Grupo de Traballo de Interculturalidade

 

 

Membros do Grupo de Traballo de Interculturalidade:

M. Pilar Canosa Raña, coordinadora.
Érika Medina Muñoz
Giulia Sacchi

Omneia Sadek El Shahat
Natalia Noemí Fernández Díaz

Juan Manuel Romero Lorenzo

Finalidade:
Nunha sociedade multicultural e diversa, o Grupo de Traballo de Interculturalidade pretende restrinxir barreiras comunicativas cunha doble finalidade: facilitar a narración do relato por parte da persoa atendida e favorecer a comprensión do mesmo por parte da/o profesional, todo isto en calquera ámbito da Psicoloxía.

Trátase de promover as seguintes ferramentas:

  • Relativización do marco cultural propio.
  • Exploración do marco cultural alleo, con curiosidade e sen prexuízos.
  • Búsqueda de elementos compartidos e valoración das diferenzas.

Obxectivos xerais:
- Sensibilizar sobre o impacto que teñen as diferencias culturais nas relacións, na comunicación e nas prácticas profesionais, promovendo unha comprensión respectuosa da diversidade.

- Sensibilizar sobre a influencia que exerce a pertenza simultánea a distintos grupos culturais no benestar psicolóxico e na construción da identidade, recoñecendo a complexidade e a riqueza das traxectorias interculturais.

- Integrar a perspectiva de xénero desde un enfoque interseccional que visibilice como a discriminación de xénero se entrecruza con factores como a migración, a racialización e a pertenza a colectivos LGTBI+, a fin de promover unha práctica psicolóxica inclusiva, equitativa e culturalmente sensíbel.

- Detectar estereotipos e prexuízos que circulan na sociedade e que poden influír de maneira significativa no benestar psicolóxico individual e colectivo.

- Promover a Mediación para crear capital social e prever conflitos.

- Flexibilizar protocolos de actuación no ámbito psicolóxico.

Obxectivos específicos:
- Organizar faladoiros periódicos que faciliten o intercambio cultural.

- Contactar con entidades e outros colexios profesionais para compartir experiencias e crear redes.

- Impartir formación que incremente os recursos interculturais das/os profesionais e que facilite a identificación de factores que puideran delatar situacións de:

  •     Discriminación (por xénero, racismo, islamofobia, aporofobia, homofobia etc.).
  •     Violencia de xénero.

- Asesorar en materia de migración e recursos existentes.

- Intervir na Universidade para introducir a perspectiva intercultural.