Obradoiro "As sete fases do debriefing"

O 10 de abril as gipces Concepción López e Ana Núñez impartiron un obradoiro sobre o debriefing para o alumnado da materia "Intervención psicosocial en crise e trauma" do Máster Universitario en Psicología, especialidade en Intervención Social e Comunitaria, da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O obxectivo desta formación foi dar a coñecer aos asistentes o debriefing como unha das técnicas para utilizar con profesionais das emerxencias na post-intervención. As alumnas que asistiron puderon poñer en práctica as sete fases que conforman o debriefing e resolver todas as dúbidas que xurdiron durante a sesión.