Reunión coa Consellería de Educación

1/12/2016

A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada, mantivo unha xuntanza o 16 de novembro co director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, Manuel Corredoira López, onde lle trasladamos as nosas preocupacións polas dificultades que están a xurdir coa xestión das Becas para o Alumnado con Necesidades Específicas que convoca o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte,  ao ter coñecemento de que se estaban a denegar solicitudes por estar asinadas por psicólogos e psicólogas, cando o Ministerio de Educación dera orde de admitir as solicitudes do noso colectivo profesional.

Notas informativas do Ministerio de Educación: [ver pdf] [ver pdf]