Biografía
Esta Comisión nace no ano 2020 no contexto da pandemia pola Covid-19, como unha acción de autocoidado e coidado mútuo. No ano 2022 consolídase na Comisión de Autocoidado do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Natureza
A Comisión sostén un espazo aberto a toda a comunidade, un espazo vivo que se transforma e contén un potencial transformador. A través dun banco de recursos e unha plataforma de accións, cultiva as sementes do autocoidado e coidado mutuo desde unha perspectiva compasiva e do bo trato, contribuíndo a expandir unha rede amable e sostible.
Obxectivo
A intención da Comisión é despertar a consciencia do autocoidado compasivo e velar polo ben común, para contribuír a cultivar o benestar.
Acceso á páxina web de Autocoidado [pincha aquí]