Comisión Intersectorial de Psicoloxía e Deporte

Coordina a información:Eva MªGarcía Quinteiro

Membros da Comisión:
Mª Carmen González Hermo, Coordinadora
Mª Dolores González Fernández
Eva Mª García Quinteiro
Graciela Lois Río
Julio Manuel Prol Bao
Delfina Vicente Santiago
Antonio Esteban Fuertes Saavedra
María Dolores Seijo Martínez
José Antonio Barcia Tuccelli
Carolina Tinajero Vacas
Yago López Pérez

Obxectivos:

A Psicoloxía do Deporte e o exercicio físico é o estudo científico das persoas e a súa conduta no contexto do deporte e a actividade física. En liñas xerais a psicoloxía deportiva pode axudar a:

- Optimizar o rendemento deportivo mediante o adestramento de habilidades psicolóxicas implicadas na actividade física e no deporte (motivación, atención, autoconfianza...).
- Orientar e asesorar a técnicos/as e responsables do deporte base e iniciación.
- Deseñar e aplicar estratexias psicolóxicas para o mantemento e modificación da actividade física e deportiva.
- Asesorar na xestión e dirección de entidades e instalacións deportivas.
- Formar a técnicos/as, monitores/as, adestradores/as e demais persoal vencellado coa actividade física.
- Axudar a establecer un clima adecuado para a práctica deportiva...

A Psicoloxía do Deporte dirixe o seu traballo a deportistas, adestradores/oras, árbitros e xuíces deportivos, pais de deportistas, directivos/as, etc..

O seu ámbito de actuación abarca o deporte de rendemento, o deporte de base e iniciación deportiva, organización de entidades deportivas, arbitraxe e xuízo deportivo, actividade física, ejercicio e saúde, poboacións especiais, etc…

División de Psicoloxía da Actividade Física e do Deporte [accede á información] 

Contrato entre a Fundación Deporte Galego o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a prestación de servizos de psicoloxía a deportistas DGAN [accede á información]