Empréstito de material de avaliación psicolóxica
O Colexio Oficial de Psicoloxía pon en marcha o servizo de empréstito de material de avaliación psicolóxica para os/as colexiados/as.
Podes consultar o listado de test dos que dispon o COPG pinchando aquí [accede ao enlace].
Os/As colexiados/as que queiran solicitar calquera dos test arriba citados, deberán cumprimentar a solicitude de empréstito de test e facela chegar ao COPG por correo postal, fax ou correo electrónico.
Publicacións
Circular Informativa: Periodicidade bimensual. Información sobre a profesión, actividades do Colexio, cursos e encontros profesionais, recursos de interese, novidades bibliográficas, comunicación entre colexiados/as, contratación de publicidade.
Cadernos de Psicoloxía: Periodicidade cuadrimestral. Revista de carácter científico-profesional. Editada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Papeles del Psicólogo e Infocop: Periodicidade cuadrimestral. Editada polo Consejo General de Colegios Oficiales de Psicólogos.
Memoria: Periodicida de anual. Recolle o conxunto de actividades do Colexio no ano anterior, o Balance Económico e o Orzamento do seguinte exercicio.
Asesorías
Servizo gratuíto de consulta para colexiados/as
Xurídica: Asesoramento sobre temas legais e laborais relacionados co exercicio da profesión.
Contacto coa asesora xurídica
Fiscal: Asesoramento sobre temas fiscais.
Contacto co asesor fiscal
Laboral: Asesoramento sobre temas laborais.
Contacto co asesor laboral
Formación/Emprego
Información a todos/as os/as colexiados/as de convocatorias de especial interese (oposicións, PIR, ...).
Programa formativo anual. Cotas reducidas para colexiados/as en todas as actividades formativas organizadas polo Colexio.
Información Laboral
Información sobre ofertas de emprego para psicólogos/as.
Conta de correo electrónico @cop.es
Polo feito de estar colexiado/a e formar parte do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, tes dereito a posuír unha conta de correo electrónico aloxada no servidor do Colexio.
Os datos que tes que proporcionar son: Número de colexiado/a, nome e apelidos, nome e-mail (ten que conter como máximo dez letras ou signos ASCII, non entran nin ñ nin vocais acentuadas) . Se houbera outro, engadiríanse os díxitos necesarios para a súa diferenciación.
Correduría de Seguros Broker's 88 S.A.
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Correduría de Seguros Broker's 88 S.A. asinaron un acordo de colaboración para dar servizo, na área de seguros aos/ás seus/súas colexiados/as, poñendo á súa disposición unha serie de coberturas especialmente deseñadas para o/a profesional da Psicoloxía e poder protexer tanto a súa actividade profesional como a da súa familia.
Estes produtos aseguradores, foron contratados coas mellores e máis solventes compañías, con prezos e condicións especiais para o psicólogo e psicóloga colexiada.
Son condicións especiais para os colexiados e colexiadas de Galicia, nos seguros de Responsabilidade Civil Profesional, Vida, Accidentes, Baixa Laboral Transitoria, Gabinete de Psicoloxía, Fogar, etc.
- Póliza de seguro de Responsabilidade Civil
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia a través da Correduría de Seguros Broker’s 88 negociou coa aseguradora MARKEL un novo seguro colectivo de Responsabilidade Civil Profesional para psicólogas e psicólogos colexiados que xa se pode subscribir. Trátase dun seguro cun baixo custe para os colexiados e colexiadas de tan só 13 € anuais.
Os trámites da xestión da póliza de responsabilidade civil poderán ser realizados polos colexiados e colexiadas directamente a tráves da ferramenta de xestión RC Psicoloxía, onde poderán realizar nova altas, duplicados de pólizas e recibos, cambios dos datos personais, comunicar siniestros, facer un cambio de colexio, anular ou reactivar unha póliza
- Seguro de saúde Adeslas - Broker's 88
Contrata a través de Broker's 88 o seguro de saúde con cobertura completa e póliza dental incluída.
Seguro hospitalización COVID19 de Broker's88
Broker's88 desenvolveu solucións aseguradoras para dar resposta á nova necesidade de protección ante a pandemia do COVID-19.
Máis información
Fondo documental/Biblioteca
Servizo de Biblioteca e fondo documental, ampliado co convenio subscrito coa Facultade de Psicoloxía para o acceso mutuo aos fondos documentais. En virtude do convenio é imprescindible para acceder aos fondos documentais solicitar a tarxeta de lector/ora.
Horario da biblioteca da Facultade: De 9.00 a 21.00 horas de luns a venres (De 9.00 a 14.00 horas en vacacións).
Profesión
Quenda Informes Periciais
Posibilidade de inscrición, de acordo ao correspondente regulamento, no listado de colexiados/as para ser nomeados/as polo Colexio a requirimento dos diferentes xulgados.
Privada
Posibilidade de inscrición no listado de gabinetes utilizado polo Colexio para a derivación de solicitudes de atención psicolóxica recibidas.
Outros
Publicidade e distribución de ofertas formativas ou información de interese profesional.
Seguro de asistencia sanitaria para os colexiados e colexiadas e as súas familias
O COPG acordou con MAPFRE/Caja Salud unha oferta de seguro de asistencia sanitaria para os/as colexiados/as e as súas familias nunhas condicións que melloran amplamente as que calquera persoa podería conseguir de forma particular.
Seguro colectivo de Vida/Accidentes MAPFRE
MAPFRE VIDA e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia chegaron a un acordo que permitirá aos/ás colexiados/as do mesmo a contratación dun seguro de vida en condicións favorables.
A modalidade do seguro contemplará:
- Falecemento por calquera causa (principal).
- Invalidez absoluta e permanente por calquera causa.
- Falecemento por accidente. (Capital acumulativo ao de falecemento por calquera causa e acumulativo a este se a causa é accidente).
As solicitudes tramitaranse a través do COPG.
Máis información
Adaptación á Lei Orgánica de Protección de Datos LOPD e o seu posterior mantemento e asesoramento.
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ofrece aos seus colexiados e colexiadas o servizo de adaptación á Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal 15/1999, de 13 de decembro e o Real Decreto 1720/2007, de Medidas de Seguridade, e o seu posterior mantemento e asesoramento.
Para iso o COPG ten asinado coa empresa ProtexDat un convenio co cal se ofrece aos colexiados e colexiadas uns prezos máis económicos.
Acreditacións
O Consejo General de la Psicología puxo en marcha as seguintes acreditacións:
- Acreditación Nacional de Psicólogo/a Experto/a en Neuropsicoloxía Clínica,
- Acreditación Nacional de Psicólogo/a Experto/a en Psicooncoloxía e/ou Psicoloxía en Coidados Paliativos
- Acreditación Nacional de Psicólogo/a Experto/a en Psicoloxía do Deporte
- Acreditación Nacional de Psicólogo/a Experto/a en Psicoloxía Aeronáutica
- Acreditación Nacional de Psicólogo/a Experto/a en Psicoloxía de Emerxencias.
- Acreditación Nacional de Psicólogo/a Experto/a en Psicoloxía Educativa.
- Acreditación Nacional de Psicólogo/a Experto/a en Psicoloxía da Intervención Social.
- Acreditación Nacional de Psicólogo/a Experto/a en Psicoloxía Xurídica e/ou Psicoloxía Forense.
- Acreditación Nacional de Psicólogo/a Experto/a en Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade.
A tramitación en Galicia, a efectos de presentación de solicitudes e de recollida de documentación, realízase a través do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Para solicitala é preciso presentar os formularios e a documentación acreditativa de formación e/ou experiencia específica en cada unha delas e que se recolle na seguinte páxina web: www.acreditaciones.cop.es. A súa valoración será efectuada polos Comités de Valoración do COPG correspondente a cada acreditación e a certificación será emitida polo Consejo General de la Psicología.
O procedemento de acreditación, no que se detallan os criterios e requisitos para a presentación das solicitudes, está dispoñible na seguinte páxina web: www.acreditaciones.cop.es
Psypocket
O Consejo General de la Psicología xunto Psypocket creou este software de xestión para psicólogos/as colexiados/as para que mediante videoconferencia encriptada poidan realizar consultas online.
É necesario solicitar o/a usuario/a e contrasinal ao Consejo General de la Psicología para poder acceder a app de Psypocket
Máis información
Club Psicoloxía Galicia
Aquí atoparás as mellores marcas de cada sector, con prezos únicos debido ás ofertas cashback . Ademais, tamén terás 'ofertas flash' en produtos de lecer, combustible ou electrónica e coberturas exclusivas e personalizables en materia de seguros.
Para formar parte do Club Psicoloxía Galicia, debes cumprimentar o formulario de rexistro.
HOTELIUS Club
Desconto en numerosos hoteis en España, Portugal, Italia, Francia e Marruecos para Psicólogos/as colexiados/as.
Dispoñibles ata o 15 de maio de 2023.
Máis información
ATA AUTÓNOMOS
O Consejo General de la Psicología de España asinou un convenio con ATA AUTÓNOMOS para ofrecer asesoramento xurídico, fiscal, económico e laboral gratuíto para os psicólogos e psicólogas autónomas colexiadas.
Podes ver toda a información no enlace https://www.cop.es/ATA/