Membros do Grupo de Traballo de Intervisión:
Natalia Seijo Ameneiros, coordinadora
Alba Tamara López Vellón
Yoana Fernández Moreno
Carmen Corina Rodas Verdes
Ángela María Piñeiro Cotelo
Os obxectivos específicos do Grupo de Traballo de Intervisión da Sección de Psicoloxía e Saúde son:
- Crear un espazo que axude a diminuír a presión emocional ao saber que hai problemas semellantes.
- Crear estratexias propias que se poidan aplicar no traballo.
- Ábrese un espazo, dentro do COPG, para que as persoas colexiadas que teñan interese poidan intercambiar as súas experiencias, enriquecéndose mutuamente no seu traballo clínico á vez que enriquecen o traballo colexial e do resto de persoas colexiadas.
- As reunións para as persoas colexiadas realizaranse unha vez ao mes.