A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Manexo dos pacientes difíciles. Perfeccionamento no tratamento dos trastornos da personalidade”, que se celebrará os días 12 e 13 de setembro no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
O curso ten como obxectivos reflexionar acerca do lugar da personalidade e os seus trastornos en relación ás enfermidades mentais e ampliar o coñecemento sobre a avaliación sistemática da personalidade e os seus trastornos: introducir o diagnóstico estrutural xunto o diagnóstico descritivo.
Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 2 de setembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.