Actividades

O Grupo de Psicoloxía do Envellecemento da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia pon en marcha o Proxecto “Cambios na fala, cambios na mente”, co cal se pretende facer fincapé en novas formas de falar das persoas maiores. Un material a través do cal traballar e sensibilizar sobre os estereotipos perpetuados e interiorizados respecto ás persoas maiores, e que está destinado de forma preferente, a aquelas persoas que pola súa actividade profesional, traballan con persoas maiores.

O  primeiro obradoiro que se vai realizar para sensibilizar e potenciar o proxecto “Cambios na fala, cambios na mente”, vaise facer de forma extensa o día 24 de febreiro en Santiago de Compostela, por unha das autoras do proxecto, e está dirixida a psicólogos e psicólogas, estudantes do derradeiro curso de psicoloxía e outros profesionais do ámbito profesional da xerontoloxía. As persoas colexiadas que soliciten o uso de dito material, comprométense a asistir o obradoiro “Cambios na fala, cambios na mente”. Tratase dunha actividade dunha duración aproximada de 1 hora.  

Para levar a cabo esta actividade, as persoas que estean interesadas, desde o colexio pódese facilitar o soporte audiovisual necesario para que o desenvolvan no seu concello, asociación, lugar de traballo, etc. Nos vindeiros días publicarase un guión para desenvolver a actividade e que poderás descargar sexas ou non profesional da psicoloxía. Xunto con este, están as imaxes  que axudarán a levalo a cabo. Os paneis fotográficos cos soportes axeitados, soamente o poderán solicitar ao Colexio as persoas colexiadas a través da seguinte dirección electrónica copgalicia@copgalicia.gal

 

 

Guíon Proxecto "Cambios na fala, cambios na mente" [ver pdf]

O Grupo de Traballo de Psicólogos e Psicólogas dos CIM's da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Monográfico de Ruptura Traumática”,  que se celebrará os días 8 e 9 de maio a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.

O curso ten como obxectivos adquirir e perfeccionar competencias específicas na área da ruptura e do dó, abordando os aspectos clave para unha adecuada intervención. Ademais da técnica, preténdese adestrar ó alumnado nas habilidades interpersoais que favorecen a vinculación terapéutica, para que a persoa consultante se sinta segura, acollida, asistida, comprendida e valorada.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 28 de abril, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.

Programa

Boletín