Sección de Psicoloxía e Saúde

 

Membros da Xunta Directiva da Sección
Xacobe Abel Fernández García, Presidente
Paula Marcos CarregalVicepresidenta
María Villarino González, Secretaria
Eduardo Martínez LamosaTesoureiro
Paula Cid Gutiérrez, Vogal
María Salomé Botana Martínez, Vogal

Obxectivos
A Sección de Psicoloxía e Saúde ten como obxectivos os expresados nos artigos 5 e 6 do Regulamento Marco do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que pretenden o desenvolvemento científico, técnico e profesional da nosa disciplina. Para conseguilo a Sección encargarase da organización anual das Xornadas Galegas de Psicoloxía e Saúde e a edición dunha publicación periódica que sirvan como instrumento de comunicación e divulgación profesional. Asemade serán obxectivos desta Sección a organización de cursos e a difusión de información de interese relacionada co seu ámbito. Prestará apoio á creación de grupos de traballo entre os seus membros e fará un seguimento e avaliación dos programas de formación e dos dispositivos asistenciais, velando pola calidade e rigor da práctica profesional dos/as psicólogos/as no ámbito sanitario.

Requisitos
Segundo se recolle no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía e Saúde (modificado o 10 de decembro de 2013), no seu artigo 3 indícase o seguinte:

1. Para ser membro da Sección acreditarase o desempeño profesional no campo da Psicoloxía vinculada á saúde, ben sexa na súa dimensión docente, investigadora ou clínico-aplicada, ou ben a formación especializada na mesma a través de sistemas acreditados.

2. A solicitude de ingreso realizaraa o/a colexiado/a cumprimentado a solicitude provista ao efecto á que engadirá a documentación certificativa da condición provista no artigo anterior.

Solicitude de alta na Sección [ver pdf]

Solicitue de alta na Sección a través da sede electrónica [accede ao enlace]

Solicitude de baixa na Sección [ver pdf]

Solicitude de baixa na Sección a través da sede electrónica [accede ao enlace]

Regulamento de Réxime Interno da Sección de Psicoloxía e Saúde [ver pdf]

División de Psicoloxía Clínica e da Saúde [accede á información]