Galería

O 18 de outubro celebrouse na sede colexial unha xornada técnica sobre "O erro humano nas organizacións", coordinada por Carlos Montes Piñeiro, vogal da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG.
Interviñeron Araceli Iglesias Isla, psicóloga e ergónoma e directora de Hércules Prevención, que disertou sobre os fallos na organización; e Rocío Seoane Farré, presidenta da Asociación de Ergonomía Galega, que expuxo ás persoas asistentes os referentes da ergonomía ao servizo das persoas no campo da prevención dos riscos laborais.

  • Momento da xornada técnica
  • De esquerda a dereita: Carlos Montes, Araceli Iglesias e Rocío Seoane
  • Momento da xornada técnica

O 20 de xuño celebrouse a sesión presencial do Curso de formación sobre avaliación psicolóxica de mergulladores profesionais no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) na Illa de Arousa.

Este curso, organizado pola Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG, contou cun total de 25 horas, 16 horas de teleformación e 9 horas presenciais.

Impartido por Joaquín Colodro Plaza, Psicólogo militar e experto en mergullo profesional, e Vicente Fernando Varela Parapar, instructor de mergullo no IGAFA, o obxectivos do curso foron dar a formación específica en avaliación psicolóxica para o exercicio do mergullo profesional (Decreto 152/98. DOG 04/06/1998) e habilitar a psicólogos e psicólogas pola Consellería do Medio Rural e do Mar para a realización de probas de avaliación psicolóxica contempladas no regulamento do exercicio do mergullo profesional (Orde de 23 de abril de 1999, DOG Nº 90 de 12/05/1999).

  • Momento da intervención de Joaquín Colodro
  • Momento da intervención de Joaquín Colodro
  • Momento da intervención de Joaquín Colodro

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións celebrou unha sesión de traballo sobre “Equipos de traballo e retos organizativos da Sección PTO”, que se levou a cabo no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia o pasado sábado día 30 de xaneiro. Está sesión, dirixida aos colexiados e colexiadas membros da Sección e da División PTORH, abordou cuestións relativas ao funcionamento e estrutura da Sección e dos seus grupos de traballo. Por outra parte, o debate centrouse en temáticas de interese profesional no ámbito dos Recursos Humanos: orientación laboral, saúde e traballo, acreditación en coaching, a problemática do intrusismo, casuísticas de avaliación, e accións formativas de cara ao futuro. 

  • Momento da sesión
  • Momento da sesión
  • Asistentes á sesión

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG celebrou o pasado día 12 de marzo de 2016 unha conferencia que abordará o tema da acreditación do psicólogo e psicóloga experta en coaching. Foi impartida por Isabel Aranda García, psicóloga experta en Coaching do COP Madrid, doutora en Psicoloxía Organizacional e especialista EuroPsy en Psicoloxía do Traballo e das Organizacións.

Esta iniciativa do Grupo interno de traballo "Psicoloxía e Coaching" servirá como espazo de reflexión sobre o proceso de acreditación que actualmente está abordando o grupo e outra oportunidade para intercambiar impresións sobre as boas prácticas nas actuacións profesionais.

  • Asistentes a conferencia
  • Asistentes a conferencia
  • Momento da conferencia

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG celebrou o pasado día 12 de marzo de 2016 unha conferencia que abordará o tema da acreditación do psicólogo e psicóloga experta en coaching. Foi impartida por Isabel Aranda García, psicóloga experta en Coaching do COP Madrid, doutora en Psicoloxía Organizacional e especialista EuroPsy en Psicoloxía do Traballo e das Organizacións.

Esta iniciativa do Grupo interno de traballo "Psicoloxía e Coaching" servirá como espazo de reflexión sobre o proceso de acreditación que actualmente está abordando o grupo e outra oportunidade para intercambiar impresións sobre as boas prácticas nas actuacións profesionais.

  • Asistentes a conferencia
  • Asistentes a conferencia
  • Momento da conferencia

O pasado 28 de maio a Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, celebrou un Foro para presentar e debatir aspectos profesionais sobre a Orientación Laboral e a estructura dos Servizos Públicos de Emprego. Co obxectivo de dar visibilidade neste ámbito ás competencias do profesional da psicoloxía, contaremos coa intervención de técnicos e responsables de servizos de emprego que presentarán liñas de funcionamento e proxectos para abordar a problemática da empregabilidade. O Foro tivo lugar no salón de actos do COPG.

 

  • Momento do Foro
  • Momento do Foro
  • Asistentes ao Foro

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, celebrou o pasado 8 de outubro unha sesión sobre espazos de intervención no contexto laboral e organizacional. Os relatores e relatoras abordaron retos e liñas de traballo en áreas vinculadas á xestión e políticas de Recursos Humanos. 

Foi unha oportunidade para coñecer as achegas da psicoloxía para intervir na promoción da saúde no traballo, perfilar actuacións desde a consultoría,  para o desenvolvemento das persoas e analizar a influencia das novas tecnoloxías na actividade profesional.

  • Momento da sesión
  • Momento da sesión
  • Relatores

O Grupo de Traballo de Saúde e Benestar Ocupacional da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o Foro "Intervencións psicosociais na prevención de riscos laborais: da teoría a práctica", que tivo lugar no salón de actos do COPG en Santiago de Compostela, o pasado día 22 de outubro de 2016.

O obxectivo xeral deste foro foi debuxar unha aproximación á situación actual da xestión dos riscos psicosocias nas organizacións e aportar elementos da reflexión para a acción preventiva

  • Intervención no Foro
  • Intervención no Foro
  • Intervención no Foro

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o Obradoiro para profesionais da psicoloxía habilitados para a realización de probas de avaliación psicolóxica a mergulladores profesionais, que tivo lugar no salón de actos do COPG en Santiago de Compostela, o día 11 de novembro de 2016.

Os obxectivos deste obradoiro foron: abordar a avaliación psicotécnica tendo en conta os principios éticos e as directrices de control de calidade e a súa aplicación nos procesos de avaliación psicolóxica de mergulladores profesionais, realizar un estudo sobre as técnicas e protocolos en avaliación psicolóxica a mergulladores en base á información de avaliación de psicólogos/as acreditados/as no ano 2000, establecer metodoloxía e protocolos nos procesos de avaliación psicolóxica a mergulladores profesionais e aproveitar a experiencia profesional facilitada por psicólogos acreditados e sacar conclusións.

O obradoiro foi impartido por:

Mª Emilia Alonso Pérez, psicóloga colexiada e profesional da área dos recursos humanos, con amplía experiencia na selección de persoal e consultoría. Directora de proxectos de selección en EGA Consultores. 

Mª Concepción Prado Álvarez. Psicóloga con actividade profesional en selección de persoal, formación e orientación profesional. Vogal da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG). Responsable de emprego e do fondo bibliográfico e psicométrico do COPG. Psicóloga colexiada inscrita no rexistro de psicólogos/as especialistas na avaliación de mergulladores profesionais co nº 18. 

Olegaria Mosquera Bueno. Psicóloga colexiada inscrita no rexistro de psicólogos/as especialistas na avaliación de mergulladores co nº 15. Membro do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE). Orientadora no IES Santa Irene de Vigo. Impartiu diversos cursos de avaliación e elaboración de informes.

  • Relatoras do obradoiro
  • Momento do obradoiro
  • Momento do obradoiro

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións (PTO), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organizou a Sesión de Traballo  “A seguridade e saúde laboral desde a Psicoloxía do Traballo”, que tivo lugar o sábado día 21 de abril, no salón de actos do COPG. O obxectivo desta actividade interna foi abrir un debate e facilitar propostas concretas para fortalecer as competencias profesionais das psicólogas e psicólogos do traballo que desexen desenvolver a súa actividade neste ámbito profesional.

  • Asistentes á Sesión de Traballo
  • Asistentes á Sesión de Traballo
  • Momento da sesión

O pasado 20 de outubro, na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, tivo lugar o Obradoiro “Orientación profesional con perspectiva de xénero”. A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, organizadora da actividade, invitou ás persoas colexiadas interesadas a reflexionar sobre os motivos polos cales á orientación profesional, se lle debe aplicar unha perspectiva de xénero que reduza os efectos da desigualdade que sofren as mulleres. 

  • Momento do obradoiro
  • Momento do obradoiro
  • Momento do obradoiro

O pasado 1 de decembro, na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, tivo lugar o II Encontro de Psicoloxía e Tecnoloxía “Innovación tecnolóxica e roles profesionais”, un espazo de intercambio e reflexión sobre a profesión e as novas oportunidades que achega a innovación tecnolóxica.

  • Momento do encontro
  • Momento do encontro
  • Momento do encontro

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións e a Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, orgnizaron o foro “ENVELLECEMENTO E TRABALLO: A XESTIÓN DO CAMBIO DEMOGRÁFICO”,  o pasado día 19 de outubro no salón de actos do COPG. 

Esta actividade tivo como obxectivo promover a xestión da idade nos centros de traballo desde unha perspectiva psicosocial, de xeito que todas as persoas, con independencia da súa idade, se sintan capacitadas para cumprir os seus obxectivos persoas e laborais. 

  • Asistentes ao foro
  • Momento do foro
  • Momento do foro

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións (PTO) organizou un almorzo de traballo para coñecer a incidencia da e-Administración e a Seguridade Informática na práctica profesional, e que se celebrou na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, o sábado día 30 de novembro de 2019.

  • Momento da sesión
  • Momento da sesión
  • Momento da sesión