Programa de Atención Psicoloxica a Mulleres que Sofren Violencia de Xénero

Coordinadora: Mª Luz Losada Somoza

As mulleres que sufren violencia de xénero teñen á súa disposición un programa de atención psicolóxica que lles axuda a afrontar a situación que sufriron e a reforzar a súa autoestima, ademais de ser un apoio na recuperación ou adquisición de habilidades e capacidades que lles permitan lograr a autonomía e a integración na vida social e laboral. Tamén aos/ás menores e persoas dependentes delas poden utilizar este recurso.

A través deste servizo ponse a disposición das vítimas de violencia de xénero unha rede de profesionais da psicoloxía, con formación específica, que de xeito gratuíto realizan a intervención máis axeitada para cada caso.

Obxecto
O programa desenvólvese en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e ten como finalidade ofertar recursos terapéuticos que abran vías de recuperación a aquelas mulleres que estean a sufrir ou teñan sufrido violencia de xénero, e complementariamente, a menores e outras persoas dependentes delas que teñan pasado pola mesma situación.

Prestación do servizo

O programa conta cun psicóloga coordinadora cunha rede de profesionais debidamente acreditados/as, que levarán a cabo a intervención profesional á que se refire o programa en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

Onde acudir
Teléfono 629 777 595 do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Regulamento de Réxime Interno do Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que Sofren Violencia de Xénero [ver pdf]

Ver folleto [pdf]

Impreso de solicitude para psicólogos e psicólogas colexiadas [ver pdf]

Impreso de solicitude para psicólogos e psicólogas colexiadas a través da sede electrónica [accede ao enlace]