O suicidio é a primeira causa de morte por motivos non naturais en España. É, por tanto, un grave problema de saúde pública. Os medios de comunicación teñen a obriga de ofrecer información responsable sobre este tema que, na realidade, se aborda en contadas ocasións (cando a vítima é un personaxe notorio) ou faise vinculándoo a outro asunto ou circunstancia social (violencia de xénero, desahucios, etc). Na meirande parte dos casos trátase coma un suceso no que cobra especialmente interese informativo o método de suicidio máis cás propias circuntancias ou antecedentes persoais da vítima que o levaron a adoptar esa decisión. Non se fala, por exemplo, da prevención do suicidio ou que medios e saídas hai dispoñibles para evitar esa morte ou como se pode atender os afectados.
QUE PODES FACER
Fala sobre as mortes por #Suicidio, pero tamén sobre os factores de risco e osmedios de #Prevención.
Sigue as recomendacións da @opsoms para informar dun xeito responsable, exacto e útil.
Trata as noticias sobre #Suicidios como un tema de saúde.
Enfócao como un fenómeno multifactorial, no que poden interaccionar varios factores.
Promove a ruptura de tabús, estigmas e silencios en torno ao #Suicidio.
Traballa estreitamente coas autoridades de saúde na presentación dos feitos. Emprega sempre fontes fiables e expertas.
Hai alternativas ao #Suicidio. Informa sobre liñas de axuda e recursos, servizos de #SaúdeMental ou #AtenciónPrimaria.
OLLO
Non informes dos #Suicidios como algo simplista.
Quita estas novas da sección de sucesos e dos titulares.
Non banalices nin cubras dun xeito sensacionalista ou morboso as noticias sobre #Suicidios.
Non describas con detalle o método empregado, nin publiques fotografías nin fagas publicidade dos escenarios habituais de #Suicidio.
Non glorifiques as vítimas do #Suicidio, por exemplo en casos de famosos.
Cartel Informa_DOR [ver pdf]
FONTES
- Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. 981 534 049 | 699 908 968 | comunicacion@copgalicia.gal
- Asociación Galega de Saúde Mental. http://www.agsm-aen.org/
- Asociación Galega de Psiquiatría. http://www.psiquiatriagallega.org
- Colexio Oficial de Médicos (Especialidad Psiquiatría). Ámbito territorial: provincial Xunta de Galicia, Consellería de Sanidade. http://www.xunta.gal/sanidade
- Unidade de Prevención de Suicidios de Ourense (Unidade de Saúde Mental do CHOU)
- IMELGA. http://cpapx.xunta.gal/instituto-de-medicina-legal-de-galicia1
- Instituto Galego de Estatística. https://www.ige.eu/web/index.jsp?paxina=001&idioma=gl
- Sociedad Española de Psiquiatría. http://www.sepsiq.org/
- Consejo General de la Psicología de España. http://www.cop.es
- Consejo General de Colegios Médicos de España. http://www.cgcom.es
- Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad. https://www.msssi.gob.es/
- Teléfono de la Esperanza. http://www.telefonodelaesperanza.org
OUTRAS RECOMENDACIÓNS:
- Recomendacións da OMS para o tratamento dos suicidios nos medios de comunicación: http://www.who.int/mental_health/media/media_spanish.pdf
- Manual de estilo de RTVE sobre o tratamento do suicidio: 5.12. Tratamiento del suicidio | Manual de Estilo de la Corporación RTVE
- Recomendacións do Consello Audiovisual de Cataluña sobre o tratamento do suicidio: https://www.cac.cat/pfw_files/cma/actuacions/recomanacions_suici_cast.pdf