñez Rubines impartiron un taller sobre a técnica de debriefing para o alumnado da materia «Intervención psicosocial en crise e trauma», do Máster Universitario en Psicoloxía da USC.
Os días 10 e 11 de abril, Olegaria Mosqueda Bueno impartiu na Academia Galega de Seguridade Pública o curso "Apoio psicolóxico básico e manexo do estrés en situacións críticas de emerxencias" dirixido a membros de Protección Civil.
Os días 10 e 11 de abril, Olegaria Mosqueda Bueno impartiu na Academia Galega de Seguridade Pública o curso "Apoio psicolóxico básico e manexo do estrés en situacións críticas de emerxencias" dirixido a membros de Protección Civil.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »