Premio Luisa Villala 2025 a proxectos pola igualdade
O 29 de agosto publicouse no BOP da Coruña nº 164 a convocatoria do premio Luísa Villalta 2025 a proxectos pola igualdade. Ten como obxectivo promover a igualdade de xénero, combater a violencia machista e defender a diversidade sexual mediante o impulso de proxectos de impacto social que poñan en valor e fagan visible o papel das mulleres nos distintos ámbitos da sociedade - histórico, económico, laboral, deportivo, cultural, social, científico, educativo, tecnolóxico, político, sanitario e de coidados, audiovisula, rural e comunitario - desde unha perspectiva intersecional.
Establécense dúas modalidades de participación:
- Modalidade A: Proxectos sociais pola igualdade de xénero, a loita contra a violencia machista e a diversidade sexual. Premiaranse iniciativas e proxectos de transformación social desenvolvidas a través de accións de sensibilización, prevención, formación, intervención comunitaria e/ou investigación.
- Modalidade B: Proxectos culturais pola igualdade de xénero, a loita contra a violencia mahcista e adiversidade sexual. Premiaranse proxectos de transformación social cuxo enfoque se basee nas expresións artísticas, promovendo narrativas igualitarias desde ámbitos culturais, como a literatura, o teatro, a música, a arte urbana, o cinema, as artes visuais, entre outros.
Poderán presentarse á convocatoria todos os proxectos orixinais e de autoría propia que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de marzo de 2026, data na que deberán estar rematados.
VIII Edición do Certamen de Relato Breve "Dale un giro a tu vida"
O Colegio Oficial de la Psicología de Madrid convocou a VIII Edición do Certame de Relato Breve "Dale un giro a tu vida". A temática desta edición poderá referirse a calquera aspecto da conduta e as relacións humanas en toda a súa diversidade.
Poderán optar ao concurso todas as psicólogas e psicólogos colexiados nalgún Colexio da Psicoloxía de España.
As bases do concurso pódense consultar aquí.