Sección de Psicoloxía da Intervención Social

 

Coordina a información: M. del Carmen Patiño García

Membros da Xunta Directiva da Sección

Mª Leonor Galiana Caballero, Presidenta
Susana Costas Durán, Vicepresidenta
M. del Carmen Patiño García, Secretaria
M. Elena Seoane De La Fuente, Tesoureira
M. Elena Bastos Expósito, Vogal
María Lueiro Mendoza,Vogal
Rocío Carballeira Martínez,Vogal
Mª Consuelo Cajide Labandeira,Vogal

 

Obxectivos:
Esta Sección ten nos seus integrantes a uns profesionais que con anterioridade a este reto, afrontaron o de sacar adiante un Grupo de Traballo, o referido a Psicoxerontoloxía. Dentro do seu cometido, realizaron labores de orientación aos colexiados e colexiadas e de organización de actividades formativas, así como unhas Xornadas, nas que se pretendía dar a coñecer o traballo da psicoloxía coas persoas maiores.

Coa fin de ampliar campos que lle son propios á Psicoloxía de Intervención Social, temos previsto dotarnos de colexiados/as asesores para que informen da situación doutras áreas, e aglutinen as inquietudes que poda haber nelas.

Un dos nosos empeños é a elaboración de posibles denominadores comúns ao traballo na Psicoloxía da Intervención Social, pero centrándonos en perspectivas de utilidade da profesión e efectividade do noso traballo.

Despréndese do anterior o afán desta candidatura de dar a coñecer a profesión a distintos proveedores de servizos, así como poñer de manifesto o valor engadido que aporta o traballo de psicólogo/a.

Preténdese potenciar a relación con outras entidades que traballan no ámbito da Intervención Social, cara a aunar esforzos e a súa vez, dotarnos doutras visións profesionais que completen a nosa.

 
Requisitos:
Para ser membro da Sección acreditarase o desempeño profesional actual na Psicoloxía da Intervención Social, ou ben a formación especializada na mesma a través de sistemas acreditados ou o desempeño profesional no pasado durante un período mínimo dun ano.

A solicitude de ingreso realizaraa o/a colexiado/a cumprimentando a solicitude prevista a tal efecto.

Solicitude de filiación á Sección [ver pdf]

Solicitude de filiación á Sección a través da sede elecrónica
 [accede ao enlace]

Solicitude de baixa na Sección a través da sede elecrónica [accede ao enlace]

Regulamento de Réxime Interno da Sección de Psicoloxía da Intervención Social
[ver pdf]

División de Psicoloxía da Invervención Social [accede á información]