Certificado pedagóxico e didáctico
Infórmase de que os/as licenciados/as en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), ou calquera outra universidade, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, poden solicitar o certificado pedagóxico e didáctico nas instancias administrativas da propia universidade.
Podes acceder aquí aos arquivos coa normativa e modelo de solicitude: [acceder]
Acto de presentación do programa ALIDA
A presidenta da Sección de Psicoloxía Educativa, Manuela del Palacio García, asistiu o pasado 15 de xuño ao acto de presentación do Programa ALIDA implantado na escola de Maxisterio CEU de Vigo. O seu obxectivo é o acceso das persoas con discapacidade a Universidade.
Recomendacións do Colexio de Psicoloxía para a escolla dos agasallos de Nadal
Nestas datas do Nadal a sociedade consumista que impera hoxe obríganos a mercar cada vez máis e especialmente para os cativos e as cativas da familia, que esperan con ilusión un monte de regalos. Desde a Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia gustaríanos facer unha serie de recomendacións á hora de agasallar no Nadal con acerto, apropiadamente e sen caer no exceso.
Reunión coa Consellería de Educación
A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, mantivo unha xuntanza o 16 de novembro co director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, Manuel Corredoira López, onde lle trasladamos as nosas preocupacións polas dificultades que están a xurdir coa xestión das Becas para o Alumnado con Necesidades Específicas que convoca o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, ao ter coñecemento de que se estaban a denegar solicitudes por estar asinadas por psicólogos e psicólogas, cando o Minister