A Comisión para a Defensa da Profesión do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten o obxectivo de fomentar e potenciar o recoñecemento da psicoloxía como profesión necesaria na sociedade que, entre outras metas, pretende erradicar a proliferación das pseudoterapias, pseudociencias ou prácticas non reguladas de profesionais doutros ámbitos e que realizan actividades propias dos e das profesionais da psicoloxía.
É un labor de todos e todas contribuír á eliminación do instrusismo como un problema que pode poñer en risco a saúde dos usuarios e usuarias.
Para o exercicio da profesión é requisito estar inscrito no Colexio Profesional de Psicoloxía correspondente segundo a comunidade autónoma na que se exerza, tal e como indica o artigo 3.2 da Lei 2/1974, de 13 de febreiro e a súa reforma na Lei 25/2009, de 22 de decembro (Lei Ómnibus).
No caso de ter coñecemento dalgún caso de intrusismo, agradecemos a túa colaboración, comunicándoo ao Colexio a través do formulario que figura máis abaixo ou a través da sede electrónica pinchando no seguinte enlace [accede á web]