Galería

O 7 de xuño tivo lugar en Santiago de Compostela a sesión formativa do Grupo de Tráfico e Seguridade "Directrices para a formación inicial en psicoloxía do tráfico e da seguridade" cunha duración de catro horas. Na primeria parte da sesión, Julita Mª Touriño Araújo, psicóloga membro do GIPCE, impartiu o relatorio "Intervención con técnicas de manexo do estrés en situación de conducción e no postaccidente". A continuación celebrouse a mesa redonda "Enfocando a intervención con vítimas de accidente de tráfico", a cal consistiu na presentación de catro casos, cada un desde un enfoque: sistémico, gestalt, EMDR e cognitivo-conductual. Participaron como relatores Concepción Rodríguez Pérez, vogal da Xunta de Goberno do COPG, Manuel Castro Bouzas, socio da Sección de Psicoloxía e Saúde, Mª Rosario Pousa Torres e Ana Cristina Eiriz Castillo, ambas psicólogas do Programa de Atención Psicoloxica a Mulleres que Sofren Violencia de Xénero. 

  • Momento da sesión formativa
  • Momento da mesa redonda

O pasado 23 de maio o Grupo de Tráfico e Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia celebrou a Sesión formativa “Avaliación neuropsicolóxica de persoas maiores no contexto do tráfico. Probas de cribado”.

Este curso ttivo a súa orixe na gran preocupación dos e das profesionais polo rigor nas avaliacións que realizan, especialmente no caso de persoas de idade avanzada. 

  • Momento da sesión formativa
  • Momento da sesión formativa

O sábado 27 de febreiro celebrouse a Sesión formativa "Os accidentes de tráfico e as persoas maiores como condutores: casuísticas e reponsabilidade", organizada polo Grupo de Tráfico e Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. A sesión formativa contou coa presenza de Manuel Marelles Pérez, Procurador do Tribunal Nº 85. do Ilustre Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela.

  • Momento da sesión
  • Asistentes á sesión
  • Momento da sesión

O vindeiro 24 de febreiro de 2018 tivo lugar a sesión formativa “Novos enfoques da psicoloxía nos centros de recoñecemento”, organizada polo Grupo de Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

O obxectivo foi proporcionar coñecementos e instrumentos para o exercicio profesional do perfil da Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade.

  • Momento da sesión formativa
  • Momento da sesión formativa
  • Momento da sesión formativa

O Grupo de Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organizou o 9 de xuño no salón de actos do COPG o I Curso cans perigosos "Educación e tenencia responsable. Como sonseguir un can equilibrado".

O obxectivo do curso foi proporcionar aos/ás profesionais da psicoloxía coñecementos e instrumentos para o exercicio no desempeño profesional que lle posibiliten acadar as competencias e realizacións profesionais propias do perfil da Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade. (Perfil aprobado polo Consejo General de la Psicología , xuño 2016).

  • Momento do curso
  • Momento do curso
  • Momento do curso

O pasado 17 de novembro, tivo lugar a xornada formativa “Amaxofobia, formas de abordaxe”, organizada polo Grupo de Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

  • Momento da xornada
  • Asistentes á xornada
  • Momento da xornada