Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias

Membros da Coordinadora:

Ana Mª Núñez Rubines, Coordinadora
Julita Mª Touriño Araújo, Secretaria
Olegaria Mosqueda Bueno, Área de documentación e comunicación. 
Mª del Carmen González Hermo, Área de intervención y formación.
Concepción López Martín, Área de formación.
Ermitas Acevedo Rego.

 

Grupo de Gardas do GIPCE:

Quen somos
Somos psicólogos e psicólogas colexiados especializados na atención psicolóxica en situación de emerxencia e catástrofes.

Pertencemos ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e desde o ano 1997 temos convenio coa Xunta de Galicia.
A nosa andadura comezou no ano 1996 a raíz dos movementos sísmicos de Lugo e Ourense, baixo o nome de Grupo de Protección Civil.

A partir dos atentados do 11-M no ano 2004 demos un salto cualitativo e cuantitativo, xerándose unha REDE de profesionais capaz de dar unha resposta eficaz neste tipo de situacións as 24 horas do día durante os 365 días do ano na nosa comunidade.

Obxectivos

Coas persoas afectadas:
Minimizar o impacto nelas.
Restaurar as súas capacidades e recursos para que poidan resolver o máis eficazmente a situación de estrés.
Previr posibles problemas psicolóxicos posteriores.

Coa dirección da emerxencia:
Asesorar do impacto psicolóxico das súas actuacións nos colectivos afectados.

Cos grupos de intervenientes:
Diminuír o nivel de estrés que poden experimentar derivado da situación.

Cando intervimos
Situacións debidas a accidentes, inundacións, naufraxios, desaparicións, secuestros, situación de violencia, …, nas que haxa persoas afectadas que precisen de atención psicolóxica. Como poden ser:

- Cando haxa dúas ou máis persoas falecidas dunha mesma familia.
- Cando haxa menores entre as persoas falecidas ou afectadas.
- Cando o suceso se produza en contornos moi sensibles como centros escolares, centros comerciais, parques infantís, residencias, …
- Cando as persoas falecidas sexan por naufraxios.
- Cando polas características do suceso prevexan complicacións no rescate ou prolongación da atención no mesmo lugar do suceso.
- Cando o impacto e alarma social sexa alta.

Desde o GIPCE intervimos durante o tempo que dura a situación crítica.

 

Grupo de Apoio a Intervenientes do GIPCE

 

Regulamento de Réxime Interno do GIPCE [ver pdf]

Solicitude de incorporación ao GIPCE a través da sede electrónica [accede ao enlace]

Solicitude de baixa no GIPCE a través da sede electrónica [accede ao enlace]